ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 4 de maio de 2006

Malia os intentos de acordo non se achegan posturas coa patronal
Éxito rotundo na primeira xornada de folga do Metal da provincia de Pontevedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga Metal en Vigo, clic para aumentar
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar
A manifestación celebrada en Vigo contou cunha importante participanción, entre 8.000 e 9.000 traballadores/as. (Fotos: ©galizacig.com 03/05/2006).
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar
A primeira xornada de folga do Metal da provincia de Pontevedra foi cualificada como un éxito rutundo por parte da CIG. En Vigo o paro acadou o 100% de seguimento, mentres que en Pontevedra superou o 95% podéndose falar de paro total na provincia, agás pequenas empresas nas vilas máis pequenas. A manifestación celebrada en Vigo tamén contou cunha importante participanción, entre 8.000 e 9.000 traballadores/as.

Manolo Simón, secretario comarcal do Metal en Vigo, explica que a partir das 8:00 horas os traballadores comezaron a saír en piquetes das diferentes empresas (Barreras, Vulcano...) para concentrarse contra as 11:00 horas diante do Concello de Vigo. De aí partiron en manifestación polas rúas da cidade, aínda que se agarda retrasar a hora de saída de mañá porque moitos dos piquetes procedentes das empresas dos polígonos industriais non puiderorn chegar a tempo para sumarse á marcha.

O secretario comarcal do Metal de Vigo sinala tamén que a xornada transcorreu con normalidade, agás “pequenos incidentes provocados pola quentura da situación”.

A última hora da tarde de onte celebrouse unha xuntanza para intentar achegar posicións entre patronal e representantes dos traballadores. Xuntanza que rematou sen acordo pola posición inmobilista da patronal.

 
 A xornada de folga do 3 de maio
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar A partir das 8:00 horas os traballadores comezaron a saír en piquetes das diferentes empresas (Barreras, Vulcano...).
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar  
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar  
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar  
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar  
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar  
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar Para concentrarse contra as 11:00 horas diante do Concello de Vigo.
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar  
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar  
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar  
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar De aí partiron en manifestación polas rúas da cidade. (Fotos: ©galizacig.com 03/05/2006).
 
 
 
Informacións relacionadas
03/05/2006 Afecta a 2.800 empresas e 20.000 traballadores/as desde as 0:00 horas do mércores 3 de maio
Comeza a folga indefinida no Metal de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/05/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta