|
Actualidade CIG-Comunicación-
Esta concentración foi convocada para denunciar a excesiva presión comercial, a habitual extensión da xornada laboral polo serán e a falta de negociación das condicións laborais.
As persoas concentradas fixeron chegar o malestar do cadro de persoal ao Consello de Administración e accionistas en xeral, que tiveron que escoitar berros denunciando a política laboral da entidade. Os máis coreados foron: “O noso sacrificio é o voso beneficio” ou “Negociación e non imposición”.
O xoves 30 de marzo, día anterior á esta concentración, estaba prevista unha reunión entre a Dirección de Persoal e os sindicatos, pero só acudiron CIG e UGT, non presentándose nin a empresa nin o outro sindicato, CCOO. Nesta xuntanza a CIG tiña previsto entregar unha táboa reivindicativa para facela chegar ao director xeral. Segundo relataron traballadores e traballadoras do Banco, de xeito sorprendente, a mesma mañá da concentración tiveron coñecemento dunha circular publicada pola empresa dando conta dun acordo entre esta e CCOO e, “nun acto de cinismo, explicaron que non fora posible que o resto das centrais sindicais se sumasen ao mesmo”. Deste xeito o sindicato asinante descolgábase da mobilización aprobada pola Asemblea de traballadores e traballadoras.
Ante esta situación e malia non estar previsto, a Sección Sindical da CIG decidiu intervir na Xunta Xeral de Accionistas, por medio de Xosé Valcárcel Sánchez, portavoz da Sección Sindical. Xosé Valcárcel Comezou a súa intervención felicitando ao Consello de Administración e especialmente ao persoal do banco polos excelentes resultados do exercicio correspondente ao ano 2005 para, acto seguido, denunciar o comportamento inxustificado da Dirección de Recursos Humanos que, “pese a estar prevista unha xuntanza co director xeral do Banco para os próximos días na que se tratarían os problemas laborais que afectan ao persoal, chegou a un acordo cunha parte da representación sindical con nocturnidade e aleivosía, para tratar de evitar a mobilización”.
Dado que a CIG non tivo oportunidade de facer entrega das súas reivindicacións á empresa o día anterior, Valcárcel pasou a ler un documento que recolle as negociacións pendentes dos últimos anos, que se poden resumir en cinco grandes bloques:
Despois desta mobilización a pelota está, segundo sinalan os representantes dos sindicatos convocantes, no tellado da empresa, e dende a Sección Sindical da CIG agardan que se produza a reunión pendente co director xeral para desbloquear un conflito que non dan por rematado. |
|||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/04/2006 |
|||||||||||||||||
|