|
Actualidade CIG-Comunicación-
Nas súas respostas, Darío Machado analiza as repercusións do período especial en Cuba, despois da queda da Unión Soviética, ¿cales foron as medidas que se tomaron para enfrontalo e superalo? ¿como afectou esto á povoación cubana? Xa en referencia ao intre actual, Machado fálanos sobre a construción constante do socialismo, o papel da mocidade, que acontecerá despois da desaparición de Fidel, e porque se opón Cuba ao ALCA. Naceu en Sagua A Grande, Villaclara, Cuba. Entre os seus estudos e responsabilidades cabe salientar o seu papel como: investigador titular, membro do Consello Superior de Ciencias e membro titular da Academia de Ciencias de Cuba nos anos 1996-1998 e 1998-2002; graduado de Química Industrial en Checoslovaquia en 1966 e de licenciatura en Ciencias Políticas na Universidade da Habana en 1977; diplomado na Academia de Ciencias Sociais de Bulgaria sobre Teoría e Dirección do Proceso Ideolóxico; cursou estudos de postgrao de Filosofía, Pedagoxía e Metodoloxía de Investigación Social; membro dos consellos editoriais das revistas teóricas Cuba Socialista e Contracorriente; integrante do Grupo de Expertos do Programa de Ciencia e Técnica da Sociedade Cubana, Retos e Perspectivas; profesor titular adxunto do Instituto Internacional de Xornalismo José Martí, do Instituto Superior Adriana Corcho e da Universidade de Ciencias Informáticas; director do Centro de Estudos Sociopolíticos durante 12 anos, de 1986 a 1998; director do Centro de Estudos sobre América de 1996 a 2001; director da revista Cadernos da nosa América, de 1996 a 2001; presidiu a Comisión de Actores Sociais do Grupo de Traballo do Programa Económico para o 2000 do Ministerio de Economía e Planificación; membro da Cátedra de Estudos sobre Cuba da Universidade de Wolverhampton de Gran Bretaña; membro do Consello Nacional do Movemento Cubano pola Paz e a Soberanía dos Pobos; membro do Xurado do Premio Nacional de Ciencias Sociais en 1999 que outorgou o premio a José López Sánchez; membro da UPEC; presidiu e participou como membro de varios xurados do premio ‘Julio’ da Editora Política; preside a Cátedra de Xornalismo Científico da UPEC; é membro fundador do Consello Científico da Central de Traballadores de Cuba e membro do Consello Científico Asesor da Escola Nacional de Cadros Sindicais Lázaro Peña. |
|||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 12/06/2006 |
|||||||||
|