ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 20 de xuño de 2006

Apróbase a Proposición non de Lei do BNG de adoptar medidas para rematar co acoso laboral en Dozón
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Contra a represión no Concello de Dozón, clic para aumentar
Blanco Parga describiu a situación de Ana Lois Navaza “confinada nun espazo de dous metros, ten prohibido o acceso ao resto de dependencias municipais e ao fax, non se lle permite atender ningunha chamada, e non se lle asigna ningún traballo, a pesar de telo solicitado en numerosas ocasións, ao tempo que os empregados e empregadas do Concello teñen orde expresa de non se dirixir a ela”. (Foto: ©galizacig.com 30/01/2006).
 
O portavoz de Emprego do Grupo Parlamentar do BNG, Fernando Blanco Parga, defendeu na Comisión Quinta do Parlamento, o pasado 23 de xuño, unha Proposición non de Lei, que foi aprobada cos votos a favor dos grupos que sustentan o Goberno. Na proposición ínstase ao Goberno galego a que adopte “cantas medidas estean ao seu alcance para rematar, de xeito inmediato, co asedio moral de que é obxecto unha traballadora por parte do alcalde de Dozón”.

O parlamentar relatou a historia deste proceso que comezou no ano 1999, cando a traballadora se presentou ás eleccións municipais na lista do BNG. Isto, tal e como lembrou o deputado, “non é unha opinión, senón un feito refrendado por máis de vinte sentenzas xudiciais, que están sen executar, a favor da traballadora que relacionan o inicio do acoso co momento en que se presentou como candidata en Dozón”.

Blanco Parga describiu a situación de Ana Lois Navaza “confinada nun espazo de dous metros, ten prohibido o acceso ao resto de dependencias municipais e ao fax, non se lle permite atender ningunha chamada, e non se lle asigna ningún traballo, a pesar de telo solicitado en numerosas ocasións, ao tempo que os empregados e empregadas do Concello teñen orde expresa de non se dirixir a ela”.

Como consecuencia desta situación, a traballadora padece un desequilibrio psíquico e está a ser atendida no hospital de Conxo dende o ano 2002 con numerosos síntomas relacionados co seu problema psíquico.

O portavoz de emprego lembrou que esta situación e a actitude do alcalde están “a lesionar os dereitos básicos da persoa” e insistiu na “gravidade” deste caso, sobre o que opinou que, “non creo e espero que non exista ningún semellante no noso país”.

O texto aprobado insta ao Goberno a requirir do Concello que anule as resolucións adoptadas contra a traballadora e a emprender reformas legais “para perseguir o asedio moral no traballo e a protección efectiva das vítimas, introducindo na lexislación funcionarial a posibilidade de cambio de posto de traballo por motivos de saúde”.

A Proposición non de Lei insta tamén a que o Goberno español adopte medidas legais e administrativas de loita contra o acoso moral no traballo, “tanto no eido privado, como no público”.

 
 
Informacións relacionadas
20/06/2006 Demanda que Núñez Feijoo actúe contra o alcalde tras a sentenza que fala de “conduta voluntaria de provocar dano na traballadora”
A CIG solicita do bipartito interveña no Concello de Dozón polo caso de acoso moral continuado a Ana Lois Navaza
02/02/2006 Ana Lois Navaza, delegada sindical da CIG no Concello de Dozón
“A miña alta forzosa é a neglixencia máis grande que se pode permitir unha administración pública”
Entrevista de Paula Castro (CIG)
31/01/2006 Demandan a inhabilitación de Adolfo Campos polo seu comportamento antidemocrático
Delegados da CIG exixen ao alcalde de Dozón que remate co acoso laboral aos afiliados e á delegada da central
26/01/2006 Concentración diante da Casa do Concello o luns 30 de xaneiro
Máis de 30 sentenzas condean ao alcalde de Dozón por actuacións caciquís contra os traballadores
29/11/2005 Entrevista
Ana Lois Navaza: “Na administración pública é onde se manifesta con maior crueza o acoso moral”
30/07/2005 A CIG demanda a inhabilitación de Adolfo Campos Panadeiro, alcalde da vila
Sentenciado o Concello de Dozón a indemnizar con 6.000 euros a Ana Lois Navaza por acoso moral
16/09/2003 A CIG exixe que o PP obrigue ao alcalde de Dozón a cumprir a lei e cese o acoso contra Ana Lois
26/02/2002 Entrevista a Ana Lois, delegada da CIG no Concello de Dozón
“Esta é unha guerra de resisténcia na que a CIG e os traballadores vencerán”
13/04/2001 Seguen as falcatruadas do alcalde de Dozón contra as/os traballadoras/es do Concello e a delegada sindical
O alcalde de Dozón prestou declaración nos xulgados de Lalín por unha demanda penal interposta pola Delegada Sindical da CIG-Administración
05/12/2000 Pola dignidade laboral no Concello de Dozón
02/12/2000 Máis de 700 persoas maniféstanse en Lalín en apoio dos traballadores/as do Concello de Dozón e contra a actitude autoritaria do alcalde
29/11/2000 Manifestación en apoio aos/as traballadores/as do Concello de Dozón, o 1 de decembro en Lalín
08/11/2000 A CIG logra a novena resolución xudicial favorábel aos funcionários e contra o alcalde de Dozón
25/10/2000 O Secretariado Confederal da CIG celebrou en Dozón unha reunión contra a persecución sindical
27/09/2000 Funcionarios mirando á parede
17/06/2000 O alcalde do PP en Dozón pisotea sistematicamente os direitos fundamentais de cinco dos sete funcionários da alcaldia
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/06/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta