|
Actualidade / Artigo A seguridade esta de moda? Ernesto López Rei-
Cando o terrorismo machista abre as primeiras dos telediarios evidentemente alguén ten que parecer que fai algo para tentar evitar que isto sexa un cemiterio de mulleres asasinadas e sacan a lei de violencia contra as mulleres e campañas de sensibilización social, do mesmo xeito se actúa coa sangría que supón as mortes derivadas do tráfico, é dicir, reforman a lei e sacan o carné por puntos e campañas de sensibilización social, pero curiosamente non se ten esa percepción dos accidentes de traballo, é dicir, parece que os accidentes de traballo se producen por mala sorte e que son inevitábeis, cando todo o mundo sabe que iso é falso, os accidentes de traballo teñen responsábeis e son perfectamente evitábeis. A pregunta noutro tipo de violencias é clara: cando morre unha muller sempre existe un autor material dos feitos e se detén por asasinato, cando hai un accidente sempre existe alguén que non respectou algunha norma e provocou un accidente pero cando se produce un accidente laboral parece que foi a vontade divina a que fixo inevitábel un feito desta característica, cando existen exactamente igual que nos outros casos culpábeis, quen son eses culpábeis? Pois se encarga a Lei de Prevención de Riscos Laborais de dicilo, será o empresario o encargado de proporcionar unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo, polo tanto por que non se castiga aos responsábeis dos accidentes de traballo? É que se ten que poñer de moda algo para que un político tome cartas no asunto? Que non teñamos que seguir lamentando mortes no traballo, pero que no caso de producirse que os responsábeis teñan o seu merecido castigo. |
||||
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/04/2006 |
||||
|