ActualidadeVolver a Actualidade


Ourense, 28 de abril de 2006

Nova mobilización polo despido do Callcenter
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración despido Callcenter Ourense, clic para aumentar
Concentración despido Callcenter Ourense, clic para aumentar
A mediodía do xoves 26 comezaba o acto de protesta coincidindo co cambio de quendas nas empresas do Parque Tecnolóxico. Mentres un grupo de delegados/as permanecía concentrado outro grupo repartía a todo o persoal das empresas instaladas no citado parque un comunicado solicitando envíos de correos solidarios. (Fotos: ©galizacig.com 26/04/2006)
 
Unha vez máis as portas do Parque Tecnolóxico de Ourense foron o escenario dunha mobilización reclamando a readmisión do traballador discapacitado despedido do Callcenter por pegar un cartel da CIG. O xuízo está previsto para o día 16 de maio.

Desta volta o tempo acompañou aos delegados e delegadas da CIG-Banca que se concentraron novamente para solicitar a readmisión do traballador deste Centro Especial de Emprego despedido o pasado mes de marzo.

A mediodía do xoves 26 comezaba o acto de protesta coincidindo co cambio de quendas nas empresas do Parque Tecnolóxico. Mentres un grupo de delegados/as permanecía concentrado outro grupo repartía a todo o persoal das empresas instaladas no citado parque un comunicado solicitando envíos de correos solidarios.

Xa pola maña as rúas cercanas a sede central do Grupo Marcelino Otero na rúa Colon de Vigo, ameceron cubertas de carteis denunciando o despido antisindical do traballador.

Antes do xuízo que esta previsto para o vindeiro día 16 de maio a CIG ten en marcha un novo calendario de mobilizacións e a seguinte concentración podería ter lugar na cidade olívica.

Dende a CIG-Banca lembrar que poden ser remitidos correos solicitando a readmisión do despedido aos seguintes enderezos:

info@netaccede.com
call@call.es

 
 
Informacións relacionadas
07/04/2006 CIG-Banca reclama envíos de correos solidarios
Concentración ante o SMAC polo despido do Callcenter
06/04/2006 Concentración no Parque Tecnolóxico para solicitar a readmisión do traballador despedido por pegar carteis da CIG
Iniciadas as mobilizacións no Callcenter de Ourense
04/04/2006 A Dirección da Empresa trata de impedir que os traballadores e traballadoras podan ter unha representación sindical
Despedimento antisindical no Centro de Atención de Chamadas, S.A., Callcenter
24/03/2006 A empresa coñecida comercialmente como “Call Center” é un Centro Especial de Emprego do Grupo Empresarial Netaccede
Traballador despedido por pegar carteis da CIG
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/04/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta