|
Actualidade CIG-Comunicación-
A relevancia desta Asemblea radica en que, por vez primeira, os profesionais asalariados deste sector tomaron a iniciativa para pór fin á precariedade laboral á que están sometidos no seu traballo diario. No decurso da Asemblea, os asistentes puxeron de manifesto as causas que provocan a difícil situación laboral na que se atopan. Deste xeito, explicaron que en Galiza hai un grupo de empresas que son as que se encargan das actividades arqueolóxicas que se realizan sobre o Patrimonio. En función do tipo de actuación, estas empresas teñen contratados a un grupo de traballadores, arqueólogos ou non, para sacar o traballo adiante. O problema para estes traballadores e traballadoras é que non hai ningún convenio no que se recolla nin o salario mínimo nin as categorías profesionais, nin os tipos de contratación. Isto tradúcese na liberdade de criterio das empresas para determinar tanto salarios como tipo de contrato, sacando o maior proveito, o que leva a que maioritariamente usen o convenio de construción para un traballo especializado que require dunha licenciatura e dunha formación específica. Na Acta da Asemblea sinalan que “foi esta precariedade a que fixo que un pequeno grupo de profesionais nos puxéramos en contacto, hai aproximadamente seis meses, coa CIG para que nos asesorasen para atallar esta situación”. Froito do traballo e das xuntanzas celebradas na Federación de Banca centraron os obxectivos en definir: categorías profesionais, salarios e contratación. A partir de aí acordaron tres categorías profesionais e os salarios mínimos para cada unha delas: arqueólogo director, técnico arqueólogo e axudante arqueólogo, así como o salario mínimo para os contratos indefinidos. Sometida a votación a proposta presentada, os 72 arqueólogos e arqueólogas presentes aprobaron por unanimidade a seguinte táboa de categorías e retribucións: • Arqueólogo
Director: Salario bruto/día = 150 euros. Ao non existiren asociación de empresarios de Arqueoloxía coa que negociar un convenio, desde a Federación de Banca da CIG propúxose chegar a un acordo coas empresas. Deste xeito, decidiuse que a CIG convocara unha reunión cos empresarios para chegar a acordos. Os traballadores e traballadoras do sector agardan que “teña resultados positivos e marque un antes e un despois na Arqueoloxía galega, xa que, o Patrimonio arqueolóxico constitúe unha riqueza que debemos protexer, e garantir a calidade dos traballos que se levan a cabo sobre el. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/05/2006 |
||||
|