|
Actualidade CIG-Comunicación-
Dende as 13:00 ata as 14:30 horas, coincidindo co cambio de quendas nas empresas instaladas no Parque Tecnolóxico de Ourense, nomeadamente do Callcenter, un piquete informativo da CIG-Banca deu a coñecer aos traballadores e traballadoras o comportamento antisindical e a explotación laboral existente neste Centro Especial de Emprego. Con esta concentración iníciase un proceso de mobilizacións para reivindicar a readmisión do traballador despedido por pegar no taboleiro de anuncios da empresa un cartel da CIG convocando unha Asemblea para tratar a situación laboral. Na única reunión mantida coa directora de Persoal do Callcenter, a propia empresa recoñeceu a situación precaria en que desenvolven a súa actividade os discapacitados: o local carece de calefacción e aire acondicionado, traballan con temperaturas extremas no inverno e no verán dado que o edificio carece do illamento necesario, reciben baixos salarios por baixo do que cobraban anteriormente, o acordo laboral que rexe o centro non foi actualizado pero a Dirección implantou unilateralmente un réxime disciplinario de obrigado cumprimento, etc. Tamén recoñeceu que a empresa benefíciase de cuantiosas subvencións por ser un Centro Especial de Emprego e que non quere perder esta consideración. Na propia reunión a directora de Persoal non tivo reparos en recoñecer que outra empresa do Grupo Netaccede pertencente ao empresario vigués Marcelino Otero factura mensualmente por traballos realizados para o Centro Especial de Emprego. Para a CIG-Banca a situación da empresa e claramente irregular e ratifícase na súa solicitude de readmisión do compañeiro despedido anunciando novas mobilizacións en Ourense e Vigo. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/04/2006 |
||||
|