ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 26 de outubro de 2006

Nova mobilización pola readmisión da traballadora despedida de Office Depot, en Ourense
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Mobilización Office Depot Ourense, clic para aumentar
Mobilización Office Depot Ourense, clic para aumentar
Dentro do proceso de resposta ante o que a CIG considera un despedimento inxusto, o pasado día 24 de outubro delegados e delegadas convocados pola Federación e Banca da CIG concentráronse diante da sede de Office Depot en Velle, Ourense. (Fotos: ©galizacig.com 24/10/2006).
 
As portas do call center da multinacional norteamericana Office Depot en Velle (Ourense) foron escenario o martes 24 dunha nova mobilización da CIG en demanda da readmisión dunha traballadora despedida por denunciar ante o Comité de Empresa un caso de acoso moral.

Dentro do proceso de resposta ante o que a CIG considera un despedimento inxusto, o pasado día 24 de outubro delegados e delegadas convocados pola Federación e Banca da CIG concentráronse diante da sede de Office Depot en Velle, Ourense.

Dende a CIG-Office Depot denunciouse que este non era un caso illado, máis de 40 persoas foron despedidas da empresa nos últimos dous anos nun proceso de substitución do persoal fixo por traballadores e traballadoras temporais.

Lembran que é o momento da unidade de todos os traballadores e traballadoras de Office Depot para facer fronte ao inxusto despido da compañeira.

 
 
Informacións relacionadas
30/09/2006 Tras denunciar ante o Comité de Empresa que estaba sendo sometida a acoso laboral por parte do seu superior
Mobilizacións contra un despedimento no call center da multinacional Office Depot en Ourense
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/10/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta