ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 5 de maio de 2006

Conferencia-debate organizada por CIG, CAF e Galiza Nova, na Faculdade de Xornalismo o luns 8 de maio ás 20:00 horas
Outro mundo posíbel constrúese en Latinoamérica
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Outro mundo posíbel constrúese en Latinoamérica, clic para aumentar
Outro mundo posíbel constrúese en Latinoamérica, cartaz do evento.
 
CIG, CAF e Galiza Nova organizan unha conferencia-debate na Faculdade de Xornalismo o próximo luns día 8 de maio, ás 20:00 horas, baixo o título “Outro mundo posíbel constrúese en Latinoamérica”. Na charla intervirán Darío L. Machado, profesor do Instituto Internacional de Periodismo José Martí de Cuba, e Rafael Uzcátegui, secretario de Organización Nacional do partido venezolano Patria Para Todos.

Darío L. Machado Rodríguez naceu en Sagua A Grande, Villaclara, Cuba. Entre os seus estudos e responsabilidades cabe salientar o seu papel como: investigador titular, membro do Consello Superior de Ciencias e membro titular da Academia de Ciencias de Cuba nos anos 1996-1998 e 1998-2002; graduado de Química Industrial en Checoslovaquia en 1966 e de licenciatura en Ciencias Políticas na Universidade da Habana en 1977; diplomado na Academia de Ciencias Sociais de Bulgaria sobre Teoría e Dirección do Proceso Ideolóxico; cursou estudos de postgrao de Filosofía, Pedagoxía e Metodoloxía de Investigación Social; membro dos consellos editoriais das revistas teóricas Cuba Socialista e Contracorriente; integrante do Grupo de Expertos do Programa de Ciencia e Técnica da Sociedade Cubana, Retos e Perspectivas; profesor titular adxunto do Instituto Internacional de Xornalismo José Martí, do Instituto Superior Adriana Corcho e da Universidade de Ciencias Informáticas; director do Centro de Estudos Sociopolíticos durante 12 anos, de 1986 a 1998; director do Centro de Estudos sobre América de 1996 a 2001; director da revista Cadernos da nosa América, de 1996 a 2001; presidiu a Comisión de Actores Sociais do Grupo de Traballo do Programa Económico para o 2000 do Ministerio de Economía e Planificación; membro da Cátedra de Estudos sobre Cuba da Universidade de Wolverhampton de Gran Bretaña; membro do Consello Nacional do Movemento Cubano pola Paz e a Soberanía dos Pobos; membro do Xurado do Premio Nacional de Ciencias Sociais en 1999 que outorgou o premio a José López Sánchez; membro da UPEC; presidiu e participou como membro de varios xurados do premio ‘Julio’ da Editora Política; preside a Cátedra de Xornalismo Científico da UPEC; é membro fundador do Consello Científico da Central de Traballadores de Cuba e membro do Consello Científico Asesor da Escola Nacional de Cadros Sindicais Lázaro Pena.

Ten publicado 11 libros, deles 5 como autor e 6 en coautoría. Entre eles: ‘Burocracia y Burocratismo’, ‘Nuestro propio camino: Análisis del proceso de rectificación en Cuba’, ‘Cuba: Ideología Revolucionaria’, ‘¿Es posible construir el socialismo en Cuba?’ (traducido ao catalán e publicado en Barcelona no 2005 e en proceso de publicación como libro de texto para o sistema educativo cubano) e ‘Los cambios en la estructura socioclasista’. Conta cunha edición electrónica e está en proceso de edición en papel pola Editora Pablo da Unión de Xornalistas de Cuba, un texto docente da súa autoría titulado ‘Curso introductorio á análise do contido ideolóxico do discurso’, verá a luz próximamente o seu libro ‘Pensar a sociedade, as ciencias sociais en Cuba’ e está traballando no título ‘A cultura política do cubano’. Actualmente traballa nun libro de varios autores coordinados polo MINED co título ‘Problemas da economía política da construción do socialismo’.

Ten publicado, ademais, máis de 70 artigos, ensaios, mesas redondas, prólogos de libros, reseñas de libros, en revistas, periódicos e publicacións especializadas de Cuba e doutros países, deles 13 na revista teórica Cuba Socialista.

Autor de máis de 90 estudos sociopolíticos, de opinión pública, de contido económico e traballos de investigación teórica, varios deles longitudinales.

Foi alfabetizador Conrado Benítez en 1961, impartiu clases de Filosofía e Historia da Filosofía na Escola superior do Partido Ñico López durante cinco anos -dous como colaborador (1977-1979) e tres no corpo docente (1979-1982)–, foi membro do Consello Científico desa institución ata a súa reestructuración en 1992. Profesor de filosofía da Filial de Cursos por Encontros do MININT durante 7 anos; impartiu clases nos 12 cursos do Colexio de Defensa Nacional desde a súa creación ata a data, nos temas de Ideoloxía da Revolución Cubana, conxuntura sociopolítica da sociedade cubana, e cultura e comunicación social; impartiu un curso de Teoría da Propaganda na Facultade de Xornalismo da Universidade da Habana, é profesor do Diplomado de Xornalismo do Instituto Internacional de Xornalismo José Martí; impartiu en 1999 un curso intensivo no Instituto de Ciencias Alejandro Lipschutz de Santiago de Chile sobre os temas de Metodoloxía da Investigación Sociopolítica, análise política e análise de contido segundo o método de Gritti, e en 2001 conduciu unha serie de talleres por invitación desa propia institución sobre o estudo da cultura política. Impartiu varios cursos de formación en investigación e análise sociopolítico invitado por CIPROS de República Dominicana. É profesor titular adxunto da Escola Nacional de Cadros Sindicais Lázaro Pena.

En 2001 impartiu un curso opcional na Universidade ARCIS de Santiago de Chile sobre o tema Cuba contemporánea. Ofreceu un seminario a profesores de Ciencias Sociais da Universidade Pública de Bilbao sobre Metodoloxía de Investigación Sociopolítica. Impartiu un curso de 18 horas sobre Actualidade económica, social e política de Cuba na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona en 2003 e un curso sobre transición socialista en Cuba na Universidade de Barcelona no 2005.

Ademais, ten impartido máis de 300 conferencias sobre os seus temas de estudo: ideoloxía da Revolución Cubana, proceso ideolóxico, eficiencia da actividade ideolóxica, conxuntura política, posición política na sociedade cubana, sistema político cubano, problemas da transición socialista, opinión pública, medios de comunicación e análise de contido ideolóxico do discurso en decenas de institucións cubanas e en institucións académicas, profesionais e sociais de Arxentina, Chile, Costa Rica, España, Italia, Holanda, Bélxica e Alemaña.

É membro do grupo Nacional para o perfeccionamento do ensino do marxismo en Cuba.

Participou en máis de 100 eventos académicos nacionais e internacionais, en Cuba e no exterior, en 51 deles como ponente, en Cuba, Venezuela, Colombia, Chile, Arxentina, Costa Rica, México, EEUU, Francia, Italia, España, Bélxica, Holanda e Alemaña.


Rafael Antonio Uzcategui naceu no ano 1947 na parroquia de Sucre, en Caracas. Da súa traxectoria cabe destacar a súa actividade política como militante e dirixente da Mocidade Comunista de Venezuela (JCV), dende 1959 ate abril de 1966. Foi, ademais, fundador e dirixente do Partido da Revolución Venezolana e Forzas Armadas da Liberación Nacional (PRV FALN), abril 1966-agosto 1985. Incorpórase ao partido político Causa Radical en 1987.

Ao producirse a división da Causa Radical en 1987, funda coa maioría dos militantes e dirixentes da organización Causa R ou partido político Patria Para Todos (PPT), do que é o secretario nacional de Organización ratificado na última Asemblea nacional do PPT en novembro de 2005.

Detido en varias oportunidades por rebelión militar.

Fúgase da prisión militar do Cuartel San Carlos, Caracas, en xaneiro de 1975. Participa na loita de Liberación en varios países de Centroamérica. É electo presidente da Xunta Parroquial San Agustín, Caracas en 1992.

Como candidato a deputado do partido político Causa R ao Congreso Nacional, foi detido en 1993, acusado dous delitos de rebelión militar. É posto en liberdade unha vez electo coma deputado nacional.

Foi reelecto en 1988, polo PPT coma deputado nacional ao extinto Congreso Bicameral de Venezuela.

Durante ou seu segundo período coma deputado, foi designado presidente da Comisión de Asuntos Veciñais do Congreso Nacional.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/05/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta