ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 25 de outubro de 2006

O martes 31 de outubro ás 12:00 horas na Delegación do Goberno de A Coruña
Concentración de delegados da Área Pública da CIG contra o Acordo asinado por CCOO, UGT e CSIF

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Non á precariedade laboral na Administración Pública, clic para aumentar
Este acordo, ao que se opuxo a CIG, supón unha suba salarial do 3% (2% con carácter xeral e 1% para completar, en tres anos, o Complemento Específico nas pagas extra). Un incremento insuficiente, segundo a Área Pública da CIG, xa que o IPC interanual harmonizado está no 3,8%, polo que os traballadores seguen a perder poder adquisitivo cando estamos nun escenario de superávit orzamentario, no 2006, de moitos miles de millóns de euros. (Foto: “Non á precariedade laboral na Administración Pública”, lema na manifestación do 1º de Maio de 2004 en Vigo. ©Fernando Pol).
 
A Área Pública da CIG vén de convocar unha concentración o próximo martes, 31 de outubro, ás 12:00 horas, diante da delegación do Goberno de A Coruña para amosar o seu rexeitamento ao Acordo asinado na mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas entre os representantes das distintas administracións (Estado, autonómica e local) e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF.

Este acordo, ao que se opuxo a CIG, supón unha suba salarial do 3% (2% con carácter xeral e 1% para completar, en tres anos, o Complemento Específico nas pagas extra). Un incremento insuficiente, segundo a Área Pública da CIG, xa que o IPC interanual harmonizado está no 3,8%, polo que os traballadores seguen a perder poder adquisitivo cando estamos nun escenario de superávit orzamentario, no 2006, de moitos miles de millóns de euros.

Este acordo supón, segundo explica o secretario nacional da Federación da Área Pública da CIG, Xosé Carlos Crespo “o incumprimento do asinado o ano anterior, tamén con CCOO, UGT e CSIF, de incorporar o Específico nas pagas extra ao fin da lexislatura (dous anos), adicándose agora un ano máis, non dando credibilidade aos acordos asinados con anterioridade, nin confianza nos que acaban de asinar”.

A Federación da Área Pública considera que tampouco dá confianza o feito de que se convocara a Mesa Xeral de Negociación, o pasado 25 de setembro, logo de que o Goberno tivera aprobado o Proxecto de Lei de Orzamentos do Estado no Consello de Ministros do venres día 22 de setembro. Alén diso, séguense a pór límites ás Ofertas de Emprego Público.


Proposta da CIG

A Área Pública da CIG segue mantendo, nas súas propostas retributivas, unha suba do IPC real, até o de agora dun 3,8%, que se inclúa a cláusula de revisión salarial, a recuperación do poder adquisitivo, a eliminación da taxa de reposición de efectivos e o recoñecemento de todos os dereitos ao persoal dentro do mesmo réxime laboral (xubilacións, etc).

Por estas razóns desde a Área Pública explican que non poden ser cómplices de que os traballadores e traballadoras das distintas administracións públicas sigan a perder poder adquisitivo e non se melloren os servizos públicos, limitando a contratación de empregadas e empregados públicos.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/10/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta