|
Actualidade
Santiago, 24 de novembro de 2006
A Federación de Construción
da CIG organiza unha xornada de Prevención na Industria da Pedra
| |
 |
| Xornada “A Prevención na Industria da
Pedra” este venres 24 de novembro, a partir das 9:30 horas no Hotel Coia de Vigo. (Foto: ©Fernando Pol). |
| |
A Federación da Construción e
Madeira da CIG organiza unha xornada baixo o título “A Prevención na Industria da Pedra” este venres
24 de novembro, a partir das 9:30 horas no Hotel Coia de Vigo. Contará con destacados especialistas e cos
representantes das consellarías con responsabilidades na materia.
Esta xornada enmárcase dentro da campaña
que a CIG está a desenvolver de cara a conseguir mellorar as condicións de Seguridade, a redución
da idade de xubilación, un Convenio galego para o sector da pedra e coberturas económicas dignas
para os traballadores que se vexan obrigados a abandonar a actividade por contraer enfermidades profesionais, ademais
dun plano especial de emprego para os afectados.
Estas reivindicacións xa foron presentadas
ante as administracións central e galega así como ante os representantes das organizacións
políticas galegas con representación no Congreso dos Deputados.
No decurso da xornada, os representantes da FCM-CIG
exporán e debaterán estas alternativas cos representantes da Administración.
Estas demandas xa levaron con anterioridade á
convocatoria dunha mobilización unitaria o día 3 de outubro en O Porriño. A Federación
do Metal da CIG anuncia ademais que se estas reivindicacións non son atendidas coa urxencia que a gravidade
do asunto require, impulsará novas propostas unitarias de mobilización estendéndoas á
cidadanía e ás institucións das zonas máis afectadas por esta problemática.
Xornada de traballo “A prevención
na industria da pedra en Galiza”
Vigo, 24 de novembro de 2006.
| 09:00 |
Recepción de participantes e entrega de
documentación. |
| 09:30 |
Presentación da xornada.
Alfonso Tellado Sande, director do Gabinete Técnico de Saúde
Laboral da CIG. |
| 10:00 |
Aspectos sanitarios.
Manuel Gil fernández, xefe da Unidade de Medicina do Traballo do Centro de
Seguridade e Saúde Laboral de Rande. |
| 11:00 |
Pausa. |
| 11:30 |
Propostas políticas.
Francisco Rodríguez Sánchez, diputado no Parlamento español polo BNG. |
| 12:30 |
Propostas sindicais.
Xosé Xoán Melón
González, secretario nacional
da Federación de Construción. |
| 13:30 |
Debate. |
| 14:30 |
Xantar. |
| 16:30 |
Mesa redonda.
Consellaría de Industria, Consellaría de Sanidade, Consellaría de Traballo.
Moderador: Anxo Pérez Carballo, técnico superior en Prevención de Riscos
Laborais do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG. |
| 18:30 |
Clausura.
Suso Seixo Fernández, secretario xeral da CIG. |
|