|
Actualidade CIG-Comunicación-
O INEM equiparou a través desta iniciativa baixa maternal a incapacidade, baixa maternal a enfermidade común. A sentenza recolle que se o permiso maternal para unha traballadora pretende favorecer e protexer a incorporación da muller ao mundo laboral, cando está desempregada non pode implicar o contrario. Elvira Patilo, secretaria confederal de Muller da Confederación Intersindical Galega manifesta que “a preñez e a maternidade non poden seguir sendo consideradas como enfermidades discapacitantes, máis nunha sociedade onde protagonizamos os máis baixos niveis de maternidade e onde a Unión Europea está a igualar a protección da maternidade e a igualdade de trato na vida laboral, debendo deixar –en todo caso- ao criterio de elección da muller se esta quere interromper a súa baixa para aceptar un emprego”. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/10/2006 |
|||||||
|