ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 4 de maio de 2006

Actos reivindicativos e xantares populares no
Primeiro de Maio

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


   Vigo
Manifestación 1º de Maio en Vigo, clic para aumentar
As manifestacións da CIG centraron as súas reivindicacióins no recoñecemento de Galiza como nación, o dereito de autodeterminación e a necesidade dun Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias.
Manifestación 1º de Maio en Vigo, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Vigo, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Vigo, clic para aumentar
Xerardo Abraldes fixo un chamamento á nova Administración galega para que desde a “Xunta comece a dar pasos en firme ademais de ter ‘talante’ e que mude as políticas” que se están a aplicar. (Fotos: ©Fernando Pol 01/05/2006).
Manifestación 1º de Maio en Vigo, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Vigo, clic para aumentar
As 18:30 comezou o ‘Concerto contra a Precariedade’ con grupos da comarca como Mortos en Vida, Freetanga e Extremidadex Pelijrosas, ademais dun grupo de pandereiteiras. (Fotos: ©galizacig.com 01/05/2006).
 
 A Coruña
Manifestación 1º de Maio en A Coruña, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en A Coruña, clic para aumentar, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en A Coruña, clic para aumentar, clic para aumentar
En A Coruña 2.000 persoas reclamaron postos de traballo dignos e de calidade. Paulo Carril lembrou que para iso se teñen iniciado as negociacións para un acordo galego polo emprego. Acordo do que asegurou que “agardamos axiña dea froitos porque esta realidade nos apremia”. (Fotos: ©Xurxo Martínez Crespo 01/05/2006).
 
 Ourense
Manifestación 1º de Maio en Ourense, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Ourense, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Ourense, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Ourense, clic para aumentar
Etelvino Blanco denunciou a situación no téxtil “onde os empresarios miden o seu patriotismo por euros e deixan sen traballo a centos de traballadoras/es para fabricar en China e despois vender aquí, como acontece coas traballadoras da empresa Ixitlan”. (Fotos: ©galizacig.com 01/05/2006).
 
 Xuício contra Carlos Vázquez
Xuício a Carlos Vázquez, clic para aumentar
Xuício a Carlos Vázquez, clic para aumentar
Blanco fixo especial fincapé no xuízo que vén de celebrarse contra Carlos Vázquez, secretario de Organización da CIG de Ourense e membro da súa Executiva, que foi xulgado por participar nun piquete na Folga Xeral do 20 de xuño de 2002 e ao que a Fiscalía pide 3 anos de prisión. (Fotos: ©galizacig.com 05/04/2006).
 
 Ferrol
Manifestación 1º de Maio en Ferrol, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Ferrol, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Ferrol, clic para aumentar
Xesús López Pintos explicou as razóns polas que en Ferrol non se atendeu á insistente chamada de convocatoria conxunta realizada por UGT: “está moi claro que o noso proxecto sindical está moi lonxe de CCOO e UGT. O noso é un proxecto sindical, de loita obreira, reivindicativo, negociador pero non pactista”. (Fotos: ©galizacig.com 01/05/2006).
 
 Compostela
Manifestación 1º de Maio en Compostela, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Compostela, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Compostela, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Compostela, clic para aumentar
En Compostela, Anxo Noceda apostou pola construción dunha Galiza soberana “na que dereitos como o de autodeterminación non sexan estigmatizados e sexan asumidos coa normalidade que significa darlle voz ao pobo galego”.
Manifestación 1º de Maio en Compostela, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Compostela, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Compostela, clic para aumentar
O acto reivindicativo deu paso a un xantar popular na Carballeira de San Lourenzo acompañado coa música das gaitas. (Fotos: ©galizacig.com 01/05/2006).
 
 A Mariña
Manifestación 1º de Maio en A Mariña, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en A Mariña, clic para aumentar
A Comarca de A Mariña convocou a manifestación do Primeiro de Maio por vez primeira en Lourenzá. A marcha saía ás 12:30 da Praza Conde Santo sorprendendo aos veciños polo inusual da convocatoria.
Manifestación 1º de Maio en A Mariña, clic para aumentar
Ao remate, o Sindicato Labrego Galego ofrecía un xantar con produtos de agricultura ecolóxica dos labregos da comarca dando un carácter tamén reivindicativo á parte máis lúdica da xornada. (Fotos: ©galizacig.com 01/05/2006).
 
 Lugo
Manifestación 1º de Maio en Lugo, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Lugo, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Lugo, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Lugo, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Lugo, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Lugo, clic para aumentar
En Lugo, Xosé Ferreiro manifestou a oposición da CIG á reforma laboral que se vai impor porque “representa un paso máis cara o despedimento gratuíto, fin último que o capital quere acadar e que CCOO e UGT están dispostos a permitir”.
Manifestación 1º de Maio en Lugo, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Lugo, clic para aumentar
Para rematar, xantar na beira do río Miño e actuación do mago David. (Fotos: ©Xosé Valcárcel 01/05/2006).
 
 Pontevedra
Manifestación 1º de Maio en Pontevedra, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Pontevedra, clic para aumentar
Manifestación 1º de Maio en Pontevedra, clic para aumentar
En Pontevedra, a manifestación da CIG saiu da Praza da Ferrería e como ocorreu na maioría das convocatorias do país duplicou en asistencia ás mobilizacións conxuntas de CCOO e UGT. (Fotos: ©galizacig.com 01/05/2006).
 
Vídeo CIG
Día do Internacionalismo Proletario
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 11'41'', espazo en disco: 30.086.872 bytes [28,6 Mb]). Realización: César Caramés.
 
Un ano máis a CIG celebrou polas rúas galegas o Primeiro de Maio con actos reivindicativos en todas as cidades, en Lourenzá, Boiro e Vilagarcía. As manifestacións matutinas deron paso a celebracións cun carácter máis lúdico: xantares e concertos en Vigo, Lugo, A Mariña, Santiago e Ferrol.

As diferentes manifestacións que percorreron as rúas das cidades e vilas galegas convocadas pola CIG centraron as súas reivindicacióins en dúas demandas xa históricas para a central sindical: por unha banda, no recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación; pola outra, na demanda dun Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias, para abordar o grave problema do emprego e da precariedade.

Con estas demandas como marco dos actos, comezaron a saír as diferentes marchas a partir das 12:00 horas en varias cidades, entre elas Vigo, onde tivo lugar a manifestación máis numerosa de todas as convocadas en Galiza, cuns 8.000 asistentes.

Ao remate, xunto co secretario xeral da CIG, Suso Seixo, interviu Xerardo Abraldes, secretario comarcal de Vigo, quen alén de facer referencia aos temas nos que a CIG centraba as súas mobilizacións, denunciou tamén a situación de precariedade e desemprego que padece a comarca e fixo especial fincapé na problemática derivada da escasa dotación de medios materiais e humanos da Inspección de Traballo, precisamente na zona máis industrializada de Galiza.

Abraldes tamén fixo un chamamento á nova Administración galega para que desde a “Xunta comece a dar pasos en firme ademais de ter ‘talante’ e que mude as políticas” que se están a aplicar.

O secretario comarcal da CIG de Vigo denunciou tamén o diferente trato que dá a xustiza a traballadoras e traballadores e a empresarios, lembrando que un xuíz de Vigo vén de multar con 100 euros a cada un dun grupo de traballadores da construción que se trabucaron ao denunciar a unha empresa para a que traballaban.

Como non podía ser menos, Abraldes tamén se referiu á situación da negociación colectiva na comarca e aos conflitos que esta ten xerado, nomeadamente no sector da conserva, Povisa, Gestamp e, loxicamente, a anunciada folga do metal, que podería estar a piques de comezar.

A reivindicación deu paso á festa, cun xantar na Finca de San Roque organizado polo Sindicato Labrego Galego con produtos do país. Tras do xantar continuou a foliada e, contra as 18:30 horas comezou o ‘Concerto contra a Precariedade’ con grupos da comarca como Mortos en Vida, Freetanga e Extremidadex Pelijrosas, ademais dun grupo de pandereiteiras.


Demándase un plano industrial de futuro para A Coruña

Á mesma hora, 12 do mediodía, saía da Praza de Vigo, en A Coruña, a manifestación. Unha convocatoria na que participaron preto de 2.000 persoas. Tras percorrer as rúas da cidade, o secretario comarcal da CIG en A Coruña, Paulo Carril, pechou o acto cunha intervención na que fixo unha minuciosa análise da situación sociolaboral en Galiza, incidindo especialmente no progresivo deterioro da calidade de vida que padece a clase traballadora.

Tras desta reflexión, Carril denunciou a suituación na que se atopa a propia comarca: sen tren de cercanías e sen inicio de obras básicas na rede viaria comarcal, como a 3º ronda; sen futuro industrial; sen unha ría do Burgo recuperada e rexenerada que poda xerar máis postos de traballo “nesta rica ría empobrecida pola contaminación”; sen solución ás xustas reclamacións dos afectados pola obras do Porto Exterior; sen que o goberno español e a SEPI teñan definido un plano de futuro real para a Fábrica de Armas; sen o dereito a alternativas, ben sexa de recolocación ou prexubilación para os centos de traballadores da industria auxiliar da mina de lignitos de Meirama; sen que os traballadores do Concello de A Coruña teñan unha catalogación xusta dos postos de traballo que remate coas discriminacións salariais, e coa política caciquil que tanto se obstina en manter o novo alcalde; e sen o procesamento xudicial dos empresarios causantes dos accidentes mortais de Punta Langosteira.

Carril demandou tamén postos de traballo dignos e de calidade e lembrou que para iso se teñen iniciado as negociacións para un acordo galego polo emprego. Acordo do que asegurou que “agardamos axiña dea froitos, porque esta realidade nos apremia, está inxustificado máis retraso do vivido para a posta en marcha destas negociacións”.

A este respecto Carril engadiu que “esas negociacións só serán válidas se dan como resultado medidas concretas, se define actuacións reais e, dalgunha forma materializábeis nos próxmos orzamentos galegos”. Do contrario, advertiu que “se non é así, se demostrará a verdade das declaracións feitas polo presidente da Xunta e constatará que se pretende máis propaganda que acadar solucións reais”.


A CIG de Ourense reclama un trato preferente para a industrialización da provincia

A manifestación convocada pola CIG en Ourense partía do pavillón dos Remedios as 12 do mediodía e tras percorrer as rúas da cidade remataba diante da Subdelegación do Goberno. Tras do acto reivindicativo continuaba a festa nun xantar de confraternidade na propia Alameda do Concello.

Etelvino Blanco, secretario comarcal, reclamaba na súa intervención “un trato de preferente industrialización para esta provincia sometida a unha continua marxinación que provoca que teñamos a taxa de ocupación máis baixa e a taxa de paro máis alta de Galiza e onde só o 42% das persoas en idade de traballar están en activo”.

A esta demanda seguía a exixencia de solucións para os traballadores e traballadoras de Valeo, “aos que o Goberno da Xunta anterior deixou sen emprego aprobando un expediente por causas económicas inexistentes e coa complicidade de UGT, ao tratarse dunha deslocalización na busca de máis beneficios”.

Etelvino Blanco denunciaba ademais que esta situación tamén se está a padecer no sector téxtil “onde os empresarios miden o seu patriotismo por euros e deixan sen traballo a centos de traballadoras e traballadores para fabricar en China e despois vender aquí, como acontece coas traballadoras da empresa Ixitlan”, que precisamente estaban na manifestación e para as que houbo palabras de solidariedade.

O secretario comarcal ourensán denunciaba ademais que os dous primeiros anos do PSOE no goberno central “demostran que executa a mesma política económica neoliberal que outros gobernos anteriores do PP e que non supuxo avances en materia laboral para os traballadores e traballadoras”.

Xuízo contra Carlos Vázquez

Alén de facer referencia aos temas que centraban as reivindicacións nacionais da CIG, Blanco fixo especial fincapé no xuízo que vén de celebrarse contra Carlos Vázquez, secretario de Organización da CIG de Ourense e membro da súa Executiva, que foi xulgado por participar nun piquete na Folga Xeral do 20 de xuño de 2002 e ao que a Fiscalía pide 3 anos de prisión.

Blanco denunciou que este xuízo representa un ataque máis contra o dereito de folga que está a sufrir a CIG e subliñou que “ademais do sarcasmo que resulta acusar ao compañeiro dun delicto contra os dereitos dos traballadores e traballadoras, denunciamos unha vez máis a persecución que se exerce contra os sindicalistas e a diferente balanza que se utiliza cando os empresarios cometen delictos contra os dereitos dos traballadores e traballadoras, vulnerando normas laborais e democráticas e contra os que nunca actúa a Fiscalía, ou como é no caso de Ferlosa, onde por denuncia da CIG condenan aos empresarios coa ridícula oena de dous meses, logo de ser feitos probados que despediron, en catro procesos electorais aos candidatos da CIG aos que despois tiveron que readmitir”.


Adiántase en Ferrol a oposición aos pactos interconfederais de CCOO e UGT coa patronal e o goberno

“Non podemos consentir que nos pactos interconfederais en Madrid, CCOO e UGT asinen uns incrementos salariais ridículos que provocan, na práctica, unha perda moi importante de poder adquisitivo dos salarios. Non podemos consentir que estes dous sindicatos estatais estean a pactar coa patronal en Madrid unha Reforma Laboral da que xa coñecemos que os empresarios van ter novas axudas e incentivos para facer contratos indefinidos e con baixo custo en caso de despedimento”.

Diste xeito, denunciaba Xesús López Pintos, secretario comarcal da CIG de Ferrol, os acordos acadados por CCOO, UGT, patronal e goberno que darán nunha nova reforma laboral cuxos contidos se farán públicos en breve. Un pacto acadado en secreto, que pon de manifesto o tipo de sindicalismo polo que apostan estas dúas organizacións e que provocou, entre outras cousas, que a CIG concorrera en solitario á convocatoria do Primeiro de Maio.

Así, Pintos explicaba as razóns polas que en Ferrol non se atendeu á insistente chamada de convocatoria conxunta realizada por UGT. Unha data que na que segundo o secretario comarcal da CIG de Ferrol “cada central sindical ten que presentar á clase traballadora o seu proxecto” engadindo que “está moi claro que o noso proxecto sindical está moi lonxe de CCOO e UGT. O noso é un proxecto sindical, de loita obreira, reivindicativo, negociador pero non pactista”.

Por iso, dirixíndose a estas organizacións sindicais afirmou que “a acción sindical conxunta ten que demostrarse día a día, nas fábricas e nos centros de traballo, defendendo aos traballadores e traballadoras diante da precariedade laboral, na negociación dos convenios colectivos, onde normalmente se aproban plataformas conxuntas e logo estes sindicatos españolistas asinan os convenios moi por debaixo e de costas aos traballadores”.

Pintos remataba a súa intervención facendo un chamamento a unir esforzos entre todas as federacións da CIG para enfrontarse a conflitos puntuais que se están a dar agora mesmo en varias empresas para “unir forzas para que a acción sindical conxunta sexa máis eficaz”. Alén diso, denunciou o papel do capital contra a clase traballadora e manifestou a solidariedade da CIG coa clase traballadora internacional, nomeadamente con aquela dos países máis pobres e menos desenvolvidos, que está sendo utilizada polo capital para incrementar os seus beneficios, sen respectar os seus dereitos laborais.

Tras desta intervención, os asistentes á manifestación, que percorrera as rúas da cidade desde as 12:00 horas, participaron nun xantar popular con polbo e churrasco. Tras do xantar a festa continuou cun festival de música no que actuaron Os Veraneantes, Sete Raposos Mortos, Servando e Contradança, e Skarnio. Os rapaces tamén tiveron a súa propia festa, durante a tarde, con actividades que correron a cargo de Servando.


A CIG de Compostela lembra que coa mobilización a clase traballadora pode tirar unha reforma laboral, como vén de ocorrer en Francia

Ás 12:30 horas saía da Praza Roxa compostelá a manifestación convocada pola CIG de Compostela. Tras deste acto reivindicativo, no que se manifestou a solidariedade cos pobos que loitan por ver recoñecida a súa soberanía e coa clase traballadora internacional, o secretario comarcal compostelán, Anxo Noceda fixo especial mención da loita que vén de protagonizar a clase traballadora francesa “que nos demostrou que coa loita e a mobilización foron quen de pór en xaque unha Constitución Europea imperialista e neoliberal así como tirar por terra unha regresiva reforma laboral”.

Alén diso, Noceda amosou a súa esparanza por ver rematada a “intolerancia, o caciquismo, a emigración, a destrución dos nosos sectores produtivos e o remate dos salarios e pensións miserentos”, tras do fin da etapa Fraga á fronte da Xunta de Galiza.

O secretario comarcal de Compostela tamén apostou pola construción dunha Galiza soberana “na que dereitos como o de autodeterminación non sexan estigmatizados e sexan asumidos coa normalidade que significa darlle voz ao pobo galego” e abogou polo recoñecemento do Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias para enfrontar os graves problemas que padece a clase traballadora no noso país.

Tampouco non esqueceu lembrar os conflitos que se teñen producido no decurso deste ano na comarca. Conflitos protagonizados pola CIG a través dos que se pretendeu superar a precariedade laboral e dignificar as condicións de traballo.

Dese xeito salientou a loita por un convenio digno no Concello de Muros, en Panrico e na CRTVG ou as loitas pola dignificación e a estabilidade no emprego en Maconsi, Alcampo, Froiz, Correos e nas contratas de mantemento da Xunta e do Hospital Clínico. Pero un dos que máis destacou foi o conflito de Calvo, onde do que se trata é de loitar “contra a deslocalización especulatva das empresas”.

Loitas todas elas nas que, segundo Noceda “se puxeron de manifesto cales son os intereses dunha patronal que segue ao servizo das grandes multinacionais e dunhas políticas neoliberais que seguen a teimar na precariedade e temporalidade laboral, nos baixos salarios, na sinsitralidade como medios para acumular cada vez maior riqueza en cada vez menos mans”.

O acto reivindicativo deu paso a un xantar popular na Carballeira de San Lourenzo acompañado coa música das gaitas, que rematou cun improvisado partido de futbol no que os asistentes demostraron as súas destrezas co balón.


“Temos que estar preparados e unidos para facer fronte a esta reforma laboral que se aveciña”, afirma Xorxe Caldeiro, secretario comarcal de A Mariña

A Comarca de A Mariña convocaba a manifestación do Primeiro de Maio, nesta ocasión e por vez primeira, en Lourenzá. A marcha saía ás 12:30 horas da Praza Conde Santo e tras sorprender aos veciños polo inusual da convocatoria, remataba na Praza de Liñares Rivas. Ao remate, o Sindicato Labrego Galego ofrecía un xantar con produtos de agricultura ecolóxica dos labregos da comarca dando un carácter tamén reivindicativo á parte máis lúdica da xornada.

Na súa intervención de clausura, o secretario comarcal de A Mariña, Xorxe Caldeiro, centraba a súa intervención, sobre todo, no perigo da reforma laboral que se coñecerá nos próximos días, pactada polos sindicatos españois cunha patronal encantada coas medidas que esta recolle.

Así Caldeiro lembraba o recente anuncio de algún dos aspectos que inclúe esta reforma, segundo o que “na liña de acabar cos empregos temporais ían converter en fixos a aqueles traballadores e traballadoras que levaran máis de dous anos con contratos nunha mesma empresa”.

Caldeiro matizou que en realidade o que supón este acordo de novidoso “é xeneralizar os despedimentos cunha indemnización de 33 días”. Por iso, afirmou, “non podemos ir da man, nin sequera o Primeiro de Maio, daqueles que se dedican a asinar en Madrid pactos de contratación salarial e reformas que van en contra dos intereses dos traballadores e traballadoras”.

Alén diso, advertiu de que se prevé rebaixar as cotas de cotización dos empresarios á Seguridade Social o que en breve levará a novos anuncios como que “a caixa non dá para manter o sistema de pensións, de que hai que acudir ás empresas privadas... é dicir, máis do mesmo”.

Caldeiro tamén se referiu ás demandas que levaba o sindicato neste Primeiro de Maio e, en nome da Exeutiva Comarcal rematou amosando a súa solidareidade cos compañeiros de Madeiras e Parquets Lorenzo, de Mondoñedo, que logo de case 40 anos traballando nesa empresa van quedar na rúa polo peche cunha indemnización mísera logo de levar catro meses se cobrar.


“Non podemos resignarnos a estar sempre na peor posición e, por riba, que nos digan que somos un país subvencionado”, afirma Xosé Ferreiro en Lugo

A manifestación de Lugo saía as 12:30 horas de diante do Edificio Sindical e continuaba a xornada reivindicativa cun xantar popular nunha carpa instalada a carón do río, xunto ao edificio feiral. Xosé Ferreiro, secretario comarcal de Lugo, insistía, na súa intervención ao remate da marcha, na gravidade da situación da clase traballadora galega, polos altos índices de precariedade, de desemprego, de emigración, os baixos salarios e as “ridículas” pensións e aproveitaba esta análise para facer un chamamento á reacción dos traballadores e traballadoras lucenses.

Tamén no seu discurso manifestaba a oposición da CIG á reforma laboral que se vai impor porque “representa un paso máis cara o despedimento gratuíto, fin último que o capital quere acadar e que CCOO e UGT están dispostos a permitir”.

Daí a necesidade expresada por Ferreiro de combater esta reforma “na rúa, nas fábricas e nas oficinas, nas aulas e nos hospitais. En todos aqueles sitios onde haxa un traballador ou unha traballadora galega haberá un, unha combatente activa contra esta política”.

Por iso, afirmou que “é algo necesario e imprescindíbel” acadar cotas de soberanía en materia laboral con plenas competencias. Porén, subliñou que “a todos nos gustaría estar negociando un modelo soberano que definira, en todo caso, a relación que anosa nación ía ter con España, pero tamén é certo que calquera avance que se produza sempre será positivo”.

Ferreiro rematou manifestando a solidariedade da CIG coas reformas que se están a producir en Venezuela ou Bolivia, a resistencia de Cuba ou de Iraq e as revoltas sindicais francesas.


A CIG duplicou en asistencia en Pontevedra, como ocorreu no resto do país, ás mobilizacións conxuntas de CCOO e UGT

En Pontevedra, a manifestación saiu ás 12:30 da Praza da Ferrería e como ocorreu na maioría das convocatorias do país, a CIG duplicou en asistencia ás mobilizacións convocadas de forma conxunta por CCOO e UGT. Non houbo xantar, pero o bo tempo convidou aos asistentes a continuar coa celebración polas rúas da cidade.



Intervención de Paulo Carril, secretario comarcal de CIG-A Coruña

Un ano máis a CIG celebra o 1º de maio, Día do Internacionalismo Proletario, reivindicando nesta ocasión o dereito da clase traballadora galega a un emprego digno e de calidade na nosa terra, nun Marco Galego de Relacións Laborais con competencias plenas e nunha Galiza recoñecida como nación e dotada de soberanía.

Afrontamos este Primeiro de Maio nunha situación política nova, resultado das eleccións de xuño pasado, e na que existen importantes expectativas para dar resposta ao deterioro das condicións de vida da clase traballadora galega.

Pero tamén a asuntos cruciais do noso país como a perda de poboación, á marxinación nas infraestruturas, a privatización e empeoramento dos servizos públicos, ou o retroceso social do galego impulsado desde os mesmos poderes públicos, etc.

Os anos de goberno anteriores teñen sido demoledores, causando unha importante destrución da base económica e dos sectores produtivos básicos do noso país, xerando unha situación socio-laboral marcada a día de hoxe por:

- Unha taxa de desemprego en Galiza do 14,25 % fronte ao 10,25 estatal, catro puntos por riba da media estatal.

- Un 91 % dos contratos realizados no último ano son temporais, manténdose as porcentaxes do 35% de precariedade laboral, 4 puntos por riba da media española e 21 puntos superior á media europea.

- Estamos á cabeza na sinistralidade laboral, téndose incrementado 12% os accidentes laborais. Producíndose cada 11 días un accidente.

- Pero a esta mala e insegura calidade do emprego temos que sumar a incesante sangría, da emigración. 22.645 persoas (mocidade na súa maioría) marcharon de Galiza para atopar traballo. Resulta arrepiante que se comparamos cos nacidos no mesmo período, 2005, temos que son 20.621, é dicir emigran máis persoas que as que nacen.

- En Galiza é onde menos medra o PIB mentres a media estatal está do 12,9% en Galiza estamos no 10,6%.

Polo tanto, podemos dicir que en Galiza medran as desigualdades respecto do Estado español e respecto da Unión Europea.

Pero cando falamos de deterioro da calidade de vida, tamén na comarca de A Coruña, vémolas todos os días porque seguimos:

- Sen tren de cercanías e sen o inicio de obras básicas na rede viaria comarcal, como a 3º ronda.

- Sen futuro industrial.

- Sen unha ría do Burgo recuperada e rexenerada que poida xerar máis postos de traballo nesta rica ría empobrecida pola contaminación.

- Sen solución ás xustas reclamacións dos afectados pola construcción do Porto Exterior, que ven destruídos os seus postos de traballo e o seu único medio de vida.

- Sen que o goberno español e a SEPI teñan definido un plano de futuro real para a Fábrica de Armas que garanta todos os postos de traballo.

- Sen o dereito a alternativas, ben sexa a recolocación ou unha prexubilación para os centos de traballadores da industria auxiliar da mina de lignitos de Meirama.

- Pero tamén sen que os traballadores do Concello de A Coruña teñan unha catalogación xusta dos postos de traballo, que remate coas discriminacións salariais, e coa política caciquil, que tanto se obstina en manter o novo alcalde de A Coruña, leal seguidor das reaccionarias políticas do seu antecesor.

- Sen o procesamento xudicial dos empresarios causantes dos accidentes laborais, dos accidentes mortais en Punta Langosteira.

Se neste 1º de Maio reivindicamos postos de traballo dignos, de calidade e seguros na nosa terra, facémolo desde esta palmaria realidade, pero facémolo tamén confiando que a nova situación política que vivimos poida mudala.

O pasado mes de novembro asinouse o inicio en Galiza das negociacións para un acordo galego polo emprego e no mes de marzo dábase forma as 6 mesas que o van levar adiante.

Agardamos que axiña dean froitos porque esta realidade nos apremia, está inxustificado máis atraso do vivido para a posta en marcha destas negociacións.

Negociacións que só serán válidas se dan como resultado medidas concretas, se definen actuacións reais, e dalgunha forma materializábeis nos próximos orzamentos galegos.

Se non é así, demostrará a verdade das declaracións feitas polo presidente da Xunta, constatará que se pretende máis a propaganda que acadar solucións reais.

Rexeitamos tamén calquera tentativa nestas mesas dunha reprodución mimética en Galiza do regresivo dialogo social que practican o goberno Zapatero, UGT, CCOO e a patronal, cuxos acordos son máis retrocesos nos nosos dereitos, na creación de emprego precario e na perda do poder adquisitivo dos nosos salarios.

Velaí temos a nova contrareforma que estiveron pactando durante estes dous anos: abaratamento do despedimento, falsa conversión de contratos indefinidos, máis bonificacións ás empresas, etc.

Pero defender ter postos de traballo dignos, de calidade e con seguridade na nosa terra lévanos a reinvindicar un Marco Galego de Relacións Laborais con competencias pleno, a un avanzo no autogoberno galego.

Se en serio demandamos medidas criadoras de emprego, dun desenvolvimento económico e industrial real, as cativas competencias actuais téñense demonstrado claramente insuficentes e incapaces.

A negociación colectiva debe ter a súa sede en Galiza, non en Madrid, para termos uns convenios que resolvan que os salarios galegos sexan un 15% inferiores a media do Estado.

As políticas de fomento do emprego, a regulación das prestacións sociais e das pensións, o acceso a unha formación e cualificación profesional apropiada, unha auténtica prevención de riscos laborais, etc, deben ser competencias exclusivas dos poderes públicos galegos se hai vontade de criar emprego e de facer polítcas sociais xustas.

Un desenvolvimento económico capaz de xerar postos de traballo, capaz de potenciar os nosos sectores productivos básicos, demanda de competencias plenas para ordear a actividade económica, a política industrial, a política enerxética.

O noso benestar e unhas condicións de vida dignas pasa de forma irreversíbel porque haxa un marco galego de relacións laborais, un avanzo real e palpábel no autogoberno de Galiza, en que o Estatuto sexa un auténtico estatuto de nación, que sexa un chanzo máis no proceso de autodeterminación nacional.

Debemos procurar estarmos moi presentes neste debate e difundir estas reinvindicacións.
O apoio co que contemos nos centros de traballo para todo isto ten un papel decisivo e determinante, de aí a nosa necesaria mobilización.

Afirmamos, na nosa última asemblea comarcal que o sindicalismo nacionalista é necesario para un avance real, traballemos duro para vencer as resistencias a este avance, traballemos por que así sexa.

Ánimo, Adiante.

Viva o Internacionalismo Proletario!
Viva a Clase Obreira Galega!
Viva Galiza Ceive e Popular!



Intervención de Etelvino Blanco,
secretario comarcal de CIG-Ourense

O lume que prenderon hai 120 anos os traballadores mártires de Chicago sigue prendido en todos os traballadores e traballadoras do mundo e a súa loita segue sendo a mesma que nós mantemos contra un sistema capitalista que oprime aos pobos e condena á sobreexplotación, mesmo a nenos e nenas, e mesmo á morte a millóns de persoas en todo o mundo, mentres aumentan, cada día máis, as diferenzas sociais e se afogan as ansias de liberdade dos pobos e os dereitos humanos.

Neste Primeiro de Maio, denunciamos os intentos do Capital globalizado de recortar dereitos sociais e de esmagar reivindicacións históricas do movemento obreiro no seu afán por multiplicar beneficios a costa da nosa sobreexplotación.

Os dous primeiros anos de lexislatura do PSOE no Goberno central demostran que executa a mesma política económica neoliberal que outros gobernos anteriores do PP e que non supuxo cambio ou avances en materia laboral para os traballadores e traballadoras. Para aplicala apóianse na debilidade dun sindicalismo estatal burocratizado e entregado ao poder que centra a súa acción sindical en pactos sociais entre cúpulas con acordos na negociación colectiva para poñer topes aos incrementos salariais ou acordos sobre emprego que van seguir sendo máis do mesmo, é dicir, máis desemprego e precariedade, mentres o goberno esquece as súas promesas.

Neste día, reclamamos o dereito a vivir e traballar en Galiza, exixindo aos gobernos a creación de emprego digno na nosa terra, para que os 22.000 parados e paradas inscritos nas oficinas do INEM na provincia e as miles de persoas, fundamentalmente mozos e mozas en busca dun primeiro emprego, deixen de coller as maletas da emigración para buscar fóra da súa terra, coas graves consecuencias económicas e sociais que supón, o que os gobernos primeiro lle prometen de emprego aquí e despois lle negan.

Reclamamos un trato de preferente industrialización para esta provincia sometida a unha continua marxinación que provoca que teñamos a taxa de ocupación máis baixa e a taxa de paro máis alta de Galiza e onde só o 42% das persoas en idade de traballar están en activo.

Esta reivindicación tamén a exiximos para aqueles traballadores e traballadoras de Valeo, aos que o goberno da Xunta anterior deixou sen emprego aprobando un expediente por causas económicas inexistentes e coa complicidade de UGT, ao tratarse dunha deslocalización na busca de máis beneficios, o mesmo que está acontecendo co sector téxtil, onde os empresarios miden o seu patriotismo por euros e deixan sen emprego a centos de traballadoras e traballadores para fabricar en China e despois vender aquí, como acontece coas traballadoras da empresa Ixitlan, hoxe aquí presentes e coas que nos solidarizamos.

Non só non se crea emprego senón que se destrúe o fixo e xa o 35% dos asalariados están sometidos a temporalidade debido a que a inmensa maioría dos contratos son eventuais, moitos deles fraudulentos, permitidos por unha lexislación feita a medida dos intereses dos empresarios e que o goberno central non modifica polo que, exiximos un cambio na lexislación que acabe coa precariedade actual, os abusos e incumprimentos legais por parte dos empresarios, que propicia a mesma, así como uns mecanismos de inspección efectivos. Esta situación provoca tamén un aumento na sinistralidade laboral que se converte nun drama diario para moitos traballadores e as súas familias.

O futuro de Galiza, a súa identidade como nación e as relacións laborais está no debate, e a clase traballadora galega non podemos deixar pasar a modificación do Estatuto de autonomía sen plantexar as nosas reivindicacións e o noso dereito de dotarnos dun Marco Galego de Relacións Laborais, con plenas competencias para poder lexislar todo o relativo a canto ten que ver coa materia laboral, para poder adaptar a lexislación ás nosas particularidades e reclamando o dereito de autodeterminación que como nación nos corresponde.

Este 1º de maio que tanto se asemella aos últimos, no contexto de condicións laborais regresivas que padecemos como clase, celébrase nun marco político novo, despois de que os galegos e galegas puxéramos fin á negra etapa de fraguismo e gobernos da dereita que padecemos tantos anos neste país. Estamos no primeiro día da clase traballadora dun período de esperanza para nós e como tal, temos que exixir que se materialice un cambio real, non só na forma de gobernar senón con medidas de mellora real das condicións de vida e traballo da nosa clase para eliminar unha herdanza que nos deixaron de paro, baixos salarios, déficit de infraestruturas, deterioro dos servizos públicos, sanidade, ensino e servizos sociais... etc.

O novo goberno da Xunta non debe esquecer que están aí porque a clase traballadora foi artífice cos seus votos dese cambio e somos nós, os traballadores e non os empresarios os que reclamamos ese cambio de rumbo, polo que non imos pregar as pancartas e bandeiras e imos manter unha actitude de exixencia permanente para que a esperanza se converta en realidade e Galiza se transforme nun país á medida da xente traballadora.

A nosa loita segue sendo reprimida polos empresarios que atentan contra a liberdade
sindical despedindo a un traballador polo simple feito de convocar unha asemblea como pasou recentemente cun afiliado da CIG de Callcenter, co que manifestamos neste acto a nosa solidariedade.

Mención especial cómpre facer hoxe do ataque contra o dereito de folga que está a sufrir a nosa organización na persoa do compañeiro Carlos Vázquez, membro da Executiva Comarcal, xulgado pola participación nun piquete da Folga Xeral do 20 de xuño de 2002, ao que a Fiscalía pide tres anos de prisión.

Ademais do sarcasmo que resulta acusar ao compañeiro dun delicto contra os dereitos dos traballadores e traballadoras, denunciamos unha vez máis a persecución que se exerce contra os sindicalistas e a diferente balanza que se utiliza cando os empresarios cometen delictos contra os dereitos dos traballadores e traballadoras, vulnerando as normas laborais e democráticas e contra os que nunca actúa a Fiscalía, ou como é no caso de Ferlosa, onde por denuncia da CIG condenan aos empresarios coa ridícula pena de dous meses, logo de ser feitos probados que despediron, en catro procesos electorais aos candidatos da CIG aos que despois tiveron que readmitir.

Non imos aceptar ningunha condena contra o compañeiro cuxo único delicto foi o de todos nós: combater a reforma laboral regresiva do goberno do PP de aquel momento.

Por último, no Día do Internacionalismo, manifestamos o noso apoio e solidariedade con toda a clase traballadora do mundo que loita contra a explotación capitalista e con todos os pobos que loitan pola súa liberdade, como o pobo saharaui, e desde aquí pedimos que Nacións Unidas asuma os seus compromisos e se cumpra a legalidade coa celebración do Referendo de Autodeterminación.

Compañeiros e compañeiras,

adiante na loita, adiante coa CIG e así entre todas e todos conseguiremos un mundo máis xusto.

Viva o 1º de Maio!
Viva a CIG!



Intervención de Xesús Anxo López Pintos,
secretario comarcal de CIG-Ferrol

Bos días compañeiros e compañeiras, grazas pola vosa asistencia a esta manifestación da CIG.

En primeiro lugar quero adicar unha lembranza aos compañeiros Pancho Alegue e Manolo Grueiro. Dous compañeiros que hoxe non poden estar aquí porque nos deixaron hai poucas datas, pero que estiveron durante moitos anos traballando para que este proxecto fora o que hoxe é. Grazas compañeiro Pancho e compañeiro Grueiro, non vos esquecemos.

Tamén quero recordar a un compañeiro mariñeiro desparecido en estranas circunstancias perto das Azores hai menos de unha semana.

Desde a CIG exiximos que, por parte das administracións, se tomen todas as medidas para esclarecer os feitos. A CIG vaise persoar no caso xunto coa familia. Queremos saber a verdade do que ocorreu.

Hoxe, Primeiro de Maio, estamos aquí para celebrar a festa máis importante no mundo dos traballadores e traballadoras. Pero ademais de celebración e festa, tamén é un día de reivindicacións. Por iso, a clase obreira galega reivindicamos o noso dereito a ter unhas condiicóns dignas de vida e de traballo.

Exiximos o noso recoñecemento como nación e o dereito de autodeterminación, para pór en valor a necesidade e actualidade do sindicalismo de clase. Nesta exixencia a participación da clase traballadora é imprescindíbel.

Queremos aproveitar tamén este Primeiro de Maio para reivindicarmos o dereito e a necesidade dos traballadores galegos a dotarnos dun Marco Galego de Relacións Laborais soberano, con plenas competencias, para poder lexislar e regulamentar todo o relativo á formación, contratación, prestacións en materia de emprego e seguridade social, seguridade e saúde laboral, negociación colectiva, en xeral todo canto teña que ver coa materia laboral.

Non podemos consentir que nos pactos interconfederais en Madrid, CCOO e UGT acaden uns incrementos salariais ridículos que provocan, na práctica, unha perda moi importante de poder adquisitivo dos salarios.

Non podemos consentir que estes dous sindicatos estatais estean a pactar coa patronal en Madrid unha nova “Reforma Laboral” na que xa coñecemos que os empresarios van ter máis axudas e incentivos para facer contratos indefinidos e con baixo custo de despedimento.

A UGT hai uns dias pedíanos que fósemos conxuntamente con CCOO. A nosa contestación a esta proposta foi a seguinte:

Tanto o 10 de Marzo como o Primeiro de Maio, son datas nas que cada central sindical ten que presentar o seu proxecto diante da clase traballadora, e está moi claro que o noso proxecto sindical está moi lonxe do de CCOO e UGT. O noso é un proxecto de loita obreira, reivindicativa, negociador, pero non pactista.

Dicíamoslles a estes sindicatos centralistas que a acción sindical conxunta téñena que demostrar día a día, nas fábricas e nos centros de traballo, defendendo aos traballadores e traballadoras diante da precariedade laboral, na negociación dos convenios colectivos, onde normamente se aproban plataformas conxuntas e logo estes sindicatos españolistas asinan os convenios moi por debaixo delas e de costas aos traballadores.

Dicíamoslles a estes sindicatos que estaremos con eles alí onde se defenda á clase traballadora ou onde se debata algo que lle afecte aos traballadores e traballadoras:

- A potenciación dos sectores produtivos.
- A creación de infraestruturas.
- A loita a favor das políticas de igualdade.
- Como rematar coas condicións laborais que están a provocar a precariedade e o desemprego nos traballadores e traballadoras galegas.

A CIG é hoxe en día a primeira organización nacionalista en número de afiliación. Os afiliados e afiliadas temos cabeza propia, sabemos usarla e non queremos que ninguén pense por nós.

Como sindicato de clase o noso obxectivo máis importante é a defensa dos traballadores e traballadoras, polo que se algunha organización ou persoa explota, acosa ou insulta tanto á clase traballadora como aos seus representantes, que saiba que terá á CIG en fronte.

Fago un chamamento a todos os homes e mulleres da comarca de Ferrolterra para rematar cos conflitos laborais puntuais que temos agora en varias empresas. Non podemos actuar de maneira só federalista, debemos facer unha fronte onde todas as federacións poidamos unir forzas para que a acción sindidcal sexa máis eficaz.

A CIG é un sindicato galego e internacionslista. Aproveitamos hoxe, que en todo o mundo se está a celebrar o Día Internacional do Proletariado para denunciar ao capital, que nos días no que nos toca vivir está a mostrar a súa cara máis dura, globalizando a pobreza, utilizando á clase traballadora dos países máis pobres e menos desenvolvidos como man de obra barata e isto lle vale para deslocalizar as empresas dos países onde non se teñan conseguido máis dereitos laborais e sociais, para deste xeito ir recortando as melloras laborais e sociais.

O capital non ten patria fixa. A súa patria é onde pode conseguir mellores resultados económicos explotando e precarizando á clase traballadora.

Queremos mandar un saúdo solidario ao proletariado de todo o mundo e dicirlle que entre todos podemos conseguir un mundo xusto e en paz.

VIVA GALIZA CEIBE!
VIVA A CLASE OBREIRA!



Intervención de Anxo Noceda,
secretario comarcal de CIG-Compostela

Hoxe, no 1º de Maio, lembramos aos mártires de Chicago mortos, máis ben asasinados hai 120 anos, simplemente por loitar pola dignificación das condicións laborais dos traballadores e traballadoras. Simplemente por loitar pola superación da expoliación do home polo home. Simplemente por dignificar as condicións dos traballadores e traballadoras. Simplemente por demostrar, na práctica, que a unidade e a loita da Clase Traballadora é quen de facer posíbel o imposíbel. É quen de levar á Clase Traballadora a conquistar todas as metas que nos propoñamos. Non temos máis que perder os medos a transformar a nosa realidade social, e tamén nacional, para facer das utopías realidades.

Neste 1º de Maio, no que vai case un ano do remate da etapa Fraga á fronte da Xunta de Galiza, non podemos deixar de ter esperanza en que ese remate sexa tamén o remate da intolerancia, do caciquismo, da emigración, da destrución dos nosos sectores produtivos, que sexa o remate dos salarios e pensións miserentos.

Nesta nova xeira a CIG quer impulsar activamente, tal e como xa o estamos a facer, a construción dunha Galiza Soberana na que dereitos como o de autodeterminación non sexan estigmatizados e sexan asumidos coa normalidade que significada darlle a voz ao pobo galego. Na que o noso idioma sexa o noso idioma oficial. Na que a nosa cultura non sexa relegada ao recuncho dos recordos e se converta nunha realidade viva. Na que os servizos sociais (entre outros sanidade, ensino e atención aos nenos e nenas e aos maiores) deixen de ser elementos especulativos da administración de turno e se convertan plenamente en servizos públicos e universais e na que o Marco Galego de Relacións Laborais, con plenas competencias, sexa unha a realidade que faga del o Marco que nos permita non ter que falar de sinistralidade laboral e que non deixe aos culpábeis dos accidentes laborais sen castigo. O Marco que faga da estabilidade laboral unha realidade. O Marco que permita facer real a negociación colectiva por e dende a Clase Traballadora Galega. Un Marco no que a máxima de “a igual traballo, igual salario” deixe de ser unha consigna para converterse nunha realidade. En definitiva, un Marco Galego de Relacións Laborais Soberano que nos permita aos e as traballadores e traballadoras galegas poder traballar con dignidade na Nosa Terra.

Un Marco Galego de Relacións Laborais que, necesariamente, ten que rematar coas altísimas taxas de sinistralidade laboral que padecemos a Clase Traballadora Galega, que remate coa precariedade laboral. Un Marco que estableza como cuestión obrigatoria para os traballadores e traballadoras das contratas públicas ou privadas o dereito de subrogación para rematar coa incertidume laboral dos milleiros de traballadores e traballadoras que traballan nelas. En resumo, un Marco Galego de Relacións Laborais que nos permita aos traballadores e traballadoras galegas decidir soberanamente sobre as nosas condicións laborais rematando, dunha vez por todas, coas políticas centralizadoras da negociación colectiva que tanto o goberno central como os sindicatos españolistas preténdennos impor.

Non foron, non son, poucos os conflitos laborais que se deron na nosa comarca neste último ano. Conflitos nos que dende a CIG pretendemos superar a precariedade laboral e nos que loitamos por dignificar as nosas condicións de traballo. De entre eles podemos salientar as loitas por un convenio digno no Concello de Muros, en Panrico e na CRTVG, ou as loitas pola dignificación e a estabilidade no emprego en Maconsi, Alcampo, Froiz, Correos e nas contratas de mantemento da Xunta e do Clínico. As loitas pola estabilidade do emprego e uns salarios dignos na area pública (ensino, administración e saúde) e mesmo, e máis recentemente, a loita contra a deslocalización especulativa de empresas como é o caso de Calvo en Esteiro.

Loitas, todas elas nas que se puxeron de manifesto cales son os intereses dunha patronal que segue ao servizo das grandes multinacionais e dunhas políticas neoliberais que seguen a teimar na precariedade e temporalidade laboral, nos baixos salarios, na sinistralidade como medios para acumular cada vez maior riqueza en cada vez menos mans.

Loitas, tamén, nas que quedou acreditado cal é o papel que están a desempeñar ás centrais sindicais españolistas, mais preocupadas por ser acólitos da patronal, por exercer de bombeiros nos conflictos laborais, que por loitar por mellorar e dignificar as nosas condicións de traballo.

Loitas, nas que a pesar de todo, os traballadores e traballadoras organizados na CIG demostrarmos que coa mobilización e a loita somos quen de mudar e mellorar as nosas condicións de traballo. É por iso, porque a práctica así nolo acredita, que os homes e mulleres que conformamos a Clase Traballadora Galega temos o deber e a obriga de demandar activamente un cambio do actual marco legal que leve consigo facer do noso Pais unha Galiza Soberana e con voz propia na que o Marco Galego de Relacións Laborais sexa plenamente desenvolvido.

Non quero rematar sen facer unha referencia ao que todo apunta será noticia en breves datas. Estoume a referir á nova reforma laboral e á reforma do sistema de pensións que están a negociar dende hai tempo o Goberno Central, a Patronal e o Sindicatos Españolistas, CCOO e UGT. Reformas que, para manter as súas maneiras de sempre, están a negociar dun xeito escurantista e que, polo tanto, pouco é o que está a transcender delas (abaratamento do despedimento, non estabelecimento de medidas reais para rematar coa precariedade laboral, rebaixa nas cotizacións á Seguridade social e ao empresariado e continuidade das medidas de subvención á contratación indefinida que xa teñen demostrado na práctica que ao único que teñen contribuído é a incrementar a precariedade laboral tal e como aconteceu coas mesmas medidas adoptadas no ano 97) Non parece que poidamos agardar resultados positivos para a Clase Traballadora Galega. Agardaremos, en todo caso, a que os asinantes fagan público o preacordo, que din esta listo para ser asinado, coa seguridade de que de confirmarse as impresións actuais terán, nos traballadores e traballadoras galegas, a resposta necesaria, do mesmo xeito que fixemos en situacións precedentes.

Xa por último, nunha data como hoxe, que se caracteriza polo seu internacionalismo, non podemos deixar de facer unha referencia a todos aqueles pobos que a pesar de ir contracorrente, que a pesar do imperialismo Ianqui, que a pesar das condicións adversas, souberon e saben loitar na defensa da súa Soberanía Nacional. Na defensa dunha condicións de vida e traballo dignas e na superación da explotación do home polo home. Vai a nosa solidariedade, entre outros, para cos pobos Cubano, Venezolano, Boliviano e neste 2006, moi especialmente, vaia o noso apoio e solidariedade para cos pobos Iraquí e Palestino na súa loita por superar o xa eterno colonialismo e imperialismo ianqui e israelí e tamén para coa Clase Traballadora francesa, que nos demostrou que coa loita e mobilización foron quen de por en xaque unha Constitución Europea imperialista e neoliberal, así como tirar por terra unha regresiva reforma laboral.

Con certeza que o camiño andado por estes pobos confírmannos que coa Mobilización, a Unidade e a Loita, tamén a Clase Traballadora Galega podemos converter os nosos soños nunha realidade e facermos do noso pais unha nación Soberana e sen Explotación.

Viva o 1º de Maio!
Viva á Clase Traballadora Galega!
Viva Galiza Ceibe e sen Explotación!
Viva a CIG!



Intervención de Xorxe Caldeiro,
secretario comarcal de CIG-A Mariña


Na presentación deste Primeiro de Maio ante os medios de comunicación, explicabamos que o feito de convocalo en solitario tiña a súa lóxica, pois servía para que cada sindicato plantexara á súa proposta particular á sociedade; por outra banda escenificar nun día unha unidade sindical que non existe no resto do ano non parece moi axeitado.

Pois ben, esta semana déronnos, máis argumentos neste sentido.

De todos é sabido que as cúpulas da UGT e CCOO veñen negociando dende hai tempo cunha falta absoluta de transparencia, e de costas a aqueles a quen din representar (a clase traballadora). Negocian co goberno e coa patronal o que vai ser a nova reforma laboral.

Estes días soltaron a “bomba” de que na liña de acabar cos empregos temporais ían converter en fixos a aqueles traballadores e traballadoras que levaran máis de dous anos a contratos nunha empresa.

Por se alguén tiña algunha dúbida de en que dirección vai ir realmente esta reforma, a reacción da patronal foi absolutamente esclarecedora: “estamos encantados coa medida pois supón un abaratamento dos despidos”.

Máis claro auga...

En realidade, o que supón este acordo de novidoso é xeneralizar os despedimentos cunha indemnización de 33 días.

Loxicamente non podemos ir da man, nin sequera o 1º de Maio, daqueles que se dedican a asinar en Madrid pactos de contratación salarial, e reformas que van contra os intereses dos traballadores e traballadoras.

Cando pediamos emprego digno e de calidade, cando dicimos que queremos estabilidade nos postos de traballo, estámoslles dicindo “non” a abaratar os despedimentos.

Outra das “novidades” que aporta esta reforma é a reducción das cotas empresariais á SS e logo empezarán co de que a caixa non dá para manter o sistema de pensións, que hai que acudir as empresas privadas... etc, é dicir máis do mesmo.

Temos que estar preparados e unidos para facer fronte a esta reforma laboral que se aveciña.

Estamos inmersos nun momento de transición no noso pais; esperanzados en que un novo goberno na Xunta materialice e faga unha realidade aquelas expectativas de maior eficacia na xestión, de apoio aos servizos publicos, de políticas sociais, que nos prometeran.

Ademais coa reforma do Estatuto ábrese a posibilidade de avanzar no autogoberno, de dotarnos de novas competencias, que serán as ferramentas coas que poidamos impulsar un marco galego de relacións laborais, que permita avanzar na cohesión social e territorial do noso país; un marco galego de Relacións Laborais que nos permita definir aquí a lexislación laboral, que nos permita negociar os nosos convenios, que responda á nosa realidade produtiva e social.

Estamos ante unha oportunidade histórica e, dende a CIG temos que contribuír para que así se vexa por toda a sociedade.

E mentres isto sucede, ábrese outro campo de batalla: as eleccións sindicais que se desenvolverán entre este e o vindeiro ano. Temos que conseguir que o noso liderazgo en número de afiliados e afiliadas a nivel nacional teña un reflexo equivalente no número de delegados electos, e nos permita aumentar a representatividade nas mesas de negociación.

Por último, en nome da Executiva Comarcal quero mostrar a solidaridade de todo o sindicato cos compañeiros de Madeiras e Parquets Lorenzo de Mondoñedo, que despois de casi 40 anos traballando nesa empresa van quedar na rúa polo peche das empresas e ademais de levar catro meses sen cobrar quérenlles dar unha mísera indemnización como despedida.



Intervención de Xosé Ferreiro,
secretario comarcal de Lugo


Compañeiros e compañeiras, moi bos días e benvidos un ano máis á celebración do 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora.

Dous son os temas centrais sobre os que a CIG fai xirar este 1º de Maio, dous temas que aínda que poidan parecer independentes, están totalmente relacionados: Galiza Nación e Soberanía xunto coa loita contra a precariedade e a consecución dun emprego de calidade.

“Non se poderá ter emprego de calidade nin reducir a precariedade sen que sexamos capaces de obter maiores cotas de soberanía cunha capacidade total para lexislar en materia laboral”.

A vella aspiración do sindicalismo nacionalista de acadar un Marco Galego de Relacións Laborais ten que ser agora unha realidade.

Galiza ten uns índices de desemprego e precariedade dos máis altos do Estado español, a siniestralidade laboral, ligada a esta precariedade, está en aumento desenfreado e tanto os salarios como as pensións destacan nas estatísticas estatais pola súa ridiculez. Por outra banda, o fenómeno da emigración na nosa xuventude volta cunha intensidade descoñecida no noso país dende fai 50 anos. Estas son características que definen ben as claras o estrepitoso fracaso das políticas laborais que dende España se ditaron para Galiza, son características que mostran como de xeito reiterado o sindicalismo español foi “vendendo”, hai que dicilo así, a Clase Traballadora aos poderes políticos e económicos e demoleron pouco a pouco os logros que con tanto traballo e sufrimento esta fora acadando.

Compañeiros e compañeiras, non podemos seguir aturando esta situación; non podemos resignarnos a estar sempre na peor posición e por riba que nos digan que somos un país subvencionado. Non podemos permitir que nos impoñan o que temos que facer e por riba que nos voten a culpa a nós. Os traballadores e traballadoras galegas temos que ser capaces de reaccionar, temos que dotarnos de ferramentas útiles para combater esta situación e conseguir instrumentos para que dende aquí, dende a nosa nación, poidamos lexislar e crear mecanismos para alcanzar niveis de calidade no emprego que estean á altura de calquera país europeo.

As negociacións en materia laboral cada vez se fan máis dende as cúpulas sindicais e patronais, lonxe dos centros de traballo e sen a participación dos traballadores e traballadoras ou dos seus representantes directos. Así, descoñecendo a Clase Traballadora o que se está a negociar, a capacidade de incidencia desta é case nula. Cando os acordos que xa están asinados resultan moito máis difícil de cambiar.

Nesta liña de actuación, estes mesmos días en Madrid están a pecharse as negociacións para a seguinte Reforma Laboral, negociacións nas que foi vetada unha vez máis a presenza da CIG, pois era evidente que había moito interés para que non houbera testemuñas do que alí se estaba a falar. Que os traballadores e traballadoras souberan os termos nos que se negociaba ou como mercadeaban cos seus intereses podía ser un perigo para o fin último dos interlocutores.

Segundo as informacións existentes ata o de agora, esta reforma segue na liña de abaratar os despedimentos e subvencionar ás empresas, a cambio dunha falsa garantía de converter contratos eventuais en indefinidos.

Pasar as indemnizacións de 45 a 33 días cando un despedimento é inxusto, baixar o tope máximo de 42 a 24 mensualidades nestes casos ou aumentar os supostos de despedimento por causas obxectivas non poden ser nunca medidas para combater a precariedade, senón todo o contrario. Con estas reformas, os nosos mozos e mozas poden renunciar definitivamente a calquera posibilidade de estabilidade laboral. É posíbel que teñan un contrato indefinido, pero o seu despedimento será tan barato que a situación aínda será peor que a actual. En definitiva, representa un paso máis cara o despedimento gratuíto, fin último que o capital quere acadar e que CCOO e UGT están dispostos a permitir.

Se esta reforma se leva a cabo nestes termos, de seguro que atopará enfronte ao sindicalismo galego. Combaterémola con todas as nosas forzas e en todas as frontes: na rúa, nas fábricas e nas oficinas, nas aulas e nos hospitais. En todos aqueles sitios onde haxa un traballador ou unha traballadoras galega haberá un, unha combatente activa contra esta política.

E se finalmente se impón, terá que quedar moi claro que será contra a vontade de toda a Clase Traballadora Galega e contra a nosa nación. Farano porque teñen o poder e teñan a forza, pero non porque nós o aceptemos. Quen acepte esta reforma, se o sindicalismo estatal acaba asinando algo semellante, estará a cometer unha traizón aos traballadores e traballadoras e renunciará definitivamente aos principios do sindicalismo de clase.

Con todo este panorama, acadar cotas de soberanía en materia laboral con plenas competencias é algo necesario e imprescindíbel. O comezo de negociacións para reformar o actual estatuto de autonomía é un proceso ao que o sindicalismo nacionalista non pode ser alleo. É certo que a todos nos gustaría estar a negociar un modelo soberano que definira, en todo caso, a relación que a nosa nación ía ter con España, pero tamén é certo que calquera avance que se produza sempre será positivo. Polo tanto, a CIG ten a obriga de tratar de incidir no desenrolo dos acordos e nesta liña se vai a traballar.

Neste primeiro de maio estamos a vivir por primeira ver unha nova situación política. Os votos da esquerda lograron rematar co réxime de Fraga e por primeira vez na historia o nacionalismo político ten algunha capacidade de goberno. As expectativas creadas son moi grandes e esperamos non sentirnos defraudados. Acontecementos no mundo fan que non caiamos no desencanto: As reformas en Venezuela ou Bolivia, a resistencia de Cuba ou do Iraq e mesmo as revoltas sindicais francesas demostran que se loitamos, se non nos rendemos a vitoria é posíbel.

A CIG estará aí, os sindicalismo nacionalista nunca se renderá. A Clase Traballadora e o noso país meréceno.

Nada máis e ánimo compañeiros e compañeiras.

Viva o 1º de Maio!
Viva a Clase Traballadora!
Viva Galiza Ceibe!

 
 
Informacións relacionadas
02/05/2006 Seixo advirte que se en xuño non hai avances nas mesas de negociación, o sindicato podería abandonalas
A CIG mobiliza arredor de 15.000 persoas no Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario
26/04/2006 Primeiro de Maio: Convócanse manifestacións nas sete cidades galegas e na comarca de A Mariña
A CIG exixirá un Marco Galego de Relacións Laborais e Sociais plenamente soberano
25/04/2006 A CIG celebra o Día da Clase Traballadora con manifestacións en todas as comarcas
22/04/2006 Exixirá nas rúas o recoñecemento de Galiza como nación e o dereito de autodeterminación
A CIG reivindicará o 1º de Maio un Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias
20/04/2006 O 1º de Maio concerto de balde de Mortos en Vida, Freetanga e Extremidadex Pelijrosas, ás 18:30 na finca de San Roque de Vigo
A mocidade da CIG centra as reivindicacións do Día da Clase Traballadora na loita contra a precariedade
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/05/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta