ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 24 de novembro de 2006

Contra a retirada dos complementos por incapacidade transitoria
Mobilización dos traballadores de Telefónica da provincia de Pontevedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  O complemento por incapacidade transitoria: un dereito, clic para aumentar
Tanto na provincia de Pontevedra como en Galiza e o resto do Estado español, Telefónica está a retirar o complemento por incapacidade transitoria despois de que a mutua de a alta. Este complemento supón para os traballadores o 25% do salario.
O complemento por incapacidade transitoria: un dereito, clic para aumentar
 
Os traballadores e delegados sindicais de Telefónica concentráronse este xoves 23 de novembro nas portas da sede da empresa situada na rúa Urzáiz baixo o lema “O complemento por incapacidade transitoria: un dereito. Telefónica ladrona”. Esta concentración, convocada pola CIG e CGT, era a primeira mobilización provincial para abordar a cuestión da retirada do complemento por incapacidade transitoria.

Tanto na provincia de Pontevedra como en Galiza e o resto do Estado español estase a retirar o complemento por incapacidade transitoria despois de que a mutua de a alta. Este complemento supón para os traballadores o 25% do salario.

Nesta situación de presión que está a haber, desde as mutuas obrígase aos traballadores a coller a alta voluntaria, aínda que o médico de cabeceira non estea de acordo con este diagnóstico.

Esta foi a primeira das mobilizacións na que se xuntaron traballadores/as e delegados/as da provincia de Pontevedra de Telefónica para reclamar que non se retire este complemento.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/11/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta