ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 2 de maio de 2006

Seixo advirte que se en xuño non hai avances nas mesas de negociación, o sindicato podería abandonalas
A CIG mobiliza arredor de 15.000 persoas no Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Un dos aspectos nos que a CIG centrou as súas reivindicacións neste Primeiro de Maio foi na defensa dun Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias.
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
O nivel de participación nas manifestacións da CIG non só estivo á altura de anos anteriores senón que mesmo se incrementou.
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Nas manifestacións da CIG mobilizouse o dobre de xente que nas convocadas por CCOO e UGT conxuntamente.
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
A CIG revisará en xuño os avances das mesas de negociación entre sindicatos, patronal e goberno, e se non se produciron progresos podería abandonalas.
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
No Día do Internacionalismo Proletario, Suso Seixo manifestou a solidariedade da CIG con todos os pobos do mundo que “loitan pola súa soberanía” e con todas as organizacións sociais que “loitan contra as reformas neoliberais que está a impor o capital trasnacional”.
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Suso Seixo aproveitou a ocasión para facer un chamamento ás traballadoras e traballadores galegos para que estean atentos ao contido da nova reforma laboral xestada en Madrid entre CCOO, UGT, patronal e goberno.
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Primeiro de Maio (Vigo), clic para aumentar
Este Primeiro de Maio coincidía nunha xornada de final de ponte, o que facía temer unha baixa participación, porén 15.000 persoas manifestáronse nas rúas galegas convocadas pola CIG. (Fotos: ©Fernando Pol 01/05/2006).
Unhas 15.000 persoas manifestáronse nas rúas galegas neste Primeiro de Maio, convocadas pola CIG. A manifestación da comarca de Vigo, á que asistiu o secretario xeral, Suso Seixo, foi a máis numerosa, con 8.000 participantes. Na súa intervención, Seixo, alén de recoller os lemas cos que a central concorría a este Primeiro de Maio, advertiu que a CIG revisará en xuño os avances das mesas de negociación entre sindicatos, patronal e goberno, e anunciou que se non se produciron avances podería abandonalas.

O secretario xeral da CIG destacou, na súa intervención, os cambios que se teñen producido no panorama político galego tras da caida do Partido Popular da que dixo que “tiveron moito que ver as mobilizacións sociais en Galiza, nomeadamente o papel que ten cumprido a clase traballadora galega”.

Para Seixo, esta nova situación política trae certa esperanza, no sentido de que “as organizacións políticas que compoñen o actual bipartito sexan sensíbeis a toda unha serie de problemas e de reivindicacións que se teñen feito desde a CIG e desde outros movementos sociais nos últimos anos”.

Porén, dado que non houbo ningún cambio no modelo social e económico, nin Galiza deixou de cumprir o papel que viña cumprindo até o de agora no Estado, afirmou que “entendemos que son moitas as reivindicacións que siguen estando aí presentes”. Reivindicacións nas que se centrou, precisamente, este Primeiro de Maio: emprego e emprego de calidade, Marco Galego de Relacións Laborais e recoñecemento de maiores cotas de autogoberno.


Emprego

Para a CIG esta é unha reivindicación necesaria polos altos índices de desemprego que existen en Galiza, os preocupantes niveis de emigración e a alta temporalidade. Neste sentido, o secretario xeral da CIG lembrou que se teñen iniciado negociacións na Xunta de Galiza de cara a acadar un pacto polo emprego. Negociacións e conversas das que dixo que “van moi retrasadas, en grande parte pola propia actitude da patronal, pero tamén porque a Xunta de Galiza non está poñendo, de momento, demasiado empeño en axilizar este proceso”.

Por iso, salientou que desde a CIG se agarda que nos próximos meses as negociacións collan outro rumbo e comecen a tratarse os temas prantexados máis polo miúdo, porque do contrario “por parte da CIG valoraríamos, a partir do mes de xuño, a nosa continuidade ou non nesas mesas”.


Marco Galego de Relacións Laborais

Outro dos aspectos nos que a CIG centrou as súas reivindicacións neste Primeiro de Maio foi na defensa dun Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias. “Nós precisamos que os traballadores e traballadoras galegas sexamos os verdadeiros protagonistas das nosas relacións laborais e para iso é importante ter un marco de relacións onde todo o que teña que ver coa negociación colectiva e coa lexislación laboral se faga desde Galiza e que quen teña competencias sexa o Parlamento galego e non o Parlamento español”, explicou o secretario xeral da CIG.

Seixo lembrou que, até o de agora, a experiencia que hai do marco español de relacións laborais “di que de aí o único que nos veñen son contrareformas enormemente negativas e políticas que o único que fan é profundizar aínda máis nos baixos salarios e na precariedade que existe en Galiza”.

Por iso, reclamou un marco propio, con plenas competencias e reafirmou a necesidade de que este sexa recoñecido agora que se está a debater un novo Estatuto de Autonomía. Estatuto que debería contemplar “todas as competencias en materia de lexislación laboral”.

Suso Seixo aproveitou a ocasión para facer un chamamento ás traballadoras e traballadores galegos para que estean atentos ao contido da nova reforma laboral xestada en Madrid entre CCOO, UGT, patronal e goberno. Unha reforma que ten sido negociada en absoluto secreto e da que, polo momento, só se filtraron algúns dos seus contidos.

Contidos que xa adiantan unha nova tentativa de abaratamento do despedimento e un novo avance na rebaixa das cotizacións dos empresarios.

Diante desto, Seixo lembrou que non se trata máis que de “profundizar en reformas laborais anteriores, nas que a CIG xa ten manifestado o seu rexeitamento e se esa é a liña que van seguir desta volta, manifestarémolo tamén”.


Internacionalismo Proletario

Tendo en conta que no Primeiro de Maio se celebra o Día do Internacionalismo Proletario, Suso Seixo manifestou, loxicamente, a solidariedade da CIG con todos os pobos do mundo que “loitan pola súa soberanía” e con todas as organizacións sociais que “loitan contra as reformas neoliberais que está a impor o capital trasnacional”.

Canto á participación nas mobilizacións organizadas pola central sindical en toda Galiza, o secretario xeral da CIG manifestou a súa satisfacción, tendo en conta que este Primeiro de Maio coincidía nunha xornada de final dunha ponte, o que facía temer unha baixa participación.

Porén, o nivel de participación nas manifestacións da CIG non só estivo á altura de anos anteriores senón que mesmo se incrementou. “Iso constata que na nosa base existe un número importante de persoas moi comprometidas co sindicato que lle dan moita importancia a participar en mobilizacións destas características”.

Alén diso, destacou que nas manifestacións da CIG mobilizouse o dobre de xente que nas convocadas por CCOO e UGT conxuntamente.

 
 
Informacións relacionadas
26/04/2006 Primeiro de Maio: Convócanse manifestacións nas sete cidades galegas e na comarca de A Mariña
A CIG exixirá un Marco Galego de Relacións Laborais e Sociais plenamente soberano
25/04/2006 A CIG celebra o Día da Clase Traballadora con manifestacións en todas as comarcas
22/04/2006 Exixirá nas rúas o recoñecemento de Galiza como nación e o dereito de autodeterminación
A CIG reivindicará o 1º de Maio un Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias
20/04/2006 O 1º de Maio concerto de balde de Mortos en Vida, Freetanga e Extremidadex Pelijrosas, ás 18:30 na finca de San Roque de Vigo
A mocidade da CIG centra as reivindicacións do Día da Clase Traballadora na loita contra a precariedade
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/05/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta