|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os 150 delegados e delegadas da CIG que participaron na asemblea convocada pola Unión Comarcal de Compostela manifestaron unanimemente a súa oposición á Reforma Laboral logo de analizar polo miúdo os seus contidos. Ao remate da asemblea, dirixíronse á Praza de Galiza onde despregaron preto de 100 metros de pancartas coas que rodearon a praza, nas que se podían ler lemas alusivos ás graves repercusións que terá para a clase traballadora e para o país esta reforma. Entre outros, recollíanse lemas como: “Con esta reforma laboral os nosos traballos son cada vez máis precarios”, “A máis reforma menos dereitos”, “Non a reforma laboral. Traballo con dereitos”, “Reforma laboral igual a máis precariedade” ou “Subvenciona empresarios e precariza os traballos”. Os traballadores e traballadoras repartiron, durante o tempo no que durou a concentración, uns 3.000 panfletos nos que se explica o alcance da reforma e as repercusións que terá para a clase traballadora. Do mesmo xeito, en Lugo celebraron unha asemblea no local do sindicato, na que participaron uns 75 delegados e delegadas. Tras manifestar o seu rexeitamento á Reforma Laboral trasladáronse até a Subdelegación do Goberno onde se concentraron unhas 300 persoas. Os concentrados corearon consignas en contra desta “contrarreforma” e tamén repartiron panfletos explicativos.
As concentracións de Compostela e Lugo son as primeiras dunha serie de concentracións que se celebrarán en todo o país, tal e como acordou o Consello Confederal da CIG, para manifestar a oposición da central aos contidos regresivos da Reforma Laboral. As concentracións son, ademais, antesala dunha manifestación nacional que terá lugar a finais de xuño. Próximas asembleas de delegados e concentracións:
|
|||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 03/06/2006 |
|||||||
|