ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 4 de abril de 2006

A Dirección da Empresa trata de impedir que os traballadores e traballadoras podan ter unha representación sindical
Despedimento antisindical no Centro de Atención de Chamadas, S.A., Callcenter
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Callcenter-Grupo Cogami, clic para aumentar
Callcenter na propia carta de despedimento recoñece a improcedencia do mesmo poñendo a indemnización a disposición do traballador afectado, pero nin el nin a CIG aceptan e loitarán con todos os medios posíbeis até conseguir a readmisión.
 
O pasado mércores 8 e marzo era despedido un traballador do “Centro de Atención de Llamadas, S.A.”, Callcenter, logo de pegar no taboleiro de anuncios da empresa un cartel da CIG convocando unha Asemblea de Traballadores/as.

A Asemblea tiña como punto da orde do día “situación laboral da empresa” e tratábase dun primeiro paso, por parte da CIG, antes de promover eleccións sindicais.

Aínda que desgraciadamente os despedimentos no “Centro de Atención de Llamadas, S.A.” son algo habitual, este en concreto parece que só tiña como obxectivo impedir que os traballadores e traballadoras puideran expresarse libremente e deran a coñecer a precaria situación laboral que padecen na empresa.

Segundo denuncian representantes do sindicato nacionalista, “con este despedimento a Dirección da Empresa trata de impedir que os traballadores e traballadoras podan ter unha representación sindical e amedrentalos para que renuncien a defender os seus dereitos e a súa dignidade”.

A empresa na propia carta de despedimento recoñece a improcedencia do mesmo poñendo a indemnización a disposición do traballador afectado, pero nin el nin a CIG aceptan e loitarán con todos os medios posíbeis até conseguir a readmisión.

 
 
Informacións relacionadas
24/03/2006 A empresa coñecida comercialmente como “Call Center” é un Centro Especial de Emprego do Grupo Empresarial Netaccede
Traballador despedido por pegar carteis da CIG
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/04/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta