ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 24 de marzo de 2006

A empresa coñecida comercialmente como “Call Center” é un Centro Especial de Emprego do Grupo Empresarial Netaccede
Traballador despedido por pegar carteis da CIG

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Callcenter COGAMI, clic para aumentar
Esta empresa coñecida comercialmente como “Call Center” é un Centro Especial de Emprego. Pertence ao Grupo Empresarial Netaccede, do empresario Marcelino Otero López, que ten sede en Vigo. Participan tamén no Call Center e teñen presenza no Consello de Administración COGAMI e Caixanova.
 
Dende a CIG Banca denuncian que un traballador da empresa Centro de Atención de Llamadas S.A. foi despedido en Ourense despois de pegar no taboleiro de anuncios da empresa un cartel da CIG convocando unha Asemblea.

Esta empresa coñecida comercialmente como “Call Center” é un Centro Especial de Emprego. Pertence ao Grupo Empresarial Netaccede, do empresario Marcelino Otero López, que ten sede en Vigo. Participan tamén no Call Center e teñen presenza no Consello de Administración COGAMI e Caixanova.

Na carta recibida por este traballador, que presenta unha discapacidade, indícase que o motivo do despedimento é unha “baixada voluntaria do rendemento”, aínda que na mesma carta a empresa recoñece a improcedencia do despido e ofrece a correspondente indemnización.

A versión da Federación de Banca da CIG é outra, e denuncian que se trata dun despido que vulnera a liberdade sindical. Hai unha causa/efecto clara: un traballador da empresa pega un cartel convocando unha Asemblea de traballadores/as para analizar a situación laboral na empresa e ese traballador foi despedido.

Para a Central nacionalista a empresa só quería que non tivera lugar a Asemblea para evitar que se chegase a coñecer a precaria situación laboral que padece o persoal. Tamén para evitar que puideran ter unha representación sindical comprometida coa defensa dos seus dereitos. O sindicato anuncia inminentes mobilizacións para pedir a readmisión do despedido.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/03/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta