ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 12 de xullo de 2006

Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Rotopala na mina de lignito de Endesa en As Pontes, clic para aumentar
Para a CIG é imprescindíbel que exista un compromiso por parte das empresas de cara a garantir un acordo de incorporación dos traballadores das Empresas Auxiliares a Limeisa e Endesa, de acordo ao mínimo de catro incorporacións por cada nove baixas. (Foto: Rotopala na mina de lignito de Endesa en As Pontes).
 
A CIG vén de presentar o preaviso de folga na totalidade das empresas que realizan operacións auxiliares nos centros de traballo das minas de lignito pardo galegas de Limeisa, en Cerceda, e Endesa As Pontes. Unha folga que se convoca diante da situación de crise creada nas Mesas da Industria Auxiliar da Minaría do Carbón, logo de que non se chegara a ningún compromiso nas xuntanzas celebradas.

A folga convócase desde as 23:00 horas do 19 de xullo, até as 24:00 horas do 20 de xullo, 25 horas, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27 de xullo (49 horas).

Para a CIG é imprescindíbel que exista un compromiso por parte das empresas de cara a garantir un acordo de incorporación dos traballadores das Empresas Auxiliares a Limeisa e Endesa, de acordo ao mínimo de catro incorporacións por cada nove baixas.

Xunto a iso, é necesario que se elabore un plano de Recolocacións no Grupo de Empresas de Endesa e Fenosa, nas empresas xa instaladas ou que se vaian instalar nos concellos afectados, para todo o persoal que non reúna os requisitos do Plano Miner II, para acceder ás prexubilacións.

Ademais, demándase un compromiso por parte de todas as empresas principais e auxiliares de non extinguir os contratos de traballo de ningún traballador da industria auxiliar antes do 31 de decembro de 2007.

 
 
Informacións relacionadas
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/07/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta