ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 25 de abril de 2006

A CIG celebra o Día da Clase Traballadora con manifestacións en todas as comarcas
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  1º de Maio: Galiza nación, soberanía, clic para aumentar
1º de Maio: Marco Galego de Relacións Laborais, traballo digno e de calidade, competencias, recoñecemento de Galiza como nación, soberanía.
 
A CIG ten convocadas manifestación en todas as comarcas de Galiza para conmemorar o 1º de Maio, Día da Clase Traballadora. Unha data na que se centrarán as reivindicacións na consecución do recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación. Ademais demandarase o Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias.


Vigo
A mobilización central terá lugar en Vigo a partir das 12 da mañá, con saída do cruce de Urzaiz coa Doblada. Posteriormente, ao igual que en outras comarcas, celebrarase un xantar de confraternización na Finca de San Roque, organizado polo Sindicato Labrego Galego, con produtos galegos. A partir das 17:00 horas continúa a festa cun Concerto contra a Precariedade, no que actuarán dous grupos de Vigo e un grupo de pandereteiras.

Pontevedra
Manifestación con saída ás 12:30 horas da Praza da Ferrería.

Santiago
Manifestación con saída ás 12:30 horas da Praza Roxa. Posteriormente celebrarase un xantar popular na Carballeira de San Lourenzo.

A Mariña
A manifestación está convocada para as 12:30 horas en Lourenzá, con saída da Praza Conde Santo e remate na Praza Linares Rivas. Posteriormente terá lugar un xantar popular organizado polo SLG con produtos de agricultura ecolóxica dos labregos da comarca.

  Actos 1º de Maio en Ferrol, clic para aumentar
En Ferrrol, haberá un xantar popular, con polbo e churrasco a prezos populares, e un festival de música no que actuarán Os veraneantes, Sete Raposos Mortos, Servando e Contradança, e Skarnio.
Camisetas para ir de concerto, clic para aumentar
Camisetas para o concerto.
 
Ferrol
Manifestación con saída, ás 12:00 horas, dos locais do sindicato na Avenida de Esteiro, e con remate nos Cantóns. Logo haberá un xantar popular, con polbo e churrasco a prezos populares, e un festival de música no que actuarán Os veraneantes (de 15:30 a 16:30), Sete Raposos Mortos (de 16:30 a 17:30), Servando e Contradança (de 17:30 a 18:30) e Skarnio (de 18:30 a 19:30). Tamén haberá actividades para as crianzas pola tarde a cargo de Servando.

A Coruña
Manifestación ás 12:00 horas con saída da Praza de Vigo.

Lugo
Manifestación ás 12:30 horas con saída de diante do edificio sindical. Posteriormente terá lugar un xantar popular nunha carpa instalada ao carón do río, xunto ao edificio feiral.

Ourense
Manifestación ás 12:00 horas con saída do Pavillón dos Remedios e remate diante da Subdelegación do Goberno. Logo haberá un xantar de confraternidade na Alameda do Concello.

 
 
Informacións relacionadas
22/04/2006 Exixirá nas rúas o recoñecemento de Galiza como nación e o dereito de autodeterminación
A CIG reivindicará o 1º de Maio un Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias
20/04/2006 O 1º de Maio concerto de balde de Mortos en Vida, Freetanga e Extremidadex Pelijrosas, ás 18:30 na finca de San Roque de Vigo
A mocidade da CIG centra as reivindicacións do Día da Clase Traballadora na loita contra a precariedade
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/04/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta