ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 29 de maio de 2006

Luís Ferreiro reelexido secretario da Unión Local
IV Asemblea da CIG de Verín

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asemblea local de Verín, clic para aumentar
A Asemblea local de Verín aprobou o balanzo de xestión dos últimos catro anos e elixiu a nova Executiva Local, saíndo reelixido secretario da Unión Local Luís Ferreiro. (Foto: ©galizacig.com 27/05/2006).
IV Asemblea da CIG de Verín
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 12'52'', espazo en disco: 18.297.430 bytes [17,4 Mb]).
 
Baixo o lema “Eiquí, en Galiza!, cos traballadores/as!”, o pasado sábado, día 27 de maio, realizouse a IV Asemblea da Unión Local da CIG de Verín, comarca de Monterrei-A Lima, na que se aprobou o balanzo de xestión dos últimos catro anos e elixiuse a nova Executiva Local, saíndo reelixido secretario da Unión Local Luís Ferreiro.

No acto final falou o secretario local, Antolín Fernández, secretario de organización da comarca de Ourense, á que pertence esta localidade, e Manuel Mera, secretario confederal de Formación Sindical e Comunicación da CIG en nome da Executiva Confederal da central.

Ao acto acudiron uns 120 afiliados e afiliadas, así como varios membros da executiva comarcal, polo que a sala quedou pequena.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/05/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta