ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 9 de maio de 2006

O SLG envía un comunicado de repulsa pola brutal carga policial e solidarízase cos traballadores do Metal
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Carga policial en Vigo, clic para aumentar
O SLG expresa a súa máis enérxica repulsa á desproporcionada violencia policial e responsabiliza da mesma ao subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra. ©M.Vila/20 minutos).
 
O Sindicato Labrego Galego remitiu un comunicado para manifestar a súa solidariedade cos traballadres e traballadoras do Metal. O SLG manifesta ademais a súa “máis enérxica repulsa” pola brutal carga policial e responsabiliza ao subdelegado do goberno polos feitos acontecidos en Vigo.


Comunicado do SLG

Santiago, 08/05/2006.

O Sindicato Labrego Galego solidarízase cos traballadores e traballadoras do metal represaliados de xeito brutal pola policía en Vigo

O Sindicato Labrego Galego expresa a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras do metal que se manifestaron hoxe (8 de maio) en Vigo para defender os seus dereitos laborais.

A maiores, o SLG expresa a súa máis enérxica repulsa á desproporcionada violencia policial e responsabiliza da mesma ao subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra.

Lidia Senra,
secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

 
 
Informacións relacionadas
08/05/2006 A Executiva Confederal da CIG manifesta a súa repulsa pola brutal e indiscriminada actuación policial en Vigo
A Executiva Confederal da CIG, en xuntanza celebrada hoxe, día 8 de maio, manifesta a súa total repulsa pola brutal e indiscriminada carga policial que se produciu en Vigo contra os traballadores do Metal en folga pola negociación do convenio colectivo
O paro do Ensino será o día 11 de maio en Vigo
Galiza Nova solidarízase coa folga do Metal e convoca xunto con CAE e CAF folga xeral no Ensino
Galiza Nova vén de remitir un comunicado no que manifesta a súa solidariedade cos traballadores afectados pola folga do metal e anuncia a convocatoria dunha folga xeral para o próximo xoves día 11 de maio, coincidindo coa convocatoria de folga en todo o sector de Metal
Unha folga longa e dura, depende
Artigo de Manuel Mera (CIG)
05/05/2006 De dilatarse o conflito, os sindicatos anuncian unha folga xeral en toda a provincia
Acórdase presentar convocatoria de folga en todo o Metal, incluído o sector do automóbil, en Pontevedra
04/05/2006 Malia os intentos de acordo non se achegan posturas coa patronal
Éxito rotundo na primeira xornada de folga do Metal da provincia de Pontevedra
03/05/2006 Afecta a 2.800 empresas e 20.000 traballadores/as desde as 0:00 horas do mércores 3 de maio
Comeza a folga indefinida no Metal de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/05/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta