|
Actualidade CIG-Comunicación-
A partir do próximo día 1 de xullo entrará en vigor o texto íntegro do “Real Decreto Lei para a mellora do crecemento e do emprego”, como eufemisticamente se deu en denominar á contrarreforma laboral pactada polos sindicatos españois CCOO e UGT coa patronal e o goberno do Estado. O RD foi xa publicado no BOE do pasado 14 de xuño e, polo momento só entrou en vigor, ao día seguinte da súa publicación o capítulo II, onde se regulan as modificacións que haberá que realizar na lexislación laboral en materias como contratación temporal, prestacións do Fondo de Garantía Salarial, subcontratacións de obras e servizos e cesión de traballadores. Deste xeito, imponse unha nova reforma laboral, pactada en secreto e á marxe dos directamente afectados, as traballadoras e traballadores, que terá graves repercusións para a clase traballadora galega. Repercusións das que a CIG xa viña advertindo antes da súa sinatura definitiva e que non solucionarán os problemas do mercado laboral, como non os solucionaron tampouco as reformas anteriores. Desde a sinatura do acordo até o de agora, a CIG, alén de manifestar publicamente a súa posición en contra desta reforma, organizou unha campaña que se desenvolveu durante o presente mes de xuño, con asembleas de traballadores, para explicar polo miúdo o alcance da reforma, coa distribución de trípticos explicativos e coa convocatoria de concentracións nas distintas comarcas. Campaña que culmina coa manifestación convocada en Compostela. |
||||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2006 |
||||||||||||||||||
|