|
Actualidade / Entrevista Zélia García-
Os traballadores e traballadoras desta empresa están convocados á folga para que a represión empresarial cese, xa que desde hai tempo veñen provocando cambios na organización do traballo e no tempo dos traballadores, como pode ser o tempo do bocadillo ou os permisos para ir ao baño. Outro dos motivos é o despedimento dunha traballadora, e demandan tamén unha solución a este despedimento. A singularidade desta empresa é que leva anos reclamando a modificación das instalacións porque nesta empresa se manipula un próducto canceríxeno (MBOCA), polo que os traballadores demandan unha maior seguridade no traballo para mellorar as súas condicións laborais, e tamén teñen outras medidas de presión aos traballadores como é a instalación de camaras de videovixiancias e continuas sancións a aquelas persoas que demandan que se respecten os seus dereitos como traballadores. Os conflitos aparecen desde que hai un ano esta empresa francesa Rodycut Montenegro compra a antigua Astine e impón cambios na cuestión de horarios e tempos. Por estes motivos, e polo último acontecemento máis grave que foi o despedimento dunha traballadora, hai dúas semanas os traballadores decidiron convocar esta folga. Este martes 24 de outubro houbo unha concentración ás 16:00 horas da tarde diante das instalacións da empresa Rodycut Montenegro dos traballadores e de delegados sindicais da CIG en solidariedade por este conflito. Desde a empresa chamaron á garda civil para obrigar aos traballadores e delegados sindicais a retirarse das portas da instalación, chegando a identificar a un delegado da CIG. Para coñecer máis de perto o día a día deste conflito falamos co presidente do Comité de Empresa de Rodycut Montenegro, Marco Antonio Martínez Fernández.
Marco Antonio Martínez Fernández: Esta folga xurde despois de ter varios conflitos como o de toxicidade, horarios de traballo, cando chegamos a unha serie de acordos coa empresa, a dirección de empresa tomou outras medidas. Ao cambiar de xerente non queriamos comezar con mal pé, e chegamos a un acordo sobre un problema que viñamos arrastrando desde hai cinco anos que é o de toxicidade. Desde o momento no que chegamos ao acordo decidiron implantar outras normas como é o das cámaras de videovixiancia en cada posto de traballo, co único uso de vixiar ao traballador. A nós parecianos unha tontería porque nós traballamos en producción e senon cumpres o plus de producción non che van pagar os pluses que tes. Se a empresa xa nos ten controlada a producción que facemos para que nos pon cámaras? O segundo conflito que tivemos é que nós para ir ao baño temos que asinar papeis, nós temos que pedirlle permiso ao encargado, como rapaces pequenos. Primeiro tes que atopar ao encargado, e se vas porque el non está comeza a haber problemas. Como tamén protestamos por iso, despediron a unha compañeira para demostrar que eles son os xefes e que poden facer o que queren. Despiden a unha compañeira que leva once anos aquí, que sempre tivo o mesmo horario. A ela quixéronlle modificar o horario de traballo, tiña unha hora de baremo para entrar (na oficina todas entran ás oito da mañá e teñen de tope até as oito e media). Ela como levaba nove anos entrando ás 9:15 ou 9:20 porque levaba a unha sobriña ao colexio pediu poder entrar ás nove. Levaba asi case un ano, e coa entrada da nova xerencia, e debido a que ela foi unha das que estivo de folga cando foi a do sector do metal, e houbo outra xente da oficina que non estivo de folga pois tomaron como represalia despedir a esta compañeira para que a xente comece a coller medo. Ademais desde a dirección difundiron entre a xefa de persoal e os encargados que había unha listaxe de catro ou cinco máis para ser os seguintes en ser despedidos. Iso en vez de meternos máis medo o que nos dá é máis pé para facer folga porque ninguén de nós sabe quen pode ser o que esté nesa listaxe. Así que pensamos que se o seguinte pode ser calquera de nós porque non imos pelexar. En ningún momento pedimos nin subas salariais nin melloras nas condicións do posto de traballo. E outra cousa que nos parece importante é que se toman a decisión de despedir a alguén que se lle pague o que lle corresponde como a calquera traballador. Fomos ao SMAC para chegar a un principio de acordo e chegaron por ali con unha prepotencia total, avogados de Madrid como se aquí non houbera vogados nin souberamos ler nin escreber, e ofrecéronlle a metade. Traballamos con produtos bastante tóxicos e a empresa despreocúpase. Zélia García: E en que momento vos encontrades na negociación coa empresa? Marco Antonio Martínez Fernández: Nós tentamos falar con eles, tivemos unha reunión á que trouxeron ao avogado, e dixémoslle que non íamos permitir os abusos que estaban a cometer. Como última medida de tentar chegar a un acordo metímonos na oficina, reclamando que viñera o xerente, e non apareceu ninguén. Agora ao que se dedican é a chamar á garda civil e a dicir mentiras. A varios compañeiros, entre os que tamén estou eu, denunciáronnos por coacción e ameazas aos compañeiros. É indignante o que están a facer con nós. Zélia García: E estas ameazas e o conflito que tedes débese a que a empresa está nunha mala situación económica? Continuaredes con estas medidas de presión? Marco Antonio Martínez Fernández: Hai unha cantidade de traballo moi grande. Temos moita producción e eles o problema que teñen non é unha cuestión de cartos, senón que é máis ben demostrar quen son os xefes. A última ameaza é que o luns veñen os franceses, e din que veñen despedir xente. Levan amenazando moito tempo, din que van pechar a empresa. A última de todas é que amenazan con non pagar. Puxeron no taboleiro de anuncios un papel que di “por problemas de liquidez esta empresa vai retrasar os pagos das nóminas”. Nós seguiremos presionando e o que faga falta. Canto máis tiran en contra nosa, máis unidos estamos e máis de acordo estamos en que estamos aquí por algo. |
||||
|
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/10/2006 |
||||
|