|
Actualidade CIG-Comunicación-
O pasado 21 de marzo, 108 persoas, das que 77 son apoderados/as, participaron nunha asemblea nacional de traballadores e traballadoras do Banco Gallego celebrada polo serán en Compostela. Nesta asemblea, o persoal tomou varios acordos de xeito case unánime, para facer fronte á política de imposición e presión emprendida pola empresa. En primeiro lugar acordouse a non asistencia a cursos ou reunións de traballo que a empresa convoque polo serán. Así mesmo, decidiuse que se o banco non cambia de política laboral haberá unha renuncia colectiva de poderes (ante notario e medios de comunicación). Por último aprobouse por unanimidade apoiar a mobilización que os sindicatos teñen previsto facer ante a Xunta de Accionistas que o banco ten convocada para o 31 de marzo en Compostela. Ao malestar e ao boicot do persoal, fronte á extensión da xornada laboral e a presión comercial, engádese a sensación de inseguridade despois do último despedimento dun afiliado da CIG. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 24/03/2006 |
||||
|