ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 29 de novembro de 2006

O venres 1 de decembro ás 12 horas nova concentración de apoio e xornada de folga
Desaloxadas as cinco traballadoras despedidas que estaban pechadas en Selmark

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración e xornada de folga en Selmark, clic para aumentar
As traballadoras non foron atendidas por ninguén da empresa, que non recoñeceu o conflito laboral que está aberto na empresa e que nin tan sequera lles deu os motivos dos seus despedimentos. Este venres 1 de decembro está convocada outra folga e mobilización diante das instalacións de Selmark. (Fotos: ©galizacig.com 28/11/2006).
Concentración e xornada de folga en Selmark, clic para aumentar
Ana Davila, delegada da CIG en Kamay, puxo de manifesto a situación de explotación laboral que as traballadoras viven nesta empresa, traballando sen calefacción, na que se teñen despedido mulleres por estar embarazadas, con unha actitude prepotente e machista por parte dos xefes, pero que ao mesmo tempo reciben subvencións das administracións pola contratación de mulleres.
Concentración e xornada de folga en Selmark, clic para aumentar
Baixo os gritos de “despedidas readmisión” as cinco mulleres de Selmark acudiron até a entrada das instalacións para reclamar que a dirección da empresa as recibise para solucionar o conflito laboral. A primeira reacción da dirección foi chamar á Policía porque as despedidas “enturbaban a paz do traballo”.
 
Este martes 28 de novembro ás doce da mañá tivo lugar unha concentración e unha xornada de folga na empresa do téxtil Selmark. Durante a concentración as cinco traballadoras despedidas desprazáronse até a entrada e ocuparon as instalacións para reclamar que se lles dea unha solución ao seu conflito, e que como mínimo se lles deran as razóns dos seus despedimentos.

O pasado 9 de novembro cinco traballadoras da empresa Selmark receberon unha carta de despedimento para que xa non foran traballar ao día seguinte, despois de levar 13, 14 e 17 anos na empresa. Os despedimentos están xa denunciados, porque a razón que se alegou foi a baixa produción, cando a produción destas traballadoras era do 82%, e hai que ter en conta que desde que se comezou a despedir persoal hai unha maior rotación polo que se baixa a produción.

As traballadoras de Selmark despedidas denuncian que a empresa tenta facer unha reconversión encuberta, xa que leva desde o 2005 nos dous talleres (Kamay e Confeccións M) un total de cincuenta mulleres despedidas.

Máis de 150 persoas, delegados e delegadas sindicais e compañeiras das traballadoras participaron nunha concentración durante a xornada de folga que estaba convocada en apoio e contra os despedimentos destas traballadoras.

Nesta concentración, Ana Davila, delegada da CIG en Kamay, realizou unha intervención na que puxo de manifesto a situación que as traballadoras viviron nesta empresa de explotación laboral, traballando neste tempo sen calefacción, na que se teñen despedido mulleres por estar embarazadas, con unha actitude prepotente e machista por parte dos xefes, pero que ao mesmo tempo reciben subvencións das administracións pola contratación de mulleres.

Baixo os gritos de “despedidas readmisión” as cinco mulleres de Selmark acudiron até a entrada das instalacións para reclamar que a dirección da empresa as recibise para solucionar o conflito laboral. A primeira reacción da dirección foi chamar á Policía porque as despedidas “enturbaban a paz do traballo”. Aínda así as traballadoras conseguiron permanecer desde as doce e media da mañá dentro das instalacións, até as sete e media da tarde. As cinco despedidas, entre elas unha muller embarazada e unha con marcapasos, foron desaloxadas pola Policía a esa hora.

As traballadoras non foron atendidas durante todas estas horas por ninguén da empresa, que non recoñeceu o conflito laboral que está aberto na empresa e que nin tan sequera lles deu os motivos dos seus despedimentos.

Este venres 1 de decembro está convocada outra folga e mobilización diante das instalacións de Selmark (avenida de Freixo nº 20) ás doce da mañá e daráselle unha resposta social e sindical a este conflito.

 
 
Informacións relacionadas
16/11/2006 Convocada folga para os vindeiros 28 de novembro e 1 de decembro
O grupo téxtil Selmark despide a cinco traballadoras
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/11/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta