|
Actualidade CIG-Comunicación-
Pola presente a Mocidade da Confederación Intersindical Galega en Vigo quermos enviar unha mensaxe de apoio e solidariedade ás/aos compañeiras/os do Metal na súa loita polo Convenio en Pontevedra. Facémonos eco das reivindicacións contra a precariedade e a alta temporalidade que se está a vivir neste sector e que afecta moi especialmente á mocidade. Queremos manifestar a nosa repulsa ante as cargas policiais que se produciron na nosa cidade ao longo do día, cargas duras e indiscriminadas, que produciron que decenas de compañeiros foran atendidos polos servizos sanitarios. Pedimos responsabilidades políticas, xa que de ningún xeito podemos deixar que as/aos traballadoras/es desta cidade sexan tratados como delincuentes. Así mesmo reclamamos a inmediata posta en liberdade sen cargos de todos os compañeiros que permanecen en dependencias policiais a estas horas. Por todo iso, convocamos a toda a mocidade para o próximo xoves, día 11, a mobilizarse contra a represión. |
|||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 10/05/2006 |
|||||||||
|