ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 24 de xuño de 2006

A CIG mobilízase contra a Reforma Laboral en Compostela
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar
A manifestación foi convocada como culminación dunha primeira fase dunha campaña iniciada con asembleas e concentracións en todas as comarcas de Galiza, para denunciar esta nova reforma laboral pactada por CCOO, UGT, CEOE e o Goberno do Estado e para denunciar “un modelo sindical, unha forma de sindicalismo contrario aos intereses da clase traballadora”. (Fotos: ©Paula Castro 23/06/2006).
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar
Delegados e delegadas da CIG de toda Galiza trasladáronse a Compostela para participar na manifestación convocada pola central sindical en contra da Reforma Laboral que entrará en vigor íntegra o próximo 1 de xullo. Os manifestantes percorreron as rúas compostelás para rematar na Praza de Praterías, onde interveu o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

A manifestación foi convocada como culminación dunha primeira fase dunha campaña iniciada con asembleas e concentracións en todas as comarcas de Galiza, para denunciar esta nova reforma laboral pactada por CCOO, UGT, CEOE e o Goberno do Estado e para denunciar “un modelo sindical, unha forma de sindicalismo contrario aos intereses da clase traballadora”, tal e como afirmou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo na súa intervención.

A respecto da actual Reforma Laboral, Seixo sinalou ademais que “favorece fundamentalmente os intereses da patronal” e explicou que afonda nas aprobadas no ano 1997 e no 2001 que supuxeron “abaratar e facilitar o despedimento, o transvase de miles de millóns de euros (17.500) ás arcas dos empresarios, sen que diminuíse a temporalidade, que era o teórico obxectivo”.

Alén diso, o secretario xeral salientou aqueles aspectos máis negativos para a clase traballadora que se introducen con esta “contrarreforma”, como a extensión dos contratos fomento da contratación indefinida, que reducen as indemnizacións a 33 días por ano traballado, a ampliación das subvencións aos empresarios, de 2 a 4 anos ou a “legalización da fraude na contratación, permitindo o encadeamento de contratos durante 24 meses nun período de 30”.

O máis preocupante para Suso Seixo é o papel xogado polas centrais sindicais CCOO e UGT. A este respecto, afirmou que “están claros os beneficios da patronal” e cuestionou “cales son os beneficios de UGT e CCOO?”. Unha pregunta á que deu resposta asegurando que “cremos que non é casual que antes deste acordo se asinase outro sobre o reparto dos fondos de Formación Continua ou mesmo a compensación feita á UGT por incautación do patrimonio histórico”.

Seixo foi aínda máis rotundo ao cuestionar este tipo de prácticas sindicais e asegurou que “as centrais sindicais estatais non están en condicións de levar adiante unha reforma deste modelo produtivo baseado na precariedade e nos baixos salarios”. Fronte a isto explicou que a CIG defende a necesidade de “mobilizarse contra a precariedade laboral como única garantía de que se adopten medidas efectivas” e lembrou o conseguido no convenio de Metal de Pontevedra, grazas as mobilizacións dos traballadores e traballadoras do sector.

O secretario xeral da CIG rematou reafirmando a necesidade dun Marco Galego de Relacións laborais con plenas competencias “se queremos ter garantías para mellorar o actual marco de relacións laborais”.

 
 NON á Reforma Laboral, SI a un Marco Galego de Relacións Laborais
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar Os manifestantes percorreron as rúas compostelás para rematar na Praza de Praterías, onde interveu o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar  
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar Suso Seixo, secretario xeral da CIG, reafirmou a necesidade dun Marco Galego de Relacións laborais con plenas competencias.
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar  
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar Seixo salientou aqueles aspectos máis negativos para a clase traballadora que se introducen con esta “contrarreforma”, como a extensión dos contratos fomento da contratación indefinida, que reducen as indemnizacións a 33 días por ano traballado, a ampliación das subvencións aos empresarios, de 2 a 4 anos ou a “legalización da fraude na contratación, permitindo o encadeamento de contratos durante 24 meses nun período de 30”.
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar  
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar O máis preocupante para Suso Seixo é o papel xogado polas centrais sindicais CCOO e UGT. A este respecto, afirmou que “están claros os beneficios da patronal” e cuestionou “cales son os beneficios de UGT e CCOO?”. Unha pregunta á que deu resposta asegurando que “cremos que non é casual que antes deste acordo se asinase outro sobre o reparto dos fondos de Formación Continua ou mesmo a compensación feita á UGT por incautación do patrimonio histórico”. (Fotos: ©Paula Castro 23/06/2006).
NON á nova ContraReforma Laboral e Social, clic para aumentar  
A CIG mobilízase contra a Reforma Laboral Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'24'', espazo en disco: 34.287.561 bytes [32,6 Mb]). Realización: Roi Ribeira.
 
 
 
Informacións relacionadas
22/06/2006 O próximo 1 de xullo entrará en vigor o RD para a súa aplicación
Manifestación nacional en Compostela contra a Reforma Laboral o venres 23 de xuño, ás 11:30 horas
16/06/2006 Contra a Reforma Laboral, concentracións da CIG en Vigo e Ferrol
14/06/2006 Unha nova reforma laboral que só favorece á patronal
A CIG edita o documento “Non á nova contrarreforma laboral e social”
13/06/2006 Manifestación nacional para 23 de xuño, con saída ás 11:30 da Alameda compostelá
Concentracións en A Coruña e A Mariña contra da Reforma Laboral
03/06/2006 Haberá mobilizacións en todas as comarcas e unha manifestación nacional a finais de xuño
Concentracións en Compostela e Lugo contra a Reforma Laboral
01/06/2006 Balanzo do “Acordo para a Mellora do Crecemento e do Emprego” asinado por CCOO, UGT, CEOE e Goberno estatal
Unha nova negociación de costas á clase traballadora
11/05/2006 Beneficia aos empresarios e non soluciona a precariedade laboral nin a temporalidade
A CIG rexeita os contidos da Reforma Laboral pactada por CCOO, UGT, patronal e goberno
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/06/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta