|
Actualidade CIG-Comunicación-
Ante os acontecementos do día de hoxe en Vigo, Galiza Nova quer mostrar a súa indignación ante un novo episodio de violencia policial e do recurso á mesma de novo nun conflicto laboral. De novo comprobamos como os dereitos e liberdades sufriron nos últimos anos un constante recuar, o que provoca que conflitos sociais e laborais como este rematen frecuentemente do peor xeito posíbel, subsituíndo as mesas de diálogo polos xulgados e as razóns pola forza policial. En todo caso, a criminalización dos conflitos non os soluciona, senón que os agrava. Chamamos á mocidade galega a solidarizarse activamente cos represaliados e a exixir responsabilidades. Galiza Nova manifesta tamén a súa solidariedade cos milleiros de traballadores e traballadoras do metal que se veñen mobilizando nas últimas datas dentro do proceso de negociación do seu convenio; pularemos por extender a solidariedade ao ámbito xuvenil, en particular coa convocatoria, en conxunto coas organizacións estudantís CAE e CAF, dunha folga xeral no ensino na cidade de Vigo para o próximo xoves 11 de maio. |
||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/05/2006 |
||||||||||||
|