ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 7 de abril de 2006

CIG-Banca reclama envíos de correos solidarios
Concentración ante o SMAC polo despido do Callcenter

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración SMAC Ourense, clic para aumentar
O acto de conciliación resultou sen avinza, xa que a Dirección da empresa persiste na súa intención de despedir ao traballador. (Foto: ©galizacig.com 06/04/2006)
 
Coincidindo co intento de conciliación no SMAC, que resultou sen avinza, tivo lugar un novo reparto de propaganda denunciando o despido dun traballador discapacitado do Callcenter de Ourense por pegar un cartel da CIG.

Un grupo de delegados e delegadas sindicais da Federación de Banca repartiron ante o SMAC, no centro da cidade de Ourense, medio milleiro de oitavelas denunciando o despedimento antisindical na empresa Centro de Atención de Llamadas, S.A.

O acto de conciliación resultou sen avinza, xa que a Dirección da empresa persiste na súa intención de despedir ao traballador.

Pendentes da confirmación da data do xuízo, desde a CIG solicitan, como seguinte paso na campaña para conseguir a readmisión do compañeiro, de todos os traballadores e traballadoras, en xeral e dos Bancos, Caixas de Aforros e Telemárketing, o envío de correos electrónicos á empresa solicitando a readmisión.

Os correos solidarios solicitando a readmisión do traballador despedido poden ser enviados aos seguintes correos electrónicos:

info@netaccede.com
callcenter@call.es

 
 
Informacións relacionadas
06/04/2006 Concentración no Parque Tecnolóxico para solicitar a readmisión do traballador despedido por pegar carteis da CIG
Iniciadas as mobilizacións no Callcenter de Ourense
04/04/2006 A Dirección da Empresa trata de impedir que os traballadores e traballadoras podan ter unha representación sindical
Despedimento antisindical no Centro de Atención de Chamadas, S.A., Callcenter
24/03/2006 A empresa coñecida comercialmente como “Call Center” é un Centro Especial de Emprego do Grupo Empresarial Netaccede
Traballador despedido por pegar carteis da CIG
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/04/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta