|
Actualidade CIG-Comunicación-
Como nas xornadas anteriores, os traballadores do Metal estaban convocados para as once da mañá diante da Praza do Concello. Porén, desta volta as condicións eran ben distintas. A comisión negociadora, tras horas de duras negociacións, presentaba unha proposta de preacordo que debía ser ratificada polos principais afectados polos resultados da negociación: os traballadores. O retraso na chegada da comisión negociadora, que provocou que un importante número de traballadores xa non estivera na praza no momento no que chegaron co documento, as dificultades da megafonía e a tensión lóxica do momento –tras unha semana de folga e constantes mobilizacións– levou á propia asemblea a acordar que a decisión definitiva sobre o preacordo se adoptara en asemblea de traballadores nas propias empresas. Dese xeito, alén de ter o documento nas súas mans poderían debater máis demoradamente sobre o seu contido. Alén diso, acordábase manter a folga nas empresas afectadas polo convenio provincial do Metal e desconvocar a chamada á folga das empresas do sector con convenio propio, como Citroën.
BLOQUE CONTRA A PRECARIEDADE 1º. SUBCONTRATACIÓN. O réxime de subcontratación para os traballos no Sector Naval regularase nunha bolsa de emprego controlada polas representacións sindicais e empresarias (auxiliares e principais) nun único criterio de especialidade e orden de entrada na bolsa, primeiro cos traballadores das auxiliares censados en cada Asteleiro e logo nunha bolsa xeral de todo Sector. Exemplo: O primeiro traballador na súa especialidade que remate contrato no Asteleiro, será o primeiro na bolsa e polo tanto o primeiro en ser contratado por calquera das empresas. Se non existise no Asteleiro ningún traballador reclamando emprego pasarase á lista xeral do Sector. 2º. CONTRATACIÓN EVENTUAL NOS GRUPOS DE EMPRESA. Con carácter xeral para todo o Metal, a contratación nas empresas con diferentes nomes e razón social que formen parte do mesmo grupo empresarial manterá, indistintamente da duración dos contratos en cada unha delas, a antiguidade rexistrada no primeiro contrato. Esta regulación deberá servirnos a efectos de indemnización ou despedimento. 3º. PORCENTAXE MÁXIMA DE EVENTUALIDADE. Con carácter xeral para todo o Sector o 1 de xaneiro do ano 2008 a eventualidade máxima será do 50% e dicir un de cada dous traballadores ou traballadoras terá que ser indefinido. Para este ano 2006 o 35%, para o 2007 o 45%. Establécese o principio de igualdade de dereitos para os eventuais a efectos da xubilación parcial. SALARIOS Para o ano 2006 o incremento será de 800 € lineais para todas as categorías. No 2007 o IPC real do ano anterior máis 1,5%, no ano 2008 o IPC real do ano anterior máis 1%. Esta aplicación debe garantizar un incremento real para o 1º de xaneiro do ano 2008, e dicir en ano e medio, de máis de 2.200 € para todas as categorías no ano. Asemesmo un incremento aproximado no salario base de máis de 60 €/mes e de 190 €/mes dende agora ao 1ª de xaneiro do ano 2008. Como se pode ver, modificamos a tradicional forma de incremento xa que resulta máis solidario cos que menos cobran, e ademais aplícase sobre o IPC do anterior, polo que a revisión salarial é de aplicación directa e retroactiva no incremento a principios de cada ano. REVERSIÓN DAS MÚTUAS No caso dunha actuación deficiente e contraria a ao interese dos traballadores e traballadoras, a representación sindical evaluará e notificará á Comisión Paritaria no primeiro ano o seguimento de cada Mútua. De persistir as mesmas circunstancias no segundo ano, a representación sindical poderá decidir o rexeitamento da Mútua. COMPENSACIÓN IT No caso de baixa de enfermidade con hospitalización compensarase o 100 da retribución ata a alta médica ou un período máximo de 3 meses. CLASIFICACIÓN PROFESIONAL No caso de realización de traballos ou funcións correspondentes ás categorías superiores abonarase a maiores a diferencia de salario da categoría superior. No caso prestar funcións ou realizar traballos de categoría superior por un período superior a 6 meses, automaticamente o traballador ou traballadora deberá ser ascendido na categoría resultante.
As centrais sindicais comunicamos a nosa decisión de proceder a convocatoria dunha manifestación en xeral na cidade de Vigo en resposta á brutal carga policial do lúns día 8, así como solicitar a demisión do subdelegado do Goberno como responsable directo desta acción e mostrar a nosa solidariedade cos detidos e feridos deste día. En canto aos detidos neste día e liberados con cargos sen tipificar, manifestamos a nosa decisión de non permitir como sector ningunha condena que supoña nin un so día de privación de liberdade. Así como tamén responder economicamente no caso sancións deste orde.
CIG, CCOO, UGT.
|
|||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/05/2006 |
|||||||||
|