ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 20 de setembro de 2006

Pagar para traballar: Caixa Galicia estafa ao persoal temporal
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Fachada Caixa Galicia, clic para aumentar
Caixa Galicia contratou temporalmente a máis de 120 persoas en toda Galiza para cubrir as vacacións do persoal fixo e a maior parte destes contratos vence a final do mes de setembro. Ao longo dos últimos días a empresa estalles comunicando por escrito que se queren ver renovados os seus contratos deberán vender 10 cámaras de vídeo antes de fin de mes; cada cámara de vídeo ten un valor de 900 euros. En total a suposta renovación valería 9.000 euros. (Foto: Anuncio de Caixa Galicia nunha fachada da Avenida Atlántica de Vigo. ©Fernando Pol).
 
“Se queres un novo contrato temporal paga 9.000 euros”. Ese é o modelo de contratación de Caixa Galicia; a realidade é que aínda que cumpran os obxectivos impostos pola empresa a maioría quedará na rúa. Máis de 120 persoas contratadas temporais como reforzo durante o verán, enfróntanse hoxe a esta estafa laboral.

Caixa Galicia contratou temporalmente a máis de 120 persoas en toda Galiza para cubrir as vacacións do persoal fixo e a maior parte destes contratos vence a final do mes de setembro. Ao longo dos últimos días a empresa estalles comunicando por escrito que se queren ver renovados os seus contratos deberán vender 10 cámaras de vídeo antes de fin de mes; cada cámara de vídeo ten un valor de 900 euros. En total a suposta renovación valería 9.000 euros.

Nalgún caso os contratos vencían a mediados deste mes e a empresa esixiulles o día do remate dos contratos que vendesen 3 cámaras (recomendándolles que podían venderllas aos seus familiares máis próximos, agás aos pais). O persoal que conseguiu estas vendas de case 3.000 euros viu o seu contrato renovado por 12 días máis ata final de mes. Doce días nos que deberán vender 10 cámaras de vídeo. A Caixa de Aforros de Galicia está aproveitándose da precariedade laboral e da temporalidade para obter un enriquecemento ilícito. Se este feito é totalmente rexeitable en calquera empresa, o é moito máis cando se fala dunha empresa social, dunha Caixa de Aforros.

Pero o que en principio podería ser considerado un abuso, é unha estafa laboral, xa que a Dirección de Recursos Humanos comunicou á representación sindical que unha vez rematado o período de vacacións da maior parte do persoal fixo, a continuidade do persoal de reforzo non é necesaria.

Ante a gravidade destes feitos, a CIG presentou denuncia ante a Inspección de Traballo, estando agora á espera da correspondente investigación por parte deste organismo. Tamén anunciou que retomará as mobilizacións contra a agresiva política laboral que está implantando Caixa Galicia.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/09/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta