|
Actualidade CIG-Comunicación-
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG de A Coruña denuncia o grave silencio e irresponsábel comportamento destas empresas, que ao seu entender, queda constatada pola nula vontade de asumir os compromisos necesarios para afrontar as consecuencias sociais, económicas e medioambientais nestas comarcas e en Galiza. “Non lles abondou con se enriquecer cos millonarios beneficios da explotación dos recursos mineiros galegos, con apropiarse dos beneficios da produción enerxética das Centrais Térmicas, senón que agora negan o futuro dos traballadores das auxiliares do carbón galegos”, afirma. Carril cuestiónase por que Endesa e Limeisa gardan silencio, que compromisos reais, concretos e palpábeis van asumir estas empresas cos traballadores das auxiliares e cal é a razón de non asinar esta Proposta de Acordo das Mesas auxiliares. A CIG lamenta ademais o papel de UGT e CCOO, por terse esquecido dos traballadores das auxiliares cando negociaron e asinaron o Plano Miner II, prometeron, hai 9 meses as incorporacións-prexubilacións e as recolocacións en Endesa e Limeisa, pero agora calan e néganse a asinar a Proposta de Acordo mentres que os traballadores das auxiliares seguen sen solución de incorporacións á empresa princial, as prexubilacións e as recolocacións. O secretario comarcal da CIG de A Coruña manifesta ademais as súas dúbidas a respecto das razóns polas que manteñen esta postura e non a da mobilización para acadar este compromiso con Endesa e con Limeisa e, sobre todo, polas razóns polas que non aproveitan para corrixir o que non negociaron para os traballadores galegos no Plano Miner II e si para os traballadores das auxliares das minas de carbón do Estado español. |
|||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/07/2006 |
|||||||||||||||
|