|
Actualidade
Santiago, 19 de maio de 2006
Terá lugar o próximo martes
23 de maio ás 20:00 horas con saída da Vía Norte
Convocada manifestación en Vigo en repulsa pola carga policial durante a folga do Metal
| |
 |
 |
| O luns oito de maio, a carga da policía
contra os manifestantes na folga do Metal en Vigo se producía sen mediar provocación algunha. |
 |
 |
| Os traballadores foron acantoados contra o muro
da Estación onde a policía lles mallou a gusto. |
 |
O próximo martes 23 de maio, terá
lugar en Vigo unha manifestación en protesta pola carga policial do pasado 8 de marzo, en plena folga do
Metal. A marcha sairá ás 20:00 horas da Vía Norte e percorrerá a rúa Urzáiz
cara á Porta do Sol cunha soa pancarta na que se exixirán responsabilidades pola desproporcionada
e brutal actuación policial.
Na presentación da convocatoria, Xerardo
Abraldes, secretario comarcal da CIG de Vigo, lamentou as xustificacións do subdelegado do Goberno e exixiu
responsabilidades polo acontecido ademais da dimisión do subdelegado do Goberno, Delfín Fernández,
e de Manuel Ameijeiras, delegado do Goberno en Galiza.
Abraldes lembrou que antes de producirse a carga
non mediara provocación algunha e que a actuación policial se correspondía máis “cos
tempos máis negros do franquismo”. Por iso, fixo un chamamento á participación como mostra
do rexeitamento deste tipo de prácticas.
|