|
Actualidade CIG-Comunicación-
Emprego 1. Mellora do Servizo Público de Emprego. 2. Eliminación subvencións xeneralizadas á contratación. 3. Incremento das intervencións da Inspección de Traballo na persecución do fraude na contratación. 4. Creación dun observatorio permanente do mercado de traballo: creación de dispositivos de recollida sistemática de información relativa a marcha en xeral do mercado laboral, actividade das empresas e sectores produtivos nas distintas comarcas e necesidades formativas. 5. Defensa do principio de causalidade na contratación temporal. Formación 1. Posta en marcha dunha ampla oferta formativa integrada (ocupacional e continua) vinculada ao Catálago Estatal de Cualificacións. Creación dunha Rede Galega de Centros Integrados destes dous subsistemas. 2. Racionalización e planificación da oferta formativa de FP evitando duplicidades e solapamentos innecesarios, programando a mesma en función dunha análise real de necesidades de cualificación, presentes e futuras, dos nosos sectores produtivos e das nosas comarcas. Saúde laboral 1. Creación do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. 2. Incremento da acción inspectora e sancionadora da Administración na vixilancia do cumprimento da lei de prevención por parte das empresas. 3. Cobertura das baixas médicas por parte do SERGAS ante as altas indebidas, por accidente laboral, dadas polas Mútuas. De carácter xeral 1. Tranferencia da formación continua. 2. Transferencia das inspeccións de traballo. 3. Creación de unidades de recaudación executivas que garantan o cobro das sancións aos empresarios. 4. Políticas de igualdade frente a discriminación laboral das mulleres.
5. Creación do salario de inserción laboral. 6. Creación do Instituto Galego de Emprego e Formación. Participación institucional 1. Lei de Participación Institucional. 2. Modificación da Lei de Creación do CES. 3. Modificación da Lei de Creación do CGRL. Negociación colectiva 1. Prevalencia do ámbeto galego de negociación sobre o ámbeto estatal. 2. Unificación de subsectores en convenios únicos de sector. 3. Acordo marco para impulsar os convenios de ámbeto galego en todos os sectores. Competencias 1. Capacidade lexislativa en materia de: cualificación profesional, desenvolvemento normativo da negociación colectiva, prevención de riscos e saúde no traballo, emprego, enfermedades profesionais, Mútuas de accidentes laborais. 2. Transferencia da Inspección de Traballo, Formación continua, Emprego ( políticas activas e pasivas) e Seguridade social. 1. Plan industrial coas lineas mestras e medidas de apoio aos sectores productivos extratéxicos nos que ten que basear Galiza o seu desenvolvemento industrial : agrogandeiro, forestal, pesqueiro, conserveiro, téxtil, naval, enerxético, agroalimentario, automoción... 2. Plan de desenvolvemento rural: medidas de apoio ao sector agrícola, forestal e agrogandeiro. Constitución do GRUPO LÁCTEO GALEGO. Aproveitar o mato para coxeración de enerxía e calor. Potenciar unha política de recuperación, conservación e protección da natureza e o reciclado de desperdicios. Dotación de todo tipo de servizos ao rural galego. Ordenación do monte, para aumentar a súa produtividade. Axudas para a modernización dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira. 3. Sector pesqueiro: exixir da Unión Europea o peche de acordos pesqueiros con terceiros países. Implantación dun Plan Integral dos Caladoiros do litoral, rías e bancos naturais de marisqueo, no que se contemplen, de acordo co sector, paradas biolóxicas subvencionadas, recuperación do litoral e bancos marisqueiros afectados polos recheos, depuración de todos os residuos urbanos e industriais, creación de sementeiros (hatcheries) de carácter publico que permitan que as mariscadoras poidan aceder a este servizo que actualmente está en mans privadas (estranxeiras). Mantemento e potenciación dos centros de control do medio mariño, preservando o seu carácter público. Potenciación da acuicultura, así como modernización e impulso dos sistemas de transformación, comercialización e distribución. 4. Creación dun Sector Público Empresarial Galego (Instituto da Empresa Pública Galega) constituído coa transferencia das empresas públicas existentes en Galiza. Participación da Xunta en novos proxectos industriais vitais para o país, como por exemplo na transformación láctea, redes de comercialización, etc. Buscar alternativas ás empresas en crise. 5. Sector naval: son necesarias cando menos as seguintes medidas.
6. Apoio á cultura e á lingua galega, así como ás actividades relacionadas coa información, lecer ou deporte. Son unha fonte importante de emprego, xa que cada vez hai un maior consumo deste tipo de actividades e produtos. Pensemos por exemplo no caso concreto da nosa cultura e lingua que a súa utilización xera milleiros de postos de traballo (na televisión, radio, cinema, teatro, música, medios audiovisuais, publicacións escritas, internet, pintura, artes plásticas, artesanía, etc.), que se perden cando se consumen producións foráneas. A CRTG debe ser un elemento básico desde o que pular polo desenvolvemento da cultura e lingua galega; mesmo habería que impulsar unha canle temática dirixida en exclusiva a temas culturais e á formación. Cómpre na TV fortalecer a produción propia. 7. Aumento dos fondos públicos dedicados a I+D+i, priorizando proxectos que potencien a produción, transformación e comercialización de produtos do país. As axudas a empresas deben ir única e exclusivamente a subvencionar custos laborais dos deparamentos de I+D da pequena e mediana empresa, excluíndo as participadas, maioritariamente, por grandes empresas, así como o persoal de alta dirección. 8. Redifinición da sede de centros tecnolóxicos. 1. Traspaso de competencias do Estado a Galiza en materia de infraestruturas e servizos básicos, con propostas concretas de orzamento, condicións técnicas e prazos de execución. 2. Infraestruturas e servizos básicos.
3. A xestión da auga e da enerxía.
4. Política de conciliación entre desenvolvemento e medio ambiente.
5. Ordenación do territorio de Galiza.
Renda de Integración Social (RISGA) 1. Incrementar a súa contía até o 100% de SMI. Flexibilizar os requisitos de acceso. 2. Plan global de inclusión. Dotación orzamentaria suficiente para levar a cabo o devandito plan. Compromiso de cada consellaría en actuacións concretas na loita contra a exclusión social, sobre todo a Consellaría de Educación no tema de educación de adultos. Servizos socio-sanitarios 3. Aumento das prazas públicas en residencias e centros de día para persoas dependentes, con horario adaptado ás necesidades laborais dos usuarios, así como o servizo de asistencia a domicilio. Destinar a este fin os recursos actuais do cheque asistencial. 4. Aumento de centros públicos para atención
e reinserción social e laboral de persoas con problemas de adicción e colectivos con risco de exclusión. 5. Impulsar a construción de vivendas sociais, co fin de facilitar o acceso da mocidade e as familias con menos capacidade adquisitiva a unha vivenda propia. 6. Dotación dun cupo de vivendas de protección autonómica para adicar a pisos tutelados que alberguen a vítimas de violencia de xénero, situacións de marxinación e falla de recursos. Emigración e inmigración 7. Actuacións que faciliten a integración das persoas inmigrantes e retornadas na sociedade (cursos de galego, coñecemento do medio, historia, cultura, temas laborais...). 8. Darlles aos inmigrantes retornados esta condición cando viviron fóra un mínimo de 5 anos como emigrantes. Ao chegaren, dispor dunha achega económica durante 18 meses igual ao SMI. Consideraranse emigrantes retornados durante un período de catro anos dende o seu retorno. Medidas de integración e igualdade 1. Dotación orzamentaria para a aplicación da lei de igualdade en materia de conciliación da vida laboral e familiar. 2. Ampliar o número de escolas infantís públicas. Garantir a dotación dos servizos complementarios: comedores e transporte escolar gratuítos nos centros públicos, ampliación do horario dos centros de atención á infancia e á terceira idade, coidadores nos buses escolares... 3. Priorizar na selección do alumnado para cursos de formación ocupacional ás persoas perceptoras da RISGA e outros colectivos desfavorecidos (mulleres maltratadas, discapacidatados...). Promover a participación das mulleres en cursos de formación en profesións masculinizadas e nas que estiveron tradicionalmente subrepresentadas. Garantir que a formación profesional se faga dentro da xornada laboral, co fin de non prexudicar as empregadas con cargas familiares. 4. Promover a utilización do indicador de monomarentalidade e monoparentalidade para as baremacións e criterios das administracións públicas galegas (vivenda, escolas infantís, axudas económicas...). 5. Reforma do actual marco xurídico das empregadas de fogar, que implique cando menos a súa incorporación ao Réxime Xeral da Seguridade Social. 6. Permiso de paternidade obrigatorio. 7. Modificación do texto refundido da Lei Xeral de Seguridade Social co obxectivo de rebaixar a 90 días o período de carencia para ter dereito á prestación por maternidade e ampliar a baixa por maternidade ate 1 ano de duración. 1. Fixación, por parte da Xunta de Galiza, en todos os pregos de condicións dos concursos administrativos, dunha taxa mínima de traballadores/as con contratos estábeis a todas aquelas empresas que queiran concorrer, valorando especificamente o grao de eventualidade para a decisión final. Nos procedementos de libre designación non será posíbel a concesión a aquelas empresas que non teñan unha taxa de estabilidade igual ou superior á media de Galiza. 2. Inclusión da cláusula de subrogación do persoal en todos os pregos de condicións para contratas de servizos. 3. A Xunta de Galiza dará estabilidade aos programas que financia das administracións locais, para combater a precariedade a que están sometidos estes traballadores/as (pacto local). 4. Tomaranse as medidas necesarias para converter en estábel o emprego inestábel e temporal, nas Administracións Públicas. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/06/2006 |
||||
|