ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 8 de novembro de 2006

O Parlamento aproba incorporar a perspectiva de xénero no Plano de Prevención de Riscos Laborais
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Mariscadoras, clic para aumentar
O texto íntegro do aprobado no Parlamento recolle elaborar un informe que se remita ao Goberno do Estado e que conteña un estudo sobre as enfermidades profesionais que neste momento carecen de recoñecemento oficial, instando ao Goberno a telas en conta cando se proceda a actualizar a actual listaxe de enfermidades profesionais, incorporando aquelas que teñen especial incidencia entre as mulleres traballadoras de sectores como o agrario ou o marisqueiro. (Foto: Mariscadoras na ría de Pontevedra. ©Manuel Bóo/flickr.com).
 
O Parlamento de Galiza vén de aprobar por unanimidade a proposta do BNG de instar ao Goberno galego a seguir incorporando “de maneira efectiva e inmediata” a perspectiva de xénero, tal e como estaba previsto no Plano estratéxico de Prevención de Riscos Laborais.

O texto íntegro do aprobado no Parlamento recolle:

1. Que o futuro Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral afonde de maneira efectiva no principio de transversalidade, como foi xa acordado, de xeito que se teña en conta a diferente posición das mulleres ante a saúde e seguridade no traballo.

2. Afondar na investigación en Galicia dos aspectos relacionados coa seguridade e saúde laboral das mulleres, especialmente daquelas categorías profesionais cunha forte presenza feminina.

3. Afondar no estudo dos efectos das substancias químicas que estean presentes nos lugares de traballo e das consecuencias que estas poidan ter na saúde das mulleres, programando a substitución daquelas máis perigosas.

4. Pór en marcha de xeito inmediato, como está previsto no Plan estratéxico de prevención de riscos, o uso de variables de xénero e idade na recollida de datos estatísticos.

5. Dar instrucións para que nas medicións ergonómicas se prevexa xa a diferenciación de sexo, co obxecto de superar o patrón home ata agora utilizado e poder así determinarse axeitadamente a adaptación do traballo ás condicións anatómicas e fisiolóxicas de mulleres e homes.

6. Co fin de continuar a mellorar a cultura da prevención, seguirase a fomentar a formación de carácter transversal en materia de saúde laboral e prevención de riscos dende unha perspectiva de xénero, dende a educación primaria, de tal xeito que as nenas e os nenos coñezan os riscos comezando polos da propia escola como primeiro exemplo de riscos laborais.

7. Continuar reflectindo nas diferentes normas a promoción da paridade nos diferentes organismos implicados na seguridade e saúde no traballo.

8. Elaborar un informe que se remita ao Goberno do Estado e que conteña un estudo sobre as enfermidades profesionais que neste momento carecen de recoñecemento oficial, instando ao Goberno a telas en conta cando se proceda a actualizar a actual listaxe de enfermidades profesionais, incorporando aquelas que teñen especial incidencia entre as mulleres traballadoras de sectores como o agrario ou o marisqueiro.

9. Incrementar os programas formativos específicos en materia de saúde laboral e prevención de riscos dende unha perspectiva de xénero na formación profesional, ocupacional e continua, financiados polo departamento da Administración autonómica competente en materia de traballo.

10. Incrementaranse as accións de concienciación dirixidas ás empresas, traballadores e sindicatos como obxectivo na loita contra a sinistralidade laboral naqueles sectores laborais feminizados como no sector servizos.

11. Seguirase a fomentar que os servizos de prevención sexan autenticamente multidisciplinarios, incluíndo os riscos sociais e psicolóxicos, e integren a dimensión da igualdade entre homes e mulleres.

12. Potenciarase que a través da Inspección de Traballo e Seguridade Social se cumpran as normas de prevención, e en especial naqueles sectores laborais feminizados.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/11/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta