|
Actualidade CIG-Comunicación-
Con esta convocatoria de manifestación tamén se exixe a incorporación a Limeisa destes traballadores/as das Empresas Auxiliares, que poidan acceder á prexubilación do Plano Miner II e un Plano de Recolocacións para o resto do persoal dentro do Grupo Fenosa e dentro dun Plano de Emprego e Reindustrialización da zona. A esta mobilización teñen manifestado o seu apoio e adhesión o BNG e o PSOE de Cerceda e Ordes e os propios alcaldes. Ademais, os Comités de Empresa de Unión Fenosa da central Térmica de Meirama, Unión Fenosa Distribución, Viriato, Masa Galicia da Central Térmica de Meirama, GESUGA, Celtibox e a sección sindical da CIG do concello de Cerceda. Xunto a estes, tamén manifestaron o seu apoio e adhesión todas as empresas auxiliares do Complexo SOGAMA: Soluziona, Nervión, Danigal, Masa-Galicia, Servisecuritas, Servilimpsa, Serlimat, UTE UFON&OM-Sogama, ERA e AMASA. A sección sindical da CIG en Endesa e os Comités de Empresa das auxiliares de Endesa- As Pontes SENAX, RODABELL, RIPADOS RODABELL, RODABELL MAQUINARIA, EINSA, MASA GALICIA, AS PONTES, fixeron chegar tamén o seu apoio ao igual que os Comité de Empresa de Arteixo Telecom de As Pontes. Paulo Carril, secretario comarcal da CIG de A Coruña e representante da CIG na Mesa da Industria Auxiliar do Carbón de Cerceda sinala que “estas reivindicacións fanse desde a xustiza e razón das posibilidades que Fenosa debe asumir neste asunto. Fenosa e o Goberno Central aproveitáronse da expoliación desta e con grandes beneficios para Fenosa”. |
|||||||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/09/2006 |
|||||||||||||||||||||
|