|
Actualidade
Vigo, 31 de outubro de 2006
Actualmente traballan sen as necesarias medidas
de hixiene e saúde laboral
O Concello de Cangas apoia aos traballadores do 061
| |
 |
| Os traballadoras do 061 presentaron ante o Concello
de Cangas unha instancia para expor a súa problemática e buscar o apoio dos tres grupos políticos
e do Concello para que trasladen as súas demandas e reclamacións á Consellaria de Traballo
e á Consellaria de Sanidade. |
 |
| Óscar Graña: “O feito de carecer
dun lugar axeitado onde desinfectar o material utilizado nas emerxencias e o propio vehículo, tendo que
facelo fronte ao centro de saúde da vila, convirte este lugar nun posíbel foco de contaminación
biolóxica, que si afecta directamente á poboación de Cangas e aos seus visitantes, convertindo
isto nun problema de saúde pública”.
(Fotos: Pleno do Concello de Cangas. Na foto baixo estas liñas, os cinco traballadores do 061 están
situados na primeira, segunda e terceira –primeiro pola dereita– filas. Oscar Graña está no medio
da segunda fila. ©galizacig.com 27/10/2006). |
| |
O pasado venres 27 de outubro aprobouse no Concello
de Cangas informar ás Consellarías de Sanidade e de Traballo da situación de precariedade
e os problemas de saúde laboral cos que teñen que traballar no seu día a día os traballadores
do 061 de Cangas. Tamén desde o Pleno amosaron a súa solidariedade os tres grupos políticos
con estes traballadores, comprometéndose a actuar desde o ámbito municipal para rematar con esta
situación.
O colectivo do 061 traballa para a fundación
pública Urxencias Sanitarias de Galiza por medio dunha subcontrata con Ambulancias Ponteareas, empresa privada
que carece dun local acondicionado para a limpeza dos traballadores, mais tamén para a limpeza e desinfección
da sangue e outros fluídos corporais cun alto potencial infecto-contaxioso da ambulancia, efectuando estas
labores na vía pública fronte ao centro de Saúde de Cangas, convertindo este lugar nun posíbel
foco de contaminación biolóxica. Ademais aos traballadores non se lles facilita nin a roupa de reposto
nin o calzado axeitado para levar adiante o seu traballo.
Por este motivo, os traballadoras do 061 presentaron
ante o Concello de Cangas unha instancia para expor a súa problemática e buscar o apoio dos tres
grupos políticos e do Concello para que trasladen as súas demandas e reclamacións á
Consellaría de Traballo e á Consellaría de Sanidade.
A continuación repoducimos o texto íntegro
da intervención de Óscar Graña no Pleno do Concello de Cangas onde expón pormenorizadamente
a súa problemática.
| |
 |
| Óscar Graña: “Deben saber que
na realización do noso traballo tratamos a diario con persoas enfermas e entramos en contacto con fluídos
corporais dun alto potencial infectocontaxioso”. |
| |
| Aspectos das condicións de traballo |
 |
| Roupa con restos de residuos biolóxicos
almacenada durante semanas, próxima a tomas de corrente e á comida. |
 |
| Tomas de corrente múltiple sobrecargadas. |
 |
| Instalación eléctrica deficiente
e en mal estado. |
 |
| Roupa sucia e limpa almacenadas no mesmo sitio
por falta de armarios e taquillas. |
 |
| Aseo sen duchas, taquillas e auga quente sanitaria. |
 |
| Único lavabo no que se desinfectan os
residuos biolóxicos do material da ambulancia e para o aseo do persoal. |
 |
| Osíxeno depositado no descansiño
das escaleiras, que carecen de pasamáns e están faltas de luz. |
 |
| A ambulancia desinféctase na vía
pública. |
 |
| Contenedor onde depositan os residuos que xeran. |
“Boa noite e moitas grazas pola oportunidade que se nos brinda de expresar a nosa problematica actual.
Quérome presentar. Chámome Óscar
Graña e represento ao colectivo de técnicos de emerxencias que traballa para a fundación pública
Urxencias Sanitarias de Galiza 061, que prestamos servizos ao Concello de Cangas, subcontratados pola empresa privada
Ambulancias Ponteareas S.L.
Deben saber que na realización do noso
traballo tratamos a diario con persoas enfermas e entramos en contacto con fluídos corporais dun alto potencial
infectocontaxioso.
Ademais, o ámbito de aplicación
do noso traballo exténdese a calquera lugar onde se demande a asistencia sanitaria urxente, polo que en
moitas ocasións temos que traballar en lugares perigosos e en condicións meteorolóxicas adversas.
Pois ben, a día de hoxe estamos a realizar
o noso traballo cunhas carencias fundamentais como que:
- A empresa non limpa o noso centro de traballo.
- Non hai vestiarios para nos mudar de roupa.
- Non hai taquillas para separar a roupa de traballo
da da rúa e evitar que se infecte.
- Non temos auga quente, aínda que tampouco
duchas.
- A empresa non nos suministra uniformes de reposto
limpos nin calzado de seguridade axeitado.
- Tampouco temos roupa de augas coa que realizar
o noso traballo á intemperie.
- O noso empresario non fai a descontaminación
da nosa roupa de traballo como está obrigado, tendo que as lavar na nosa casa coas das nosas familias.
- Tamén adebeda aos cinco traballadores
aquí presentes máis de 15.000 euros desde o ano pasado.
Estas e outras irregularidades, que foron denunciadas
ao Sergas, á Inspección de Traballo e ao Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación
do Ministerio de Traballo, pode parecer que non afectan aos usuarios do servizo, pero nós lle garantimos
que actuar nesta situación condiciona totalmente o noso traballo, e polo tanto, a atención aos nosos
pacientes.
Ademais, o feito de carecer dun lugar axeitado
onde desinfectar o material utilizado nas emerxencias e o propio vehículo, tendo que facelo fronte ao centro
de saúde da vila, convirte este lugar nun posíbel foco de contaminación biolóxica,
que si afecta directamente á poboación de Cangas e aos seus visitantes, convertindo isto nun problema
de saúde pública.
Pois ben, queremos solicitar a esta Corporación
municipal que se solidarice co noso colectivo e que faga todo o que estea nas súas máns, se é
que existen competencias municipais, ou que leve esta denuncia se é preciso ás correspondentes Consellarías
de Traballo, de Sanidade ou de Medio Ambiente”.
|