ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 19 de xuño de 2006

Presentaron alegacións á Instrutora do Expediente de Responsabilidade Patrimonial
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior responsabiliza ao PSOE da falta de solucións

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Obras Porto Exterior de A Coruña, clic para aumentar
Porén, o colectivo de afectados non cuestiona a necesidade de construír un novo Porto para a cidade de A Coruña, pero si subliñan que esta obra pública ten provocado a desaparición da pesca e marisqueo nesa concreta zona do litoral, recoñecida pola Administración cun pronunciamento ao respecto da propia Consellaría de Pesca.
 
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña vén de presentar alegacións para solicitar que se actúe con “criterio voluntarista, con racionalidade e bo sentido” para darlle unha solución inmediata ás demandas de indemnización presentadas. Os afectados lembran que a propia Declaración de Impacto Ambiental recoñece as repercusións das obras e que a Administración tamén avala a súa demanda e responsabilizan ao PSOE do atraso na adopción de medidas que solucionen a situación.

Os afectados alegan que todos son posuidores de permisos de explotación para exercer a pesca e o marisqueo, permisos expedidos e avalados pola Consellaría de Pesca e que está previsto que cando o Goberno acorda e aproba unha obra de intereses xeral que poida dar lugar á responsabilidade patrimonial do Estado está establecido o “dereito dos particulares a ser indemnizados de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que a lesión sexa consecuencia da adopción de medidas non fiscalizábeis na vía contenciosa”.

Alén diso, nas alegacións matizan que a Lei de Expropiación forzosa e a de Réxime Xurídico da Administración do Estado abranguen a lesións en “calquera dos bens e dereitos consecuencia do funcionamento de referidos servizos públicos” sempre que o dano alegado polos particulares sexa “efectivo, avaliábel economicamente e individualizado con relación a unha persoa ou grupo de persoas”.

Canto á avaliación económica incorporan o informe elaborado polo Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e de recursos Naturais da Universidade de Santiago de Compostela, no que con sumo detalle, precisión e técnica se bosquexa tanto a orixe da lesión producida, os danos e prexuízos causados como a cuantificación destes.

Porén, o colectivo de afectados non cuestiona a necesidade de construír un novo Porto para a cidade de A Coruña, pero si subliñan que esta obra pública ten provocado a desaparición da pesca e marisqueo nesa concreta zona do litoral, recoñecida pola Administración cun pronunciamento ao respecto da propia Consellaría de Pesca.

Unhas repercusións que xa estaban estimadas mesmo na Declaración de Impacto Ambiental que di textualmente que estas novas instalacións “producirán unha perda de ingresos e de emprego na actividade pesqueira e marisqueira, debido á redución da área dedicada a esta actividade”.

Paulo Carril, portavoz do colectivo e secretario comarcal da CIG de A Coruña lembra que “estamos, polo tanto ante unha reivindicación obxectiva e con causa, cunha cuantificación ou determinación de danos que non se fundan en meras expectativas”.

Carril engade que, por outra banda, “está máis que constatada a desaparición física dunha zona de traballo de cuxa explotación teñen como único medio de vida” o colectivo de afectados.

O portavoz do colectivo demanda tamén da Instrutora do Expediente de Responsabilidade Patrimonial que non se prolongue máis o expediente e que se chegue a un acordo consensuado “cifrando nunha cantidade a indemnización que poida cubrir todos os conceptos que se estiman indemnizábeis de cada un deles” e engade que “con iso tamén cesaría a protesta e conflitividade que iso está xerando, zanxando esta demanda en vía administrativa”.

 
 
Informacións relacionadas
11/04/2006 O novo alcalde non os recibiu e votou contra a iniciativa aprobada no Parlamento
Os afectados polas Obras do Porto Exterior de A Coruña critican a actitude continuísta de Losada
24/03/2006 Ínstase a que o Goberno español e a Autoridade Portuaria procedan de forma urxente ao pagamento das indemnizacións
O Parlamento de Galiza aproba apoiar as reclamacións dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
27/01/2006 Conseguido o seu obxectivo, poñen fin ao peche na Delegación Provincial
Os afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña serán recibidos pola conselleira de Pesca
03/11/2005 Levan meses agardando resposta as súas demandas
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña urxen unha xuntanza co presidente da Autoridade Portuaria
29/07/2005 A CIG demanda medios suficientes para atopar o corpo do traballador falecido no Porto Exterior
28/07/2005 CIG-Construción propón a CCOO e UGT denunciar ante a Inspección a morte do traballador do Porto Exterior
23/07/2005 Considera que a falta de prevención causou a morte do traballador o martes 19 de xullo
A CIG denuncia ás empresas encargadas das obras do Porto Exterior de A Coruña
22/07/2005 O sindicato presentará denuncia diante da Inspección de Traballo
Solidariedade da CIG coa familia do traballador finado en accidente de traballo nas obras do Porto Exterior
16/06/2005 Pecháronse nas dependencias da Consellaría de Pesca e fixeron unha pitada
Sonora protesta dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
26/05/2005 Afectados polas obras do Porto Exterior
Mariscadores, percebeiros e barcos de baixura siguen faenando malia iniciarse as voladuras
19/05/2005 As perdas ascenden a 27,6 millóns de euros
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior reúnese co presidente da Autoridade Portuaria
10/05/2005 O venres 13 de maio celebrarán unha asemblea xeral para avaliar a situación
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña adoptarán medidas ante o silencio das autoridades
30/03/2005 CIG e colectivos de afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan indemnizacións
26/02/2005 Os afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan diálogo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta