|
Actualidade Ante o deterioro do clima laboral CIG-Comunicación-
Nos meses de xuño e xullo Caixa Galicia foi o escenario de mobilizacións dos delegados e delegadas da CIG para protestar pola presión, a persecución e o acoso ao que estaba sometido o cadro de persoal. A presión, lonxe de amainar, medrou ao longo do último mes, o que obrigou á CIG a dar un paso máis no conflito aberto nesta empresa. A CIG considera necesario dar voz a todo o persoal da Caixa para avaliar a situación e decidir colectivamente os pasos a dar, polo que ten convocado Asembleas por todo o país. Día a día a Dirección implanta novas medidas destinadas a incrementar a carga de traballo presionando tamén ao persoal para que estenda ilegalmente a xornada laboral como acontece na Banca privada. Abusos e enganos ao persoal temporal; ceses e traslados do persoal fixo; apertura de oficinas fóra da xornada pactada; correos, chamadas e reunións nas que o persoal é insultado e menosprezado polos seus xefes directos, son algunhas das medidas postas en marcha pola empresa. Todas estas medidas teñen como fin incrementar os beneficios empresarias ata os 300 millóns de euros. Pendente de confirmar os locais e os horarios, inicialmente están previstas as seguintes Asembleas de traballadores e traballadoras:
A CIG proporalle ao persoal un paquete de medidas e accións a desenvolver, coa finalidade de frear a deriva laboral e social da maior Caixa de Aforros galega. |
|||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/09/2006 |
|||||||||||||||||
|