ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 7 de marzo de 2006

Por consideralo “propagandístico”
Suso Seixo non asiste ao acto de constitución das Mesas de Diálogo para un Acordo polo Emprego en Galiza

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Acto público do 5 de novembro de 2005, clic para aumentar
Transcorridos catro meses logo de que se asinara publicamente, no Hostal dos Reis Católicos, a Decleración Institucional pola que se daba comezo ao Diálogo para acadar un Acordo polo Emprego en Galiza, vólvese repetir escenario. Desta volta para presentar a constitución das Mesas de Traballo. (Foto do acto público do 5 de novembro de 2005, con Suso Seixo no centro).
 
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, non asistiu ao acto de constitución das mesas de diálogo para un Acordo polo Emprego en Galiza, que tivo lugar o luns día 6 de marzo en Compostela, porque desde a central sindical se concibe como “dunha escenificación puramente mediática” e “propagandística”.

Ao acto si asistiron o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara, e o secretario confederal de Emprego, Manuel Meira, para deixar constancia do interese da CIG de participar na Mesa de Coordinación.

Transcorridos catro meses logo de que se asinara publicamente, no Hostal dos Reis Católicos, a Decleración Institucional pola que se daba comezo ao Diálogo para acadar un Acordo polo Emprego en Galiza, vólvese repetir escenario. Desta volta para presentar a constitución das Mesas de Traballo.

Diante deste novo acto, a CIG acordou que o seu secretario xeral non estaría presente segundo explica Suso Seixo “porque non estamos de acordo coa escenificación que se pretende facer de novo coa presentación da constitución das mesas de traballo”.

O secretario xeral da CIG explica que “entendemos que é repetir un acto que xa se fixo hai catro meses, cando se fixo a presentación, tamén no Hostal dos Reis Católicos, da declaración institucional para iniciar as conversas para un acordo polo emprego en Galiza e a estas alturas o que cumpría era pór a funcionar dunha vez esas mesas de traballo e non volver facer un acto que é puramente mediático e propagandístico, neste caso do presidente da Xunta”.

Seixo lamenta ademais que o único que se chegou a facer nestes actro meses foi acordar o título das mesas e as materias a tratar en cada unha delas. Por iso entende que non se tratra dun motivo de celebración e reclama que se incie o traballo dunha vez.

Os únicos que asistiron foron os secretarios de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, Antolín Alcántara, e de Emprego, Manuel Meira, “porque si queremos estar na mesa de coordenación que era a que se ía constituír hoxe”, sinala Suso Seixo.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta