|
Actualidade CIG-Comunicación-
CIG-Metal considera que a mina de Serrabal constitúe unha empresa de grande importancia e riqueza para o noso país, xa que dela se extraen minerais de altísima calidade (silicio solar), que están a servir para desenvolver proxectos pioneiros en canto a I+D+i. CIG-Metal contempla a opción da aprobación dunha variante sobre o actual trazado do tren de alta velocidade que leve consigo a plena viabilidade da explotación mineira como garantía dos máis de 600 postos de traballo. Alén diso, a Executiva da Federación afirma que defender os postos de traballo e o futuro da empresa para nada ten que ser incompatíbel co trazado do TAV, xa que doutra maneira poríase en risco a viabilidade de toda unha comarca que depende dos postos de traballo da Mina de Serrabal. |
|||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/08/2006 |
|||||||||
|