ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 17 de xuño de 2006

Continúa a campaña contra a presión laboral en Caixa Galicia con concentracións e manifestación en Lugo
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Caixa Galicia Lugo, clic para aumentar
Ante a falta de avances o día 15, tal e como estaba anunciado, a Sección Sindical concentrouse ante a Oficina Principal da Caixa en Lugo, nunha mobilización máis ruidosa que a do pasado día 8 en Compostela.
Caixa Galicia Lugo, clic para aumentar
Fíxose despois unha Asemblea no patio da Oficina para explicar ao persoal e á clientela os motivos da concentración, entre un gran despregue de medios de comunicación.
Caixa Galicia Lugo, clic para aumentar
Posteriormente ao berro de “Na Caixa Galicia hai explotación”, os delegados e delegadas da CIG percorreron as rúas de Lugo en manifestación até a Urbana 5, onde se levou a cabo unha nova concentración. (Fotos: ©galizacig.com 15/06/2006).
Caixa Galicia Lugo, clic para aumentar
 
Ás 11 da mañá do xoves día 15 de xuño delegados e delegadas da CIG de todos os comités de empresa galegos de Caixa Galicia concentrábanse ante a Oficina Principal de Lugo e, posteriormente, percorreron as rúas da cidade en manifestación ata a Urbana 5.

O pasado día 13, a CIG mantivo unha reunión monográfica sobre a presión coa Dirección desta Caixa. A empresa recoñeceu que hai un problema de formas na relación co persoal, pero que a presión laboral non vai cesar. Dende a CIG quedou claro que é un problema de formas, pero tamén de fondo e que se non hai un compromiso firme contra a presión continuarán as mobilizacións por toda Galiza.

Ante a falta de avances o día 15, tal e como estaba anunciado, a Sección Sindical concentrouse ante a Oficina Principal da Caixa en Lugo, nunha mobilización máis ruidosa que a do pasado día 8 en Compostela.

As persoas alí concentradas corearon diversos lemas contra a presión que xa se puideron escoitar en Compostela, pero engadindo novos como: “Na Caixa Galicia hai explotación”; “Rivero dimisión” (Julio Rivero é o director comercial para Galiza); ou o que máis gustou aos asistentes: “Os fillos de Méndez non sofren presión” en relación aos fillos do director xeral que ocupan altos cargos nesta Caixa de Aforros.

Fíxose despois unha Asemblea no patio da Oficina para explicar ao persoal e á clientela os motivos da concentración, entre un gran despregue de medios de comunicación.

Posteriormente ao berro de “Na Caixa Galicia hai explotación”, os delegados e delegadas da CIG percorreron as rúas de Lugo en manifestación até a Urbana 5, onde se levou a cabo unha nova concentración.

Por último e como aspecto negativo, destacar que como xa acontecera en Compostela con motivo da concentración do día 8, houbo un inusitado despregue de seguridade privada, pero tamén das forzas de seguridade do Estado.

Dende a Sección Sindical da CIG denuncian que “a Dirección de Caixa Galicia considera máis perigosos aos representantes dos traballadores e traballadoras que aos atracadores”, e lembran que “un dos motivos da protesta é a retirada unilateral de medidas de seguridade anti-atracos por orden da Dirección Comercial”.

 
 
Informacións relacionadas
09/06/2006 Contra a presión laboral da Dirección aos traballadores/as e a reclasificación dos administrativos en comerciais
A Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia inicia un proceso de mobilizacións
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/06/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta