ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 9 de xullo de 2006

Nova mobilización da CIG en Caixa Galicia contra a presión
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Caixa Galicia Vigo, clic para aumentar
Ao longo dos últimos meses o persoal de Caixa Galicia está sendo obrigado e presionado para vender produtos non financeiros (motos, teles, etc), incluso fóra da xornada laboral en postos instalados en grandes centros comerciais.
Caixa Galicia Vigo, clic para aumentar
Caixa Galicia Vigo, clic para aumentar
Caixa Galicia Vigo, clic para aumentar
Música tradicional galega, un charlatán de feira parodiando a política comercial da Caixa ofrecendo motos, teles ou traballadores/as a prezo de saldo. Tamén instalaron unha moto con carteis de “se vende” co teléfono da centraliña da Caixa e o nome do director comercial. (Fotos: ©galizacig.com 06/07/2006).
Caixa Galicia Vigo, clic para aumentar
 
Música tradicional, un charlatán de feira parodiando a política comercial da empresa, coa chegada do verano o ton das protestas de Caixa Galicia convértese en lúdico malia que reivindicativo. Se querían chamar a atención conseguírono: a mobilización da Sección Sindical de Caixa Galicia do día 6 de xullo diante da Oficina Principal desta caixa en Vigo, foi a máis vistosa das feitas ata o día de hoxe e chamou a atención da cidadanía e turistas presentes na cidade.

Música tradicional galega, un charlatán de feira parodiando a política comercial da Caixa ofrecendo motos, teles ou traballadores/as a prezo de saldo. Tamén instalaron unha moto con carteis de “se vende” co teléfono da centraliña da Caixa e o nome do director comercial.

Ao longo dos últimos meses o persoal desta Caixa de Aforros está sendo obrigado e presionado para vender produtos non financeiros (motos, teles, etc), incluso fóra da xornada laboral en postos instalados en grandes centros comerciais, de aí o senso da parodia.

O novo modelo de organización do traballo está sendo imposto pola empresa ao abeiro do Convenio Colectivo de Aforro para os anos 2003-2006. Neste acordo, os sindicatos estatais consentiron que fora introducida a mobilidade funcional sen ningún tipo de limitacións e sen que as empresas admitan negociar un catálogo de postos. No mesmo convenio asinado por CCOO, UGT e CSICA, creouse un só grupo profesional que agrupa a todo o persoal de operacións financeiras. Este marco é superior ao existente na Banca Privada e está sendo utilizado polas empresas para implantar agresivas políticas laborais e comerciais.

O artigo 17 do Convenio Colectivo recolle que o persoal poderá ser adscrito, incluso de xeito simultáneo, á realización de calquera función financeira, e está sendo aplicado ao pé da letra pola Dirección da empresa, asignando ao persoal varios traballos que deben ser realizados ao mesmo tempo. Así, o persoal que atende operacións en Caixa está sendo obrigado a realizar funcións comerciais ao mesmo tempo. Se a esta situación unimos a falta de persoal nas oficinas e as colas de clientes, a carga de traballo acada límites insoportábeis traducíndose no incumprimento da xornada pactada.

Na procura dos 300 millóns de euros de beneficios previstos para este ano, a empresa está implantando unha agresiva política de presión sobre o persoal apoderado que semella non ter límites. Dentro desa nova política os ceses e traslados de apoderados/as con máis de 50 anos de idade están sendo habituais, e en todos os casos a empresa alega que non dan o perfil requirido, malia ter demostrado a súa profesionalidade ao longo da súa traxectoria como empregados/as. A CIG denuncia que estes ceses e traslados por razóns de idade son discriminatorios, lembrando ao mesmo tempo que a idade dos altos directivos da empresa supera amplamente este límite e semella que eles si dan o perfil.

 
 
Informacións relacionadas
17/06/2006 Continúa a campaña contra a presión laboral en Caixa Galicia con concentracións e manifestación en Lugo
09/06/2006 Contra a presión laboral da Dirección aos traballadores/as e a reclasificación dos administrativos en comerciais
A Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia inicia un proceso de mobilizacións
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/07/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta