|
Actualidade A CIG solicita que se restableza o diálogo
e se procure un modelo de xestión propio dunha Caixa de Aforros, non dun Banco CIG-Comunicación-
Ante o que cualifican de grave explotación, acoso laboral organizado e presión desmedida, que sofre o persoal da Caixa Galicia no proceso de bancarización iniciado pola Dirección da empresa, a CIG iniciou no mes de xuño un proceso de mobilizacións de delegados e delegadas. Como queira que a Dirección continúa pechada ao diálogo e incluso incrementou os requirimentos desmedidos ao cadro de persoal implantando unilateralmente novas medidas laborais en diversas materias, a CIG convocou Asembleas de traballadores e traballadoras. As asembleas celebradas ata hoxe están tendo un respaldo sen precedentes recentes no sector financeiro, sendo un éxito tanto dende o punto de vista cuantitativo como polas propostas realizadas nas mesmas polo propio persoal asistente. A resposta está sendo a mesma en todas as asembleas celebradas nas grandes cidades galegas, elevándose a participación ata máis de 300 persoas a día de hoxe. Hai que pensar que a dispersión dos centros de traballo dificulta a asistencia a estas convocatorias xa que Caixa Galicia ten case 500 oficinas no país e a maior parte delas con menos de 3 traballadores/as, polo que a realización das asembleas require un gran esforzo da Sección Sindical e do propio persoal. Dende a CIG denuncian que a Dirección da caixa esta encamiñando a empresa cara a un grave conflito laboral, e solicitan que se impoña o sentido común, que se restableza o diálogo e que se procure un modelo de xestión propio dunha Caixa de Aforros, non dun Banco. Ata que non rematen todas as asembleas a CIG non fará pública as reivindicacións aprobadas polo persoal nin as seguintes medidas de presión previstas. |
||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 20/10/2006 |
||||||||||||
|