ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 24 de maio de 2006

Máis de 150 delegados/as de toda Galiza concentráronse diante da sede do Grupo Netaccede, matriz da empresa de Telemárketing
CIG Banca manifestouse en Vigo pola readmisión do despedido do Callcenter de Ourense
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar
Ás 11:30 horas do pasado día 22 de maio iniciábase diante da sede do Grupo Netaccede na rúa Colon de Vigo o que sería unha longa mañá de mobilización. (Fotos: ©galizacig.com 22/05/2006)
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar
Máis de 150 delegados e delegadas chegadas de toda Galiza concentráronse en apoio ao traballador discapacitado despedido por pegar un cartel da CIG convocando unha asemblea de traballadores/as.
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar
Durante a concentración namentres un grupo de compañeiros/as pegaban carteis denunciando o despido, outro grupo repartía un panfleto explicativo a cidadanía, de fondo os berros e pitos do resto dos concentrados.
Despido no Callcenter de Ourense
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'57'', espazo en disco: 28.615.354 bytes [27,2 Mb]). Realización: Roi Ribeira.
Namentres CCOO e UGT pactan en Madrid o abaratamento do despido, a CIG mobilizouse unha vez mais na rúa contra un despido inxusto. Desta volta a manifestación de apoio ao compañeiro despedido do Callcenter de Ourense tivo lugar en Vigo ante a sede central da empresa.

Ás 11:30 horas do pasado día 22 de maio iniciábase diante da sede do Grupo Netaccede na rúa Colon de Vigo o que sería unha longa mañá de mobilización. Máis de 150 delegados e delegadas chegadas de toda Galiza concentráronse en apoio ao traballador discapacitado despedido por pegar un cartel da CIG convocando unha asemblea de traballadores/as. Durante a concentración namentres un grupo de compañeiros/as pegaban carteis denunciando o despido, outro grupo repartía un panfleto explicativo a cidadanía, de fondo os berros e pitos do resto dos concentrados.

Posteriormente, malia non estar previsto, as máis de 150 persoas desprazáronse en manifestación polas rúas do centro de Vigo ata a sede central da Caixanova na rúa García Barbon. Esta Caixa de Aforros é accionista do Callcenter de Ourense e o longo dos últimos días dende a CIG-Banca tratouse de involucrar a entidade de aforro na solución dunha saída negociada para o conflito, pero as tentativas foron en van. Dende a CIG acusan a Dirección da Caixanova de mirar para outro lado namentres no Callcenter se producen toda clase de abusos.

Unha vez na sede da Caixanova os participantes procederon a concentrarse diante das portas da Entidade, continuando cos berros de protesta en apoio a readmisión do compañeiro e en defensa da liberdade sindical.

Neste centro especial de emprego a empresa non aplica o Convenio de Telemárketing, o que máis alá do aspecto retributivo ten consecuencias dende o punto de vista da saúde laboral. As pausas e descansos obrigatorios por este Convenio non se aplican o que aínda é máis grave se falamos de persoal con discapacidades. Os postos de traballo non están adaptados e as condicións do local, non cumpren tampouco o establecido por lei polo que a empresa foi sancionada anteriormente pola Inspección de Traballo, segundo recoñeceu a xefa de Recursos Humanos.

A seguinte mobilización está convocada para o vindeiro día 25 de maio, data na que esta previsto o xuízo, sen que isto implique necesariamente que o proceso de mobilizacións remate aí, segundo anuncian dende CIG-Banca.

 
 En manifestación cara Caixanova
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar Posteriormente, malia non estar previsto, as máis de 150 persoas desprazáronse en manifestación polas rúas do centro de Vigo ata a sede central da Caixanova na rúa García Barbon. (Fotos: ©galizacig.com 22/05/2006)
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar  
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar Caixanova é accionista do Callcenter de Ourense e o longo dos últimos días dende a CIG-Banca tratouse de involucrar a entidade de aforro na solución dunha saída negociada para o conflito, pero as tentativas foron en van.
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar  
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar Unha vez na sede da Caixanova os participantes procederon a concentrarse diante das portas da Entidade, continuando cos berros de protesta en apoio a readmisión do compañeiro e en defensa da liberdade sindical.
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar  
Concentración despido Callcenter en Vigo, clic para aumentar A seguinte mobilización está convocada para o vindeiro día 25 de maio, data na que esta previsto o xuízo, sen que isto implique necesariamente que o proceso de mobilizacións remate aí, segundo anuncian dende CIG-Banca.
 
 
 
Informacións relacionadas
28/04/2006 Nova mobilización polo despido do Callcenter
07/04/2006 CIG-Banca reclama envíos de correos solidarios
Concentración ante o SMAC polo despido do Callcenter
06/04/2006 Concentración no Parque Tecnolóxico para solicitar a readmisión do traballador despedido por pegar carteis da CIG
Iniciadas as mobilizacións no Callcenter de Ourense
04/04/2006 A Dirección da Empresa trata de impedir que os traballadores e traballadoras podan ter unha representación sindical
Despedimento antisindical no Centro de Atención de Chamadas, S.A., Callcenter
24/03/2006 A empresa coñecida comercialmente como “Call Center” é un Centro Especial de Emprego do Grupo Empresarial Netaccede
Traballador despedido por pegar carteis da CIG
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/06/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta