ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 5 de maio de 2006

De dilatarse o conflito, os sindicatos anuncian unha folga xeral en toda a provincia
Acórdase presentar convocatoria de folga en todo o Metal, incluído o sector do automóbil, en Pontevedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga Metal en Vigo, clic para aumentar
Folga Metal en Vigo, Antolín Alcántara, clic para aumentar
Antolín Alcántara avaliou o seguimento da folga como un éxito e denunciou os intentos dos medios de comunicación por diluír o conflito, centrándose máis nos escasos incidentes que se produciron que nas causas que están a provocar a convocatoria de folga. (Fotos: ©galizacig.com 04/05/2006).
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar
Folga Metal en Vigo, clic para aumentar
Os sindicatos, na xuntanza celebrada o xoves 4 de maio, acordaron que se o próximo xoves non se ten solucionado o conflito provocado pola negociación colectiva do Metal, se presentará unha convocatoria de folga para toda a provincia de Pontevedra na que estarán incluídas as empresas do automóbil, tanto de fabricantes como das auxiliares e de todo o sector. Deste xeito, a folga afectaría a uns 37.000 traballadores e traballadoras. Ademais, a semana que vén poderían acordar convocar unha folga xeral na provincia.

A falta de diálogo e o silencio da Delegación da Consellaría de Traballo na provincia de Pontevedra, que “é quen ten a responsabilidade de mediar no conflito”, segundo explica o secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Antolín Alcántara, vén de provocar que na última xuntanza, os sindicatos implicados na folga do Metal acordaran presentar convocatoria de folga para toda a provincia de Pontevedra.

Así, a folga se estendería a máis de 37.000 traballadores, incluíndo a todas as empresas auxiliares e de fabricación de automóbil e a todo o Metal en xeral.


Seguimento masivo tanto da folga como das mobilizacións

Alcántara avalía o seguimento da folga como un éxito xa que tamén na segunda xornada foi secundada por todo o sector. Alén diso, sinala que tanto ás concentracións como á manifestación concorreron miles de traballadores de Vigo e de Pontevedra.

O secretario confederal de Negociación Colectiva denuncia tamén os intentos dos medios de comunicación por diluír o conflito, centrándose máis nos escasos incidentes que se produciron que nas causas que están a provocar a convocatoria de folga.

Xunto a iso, Antolín Alcántara salienta, ademais, que as mobilizacións que se están a producir neste conflito están contando cun seguimento “como nunca houbo” nun conflito destas características.

 
 
Informacións relacionadas
04/05/2006 Malia os intentos de acordo non se achegan posturas coa patronal
Éxito rotundo na primeira xornada de folga do Metal da provincia de Pontevedra
03/05/2006 Afecta a 2.800 empresas e 20.000 traballadores/as desde as 0:00 horas do mércores 3 de maio
Comeza a folga indefinida no Metal de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/05/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta