ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 27 de outubro de 2006

600 traballadores e traballadoras de Caixa Galicia dixeron NON á presión
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Mobilización en Caixa Galicia Compostela, clic para aumentar
A sobrecarga de traballo, as descualificacións e os insultos aos traballadores e traballadoras como modo de actuación institucional por parte da Dirección de Caixa Galicia, así como a aplicación unilateral de medidas laborais que empeoran a situación do persoal, son algunhas das cuestións denunciadas ao longo das asembleas.
Mobilización en Caixa Galicia Lugo, clic para aumentar
Mobilización en Caixa Galicia Vigo, clic para aumentar
O lema “Traballo digno; non á persecución, á presión e o acoso” presidiu as mobilizacións da CIG. (Fotos: Concentracións en Compostela, Lugo e Vigo. ©galizacig.com).
 
Coa asemblea celebrada o día 25 na cidade de A Coruña e a celebración dunha nova en Lugo, en total case 600 persoas asistiron ás principais asembleas convocadas pola CIG en Caixa Galicia para analizar a situación creada polo proceso de bancarización e para decidir as medidas a tomar. É a primeira vez que un número tan significativo de traballadores e traballadoras de Caixa Galicia participan nunhas asembleas deste tipo.

Para a Sección Sindical da CIG o balón está hoxe no tellado da Dirección; as asembleas son un termómetro da temperatura laboral na empresa e está claro que Caixa Galicia está enferma.

Nos últimos dous anos a empresa está afrontando un cambio de modelo organizativo; gran parte da anterior estrutura comercial foi apartada das súas responsabilidades, sendo substituída por numerosos fichaxes procedentes do sector da Banca Privada. Deste xeito a equipa directiva pretende axilizar a transformación da primeira caixa de aforros galega nun banco privado.

A sobrecarga de traballo, as descualificacións e os insultos aos traballadores e traballadoras como modo de actuación institucional por parte da Dirección da empresa, así como a aplicación unilateral de medidas laborais que empeoran a situación do persoal, son algunhas das cuestións denunciadas ao longo das asembleas.

Pero a nova política comercial tampouco gusta ao persoal, xa que o novo “estilo” implica comercializar produtos financeiros que para moitos empregados e empregadas atentan contra o seu código ético e contra a súa profesionalidade.

O descoñecemento por parte dos novos directivos comerciais da realidade das caixas de aforros, en concreto da grande diferenza da clientela tipo das caixas (pequenos e medianos aforradores, pensionistas, traballadores/as con nómina domiciliada, etc) e a maior carga de traballo administrativo que xera este tipo de clientela respecto á clientela tipo dos bancos, está provocando un colapso na rede de oficinas e a sobrecarga de traballo no persoal.

Nos vindeiros días reunirase a Comisión Permanente da Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia para analizar con maior profundidade o alcance das asembleas así como os seguintes pasos a tomar, sen descartar ningún tipo de medidas de presión.

Os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia están en disposición de moverse para defender as súas condicións laborais e para reivindicar un modelo de xestión propio dunha caixa de aforros, e solicitan que todos e cada un dos pasos que se dean conten co máximo respaldo de toda a representación sindical e de todo o cadro de persoal.

 
 
Informacións relacionadas
20/10/2006 A CIG solicita que se restableza o diálogo e se procure un modelo de xestión propio dunha Caixa de Aforros, non dun Banco
O persoal de Caixa Galicia rexeita a bancarización da empresa
28/09/2006 Ante o deterioro do clima laboral
Convocadas Asembleas de traballadores/as en Caixa Galicia
20/09/2006 Pagar para traballar: Caixa Galicia estafa ao persoal temporal
09/07/2006 Nova mobilización da CIG en Caixa Galicia contra a presión
17/06/2006 Continúa a campaña contra a presión laboral en Caixa Galicia con concentracións e manifestación en Lugo
09/06/2006 Contra a presión laboral da Dirección aos traballadores/as e a reclasificación dos administrativos en comerciais
A Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia inicia un proceso de mobilizacións
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/10/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta