|
Actualidade
Santiago, 24 de marzo de 2006
Ínstase a que o Goberno español
e a Autoridade Portuaria procedan de forma urxente ao pagamento das indemnizacións
O Parlamento de Galiza aproba apoiar as reclamacións dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
| |
 |
| A proposición tamén recolle que
a Comisión creada cos afectados na Consellaría de Pesca defina e poña en marcha alternativas
de futuro para os afectados (baixura, percebe, ourizo, poliquetos e algas). (Foto: Lugar de Punta Langosteira onde se produzo un accidente mortal
o 13 de febreiro de 2006 nas obras de construción do Porto Exterior de A Coruña. ©César
Quian/La
Voz de Galicia). |
| |
O pasado martes 22 de marzo aprobábase
por unanimidade dos tres grupos políticos, BNG, PSOE e PP, unha proposición non de Lei a petición
da comisión, de apoio ás reclamacións dos afectados pola construción do Porto Exterior.
Nesta proposición ínstase a que
o Goberno español e a Autoridade Portuaria procedan de forma urxente ao pagamento das correspondentes indemnizacións
e dentro do prazo que ten estabelecido legalmente a Autoridade Portuaria para o mesmo (maio 2006).
Ademais, esta proposición insta a que a
Consellaría de Pesca remita de forma urxente un informe de valoración de danos, pactado cos afectados,
á Autoridade Portuaria.
A proposición tamén recolle que
a Comisión creada cos afectados na Consellaría de Pesca defina e poña en marcha alternativas
de futuro para os afectados (baixura, percebe, ourizo, poliquetos e algas).
A comisión valora “moi satisfactoriamente
esta unanimidade do Parlamento galego que nos dá a razón nas nosas demandas e agardamos que, de forma
inmediata, tomen nota e actúen en consecuencia a Consellaría de Pesca e a Autoridade Portuaria, para
dar solución definitiva ás nosas xustas reclamacións”.
|